Activity

IV ROTEIRO D@S FUXID@S

Download

Trail photos

Photo ofIV ROTEIRO D@S FUXID@S Photo ofIV ROTEIRO D@S FUXID@S Photo ofIV ROTEIRO D@S FUXID@S

Author

Trail stats

Distance
5.85 mi
Elevation gain
466 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,417 ft
Max elevation
2,871 ft
TrailRank 
69 5
Min elevation
1,867 ft
Trail type
One Way
Moving time
one hour 45 minutes
Time
4 hours 2 minutes
Coordinates
1583
Uploaded
August 29, 2021
Recorded
August 2021
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
2 comments
Share

near Lobera, Galicia (España)

Viewed 157 times, downloaded 4 times

Trail photos

Photo ofIV ROTEIRO D@S FUXID@S Photo ofIV ROTEIRO D@S FUXID@S Photo ofIV ROTEIRO D@S FUXID@S

Itinerary description

"No Val do Límia, entre 1939 a 1943, operou umha das primeiras unidades guerrilheiras antifascistas galegas.
Realizaremos parcialmente o trajeto do operativo guerrilheiro que na noite de 10 setembro de 1940, partindo dos montes próximos a Várzea Travessa, atravessou o Laboreiro até Porto Quintela, para realizar umha expropriaçom económica, no mais importante estabelecimento da altura, o ‘Gran comercio dos de Parada’."
"Nesta ocasiom arrancamos do Alto do Viso, umha espléndida atalaia do Val do Límia.
Passaremos ao pé da ancestral fonte do Viso para dirigir-nos ao Alto das Motas, cujos vestígios megalíticos estudados polos grandes etnógrafos e arqueólogos Florentino Cuevillas e Xocas Lorenzo, confirmam grande atividade no Neolítico.
De seguido, entre umha frondosa carvalheira centenária chegaremos a Vilarinho de Santa Cristina, com abundantes mostras de ter albergado importantes casas nobiliares no medievo.
O frescor da carvalheira continua acompanhando-nos até a aldeia de Souto, onde a fonte do lugar permitirá refrescar-nos do calor acumulado, e preparar-nos para ascender até a Nogueira de Santa Cristina. A sua fermosa igreja ocupa a croa do Castro, custodiado por um magnífico castanheiro con meio milénio no lombo.
Continuaremos pola beira da grande “cibdá galaica” da Croa de Santa Cristina de Montelongo, para iniciar o descenso a Quintela, com a paisagem inundando constantemente os nossos olhos, com as vistas do grande Jurês presidido polo seu pico emblemático de Fontefria.
Assim chegaremos à carvalheira de Quintela, onde acampou a unidade guerrilheira antifascista que perpeterou a açom de expropriaçom de fundos ‘Gran comercio dos de Parada’, na tarde de 11 de setembro de 1940."
(https://www.facebook.com/Comit%C3%A9-pola-Mem%C3%B3ria-Hist%C3%B3rica-do-Val-do-L%C3%ADmia-1810439785654053/)

Ruta doada e substancialmente en baixada. É lineal, polo que cómpre transporte para ir/voltar ao comezo.
A zona ten abondosos elementos históricos e naturais que se suman a unha fermosa paisaxe. Como elementos complementarios, pode facerse unha visita ao campamento de Aquis Querquennis, moi preto do final do roteiro ou ao baños termais da localidade do Baño tamén próximos. Ambas as dúas actividades, sempre que o nivel do encoro das Conchas o permita. Este percorrido coincide, nunha parte, con outra ruta miña: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/banos-de-bande-circular-por-santa-comba-e-outras-aldeas-30657381#wp-30657400
Como comentario final deixo unha reflexión do historiador local Román Alonso a propósito do asalto ao comercio e o xuízo moral que nos provoca. O máis doado é que xulguemos isto como un "atraco", un delito. É o máis tópico e o que a propaganda do Réxime franquista se encargou de propalar. Porén, hai que lembrar, dixo o historiador, que o Franquismo foi condenado pola ONU en 194;, era un réxime ilexítimo xurdido dunha rebelión militar contra un goberno DEMOCRÁTICO, dunha guerra fratricida e dunha represión brutal. Os guerrilleiros representaban os ideais e a defensa daquel goberno legal de democrático deposto. "Como mínimo estaban ambos (guerrilleiros e franquismo) ao mesmo nivel".
O Franquismo tamén roubou, con leis e con accións directas e aí segue, sen ser condenado nesta "democracia" que nos venderon como limpa e exemplar mesmo...
Por último: os guerrilleiros, lonxe da etiqueta espallada polo Réxime de seren uns delincuentes, si que foron considerados por ese mesmo Réxime como combatentes. A proba é que foron sometidos a consellos de guerra (amañados, por suposto) e fusilados. Algo característico de militares.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,875 ft
Photo ofErmida do Viso Photo ofErmida do Viso Photo ofErmida do Viso

Ermida do Viso

Excelente miradoiro de toda a contorna.

PictographPanorama Altitude 2,728 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographIntersection Altitude 2,766 ft

Dereita

Pequeno treito con maleza. Pódese pasar aínda que convén levar perneiras.

PictographPavement ends Altitude 2,859 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 2,859 ft

Dereita

PictographIntersection Altitude 2,675 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographIntersection Altitude 2,612 ft

Dereita

PictographIntersection Altitude 2,442 ft

Dereita, estrada

PictographPavement ends Altitude 2,436 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPhoto Altitude 2,391 ft
Photo ofVilariño de Santa Cristina Photo ofVilariño de Santa Cristina Photo ofVilariño de Santa Cristina

Vilariño de Santa Cristina

PictographFountain Altitude 2,381 ft
Photo ofFonte

Fonte

Photo ofEscudos e lápida Photo ofEscudos e lápida Photo ofEscudos e lápida

Escudos e lápida

Nesta aldea atópanse sorprendentes restos dun pasado fidalgo.

PictographFountain Altitude 2,272 ft
Photo ofFontes e capela. O Souto Photo ofFontes e capela. O Souto Photo ofFontes e capela. O Souto

Fontes e capela. O Souto

PictographIntersection Altitude 2,360 ft

Dereita

PictographReligious site Altitude 2,440 ft
Photo ofNogueira. Igrexa parroquial de Montelongo. Photo ofNogueira. Igrexa parroquial de Montelongo.

Nogueira. Igrexa parroquial de Montelongo.

Edificada no XVIII sobre un castro

Photo ofEscudo. Photo ofEscudo.

Escudo.

Peza probablemente reutilizada. Sorprendente!!

PictographPavement ends Altitude 2,457 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPanorama Altitude 2,410 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

Ese curuto é o Castro da Croa.

Photo ofCamiño dos Mouros

Camiño dos Mouros

Calzada romana que ía de Aquis a... (non lembro). Está totalmente abandonado.

PictographIntersection Altitude 2,218 ft

Dereita

PictographIntersection Altitude 2,194 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographIntersection Altitude 2,129 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPavement ends Altitude 2,023 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographReligious site Altitude 2,066 ft
Photo ofCapela. Quintela. Photo ofCapela. Quintela. Photo ofCapela. Quintela.

Capela. Quintela.

PictographFountain Altitude 2,037 ft
Photo ofFonte e Lavadoiro Photo ofFonte e Lavadoiro Photo ofFonte e Lavadoiro

Fonte e Lavadoiro

PictographCar park Altitude 1,881 ft
Photo ofÁrea para caravanas Photo ofÁrea para caravanas

Área para caravanas

PictographIntersection Altitude 1,878 ft
Photo ofEsquerda. Porto Quintela. Photo ofEsquerda. Porto Quintela. Photo ofEsquerda. Porto Quintela.

Esquerda. Porto Quintela.

PictographInformation point Altitude 1,917 ft
Photo ofCentro de interpretación

Centro de interpretación

Aquis Querquennis Centro de Interpretación Aquae Querquennae - Via Nova

PictographRuins Altitude 1,874 ft
Photo ofFin. Photo ofFin. Photo ofFin.

Fin.

Este lugarexo foi o centro comercial e de servizos máis importante da comarca pero a construción do encoro e a derivación da estrada provocou a súa asfixia e decadencia. Nalgún momento chegou a ter máis de 30 negocios de variadas clases.

Comments  (2)

  • Photo of ISMAEL LEON DOMÍNGUEZ
    ISMAEL LEON DOMÍNGUEZ Nov 29, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Moi boa ruta de interés histórico.

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Nov 30, 2021

    Certamente, ISMAEL LEON DOMÍNGUEZ. O Roteiro foi moi ilustrativo e o percorrido está cheo de alicientes.
    Grazas por comentar. Saúdos.

You can or this trail