Activity

Kilómetro da Biodiversidade de Miraz

Download

Trail photos

Photo ofKilómetro da Biodiversidade de Miraz Photo ofKilómetro da Biodiversidade de Miraz Photo ofKilómetro da Biodiversidade de Miraz

Author

Trail stats

Distance
0.63 mi
Elevation gain
184 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
49 ft
Max elevation
3,383 ft
TrailRank 
26
Min elevation
3,185 ft
Trail type
One Way
Moving time
16 minutes
Time
33 minutes
Coordinates
184
Uploaded
October 8, 2023
Recorded
October 2023
Be the first to clap
Share

near Miraz, Galicia (España)

Viewed 26 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofKilómetro da Biodiversidade de Miraz Photo ofKilómetro da Biodiversidade de Miraz Photo ofKilómetro da Biodiversidade de Miraz

Itinerary description

Neste Kilómetro tentamos analizar a biodiversidade nunha zona onde aínda hai bastante actividade humana, tanto de pastoreo como de cultivos.
O paseo é apto para tódolos públicos e os resultados desta análise están subidos á aplicación inaturalist, onde tamén calqueira observador poderá subir fotografías do que atope durante está ruta, colaborando así tamén co estudio.
Para isto basta con descargar a aplicación (INaturalist) no móbil, darse de alta ou entrar na mesma e facer e subir fotos coa ubicación durante a ruta. As fotos pasarán a formar parte de xeito inmediato do proxecto, co cal todos e todas estades contribuíndo ao estudo.
Este Kilómetro e o seu irmán de Paderne, en zona abandoada, forman parte do conxunto de proxectos desenvolvidos para celebrar o 25 aniversario da nosa Asociación, para os cales contamos coa financiación da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.
Coa apertura destes dous kilómetros pretendemos dar a coñecer a grande biodiversidade do Courel, facer que todos e todas as que nos visitan a coñezan e participen no seu estudo e, cómo non, facer unha pequena análiso das consecuencias do abandono das actividades humanas para a biodiversidade dun territorio.
Este estudo continuará no tempo e todos e todas somos potenciais investigadores.

Waypoints

PictographTree Altitude 3,375 ft
Photo ofCastiñeiro Centenario

Castiñeiro Centenario

A ruta dá comezo nun castiñeiro de gran porte.

PictographPanorama Altitude 3,196 ft
Photo ofEscrita e afloramentos calcarios

Escrita e afloramentos calcarios

Dende este punto temos unha visión panorámica da Devesa de Paderne e dos afloramentos calcarios das Calizas de Vegadeo característicos do Val do Río Pequeno.

Photo ofMuros de Pedra Seca

Muros de Pedra Seca

O camiño tradicional polo que pasamos caracterízase por estar delimitado por muros de pedra seca, patrimonio inmaterial da Humanidade para a UNESCO. Estes muros, ademais de delimitar fincas e prados aínda hoxe cultivados e utilizados polos habitantes do territorio, dan cubillo a grande número de prantas ( fentos, hepáticas,...), insectos ou hérpetos.

PictographIntersection Altitude 3,294 ft
Photo ofCruce

Cruce

Neste punto, continuaremos polo camiño da dereita.

PictographWaypoint Altitude 3,325 ft
Photo ofZona de transición

Zona de transición

Aínda que o sendeiro está humanizado, en determinadas zonas, os prados e os castiñeiros conviven con bidueiros, pradairos ou abrairas que atopan nesta zona o hábitat ideal para desenvolverse.

PictographPanorama Altitude 3,350 ft
Photo ofPrado

Prado

Durante todo este camiño podemos observar prados aínda aproveitados polos habitantes para a sega e o pastoreo. Este tipo de hábitats, hoxe en desaparición na serra do Courel, son fundamentais para entender a paisaxe e a biodiversidade do noso territorio.

PictographPanorama Altitude 3,384 ft
Photo ofO Courel

O Courel

O final do noso Kilómetro da biodiversidade de Miraz coincide cunha panorámica espectacular de gran parte do cordal principal da serra do Courel, con Formigueiros ( e a devesa da Rogueira) e Pía Paxaro ao fondo e, en primeira liña, á.dereita, o Castro de Brío, punto trascendental nunha das rutas de senderismo máis recoñecidas no noso territorio: a ruta do Río Pequeno.

PictographWaypoint Altitude 3,378 ft
Photo ofCruce e fin da ruta

Cruce e fin da ruta

Neste punto remata o noso Kilómetro da biodiversidade. Os que queiran investigar, poderán seguir paseando cara a un pequeno afloramento calcario próximo ou cara a un pequeno rego de auga. Pero, iso si: lembrando sempre que non se debe saír dos camiños e sendeiros tradicionais.

Comments

    You can or this trail