Activity

La Palma- Segaño-Montefaro-La Palma

Download

Trail photos

Photo ofLa Palma- Segaño-Montefaro-La Palma Photo ofLa Palma- Segaño-Montefaro-La Palma Photo ofLa Palma- Segaño-Montefaro-La Palma

Author

Trail stats

Distance
5.81 mi
Elevation gain
942 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
942 ft
Max elevation
814 ft
TrailRank 
63
Min elevation
30 ft
Trail type
Loop
Coordinates
265
Uploaded
May 25, 2012
Be the first to clap
Share

near Mugardos, Galicia (España)

Viewed 4982 times, downloaded 130 times

Trail photos

Photo ofLa Palma- Segaño-Montefaro-La Palma Photo ofLa Palma- Segaño-Montefaro-La Palma Photo ofLa Palma- Segaño-Montefaro-La Palma

Itinerary description

O pasado día 11 de maio do 2012 iniciamos a nosa ruta cunha temperatura aproximada duns 25ºC. Partimos do faro Baliza Castelo da Palma construído no ano 1860 e cuxa finalidade é sinalizar o acceso á ría e ao porto e impedir que as navegacións encallen.
Deseguido atopámonos co Castelo da Palma que data de finais do século XVI e serviu para protexer a ría de Ferrol dos ataques inimigos. A última remodelación, que fixo que teña o aspecto actual, levouse a cabo a finais de século XIX, eliminando calquera vestixio do orixinal. A pesar de ter unha función defensiva nos seus inicios, despois da Guerra Civil converteuse nunha prisión militar, sendo o Coronel Tejero un dos prisioneiros mais coñecidos.
Seguindo o noso camiño e dirixindo a mirada cara ó mar observamos o chamado “Cú da Raíña”,rocha que provocou que embarrancara o barco que transportaba á futura segunda esposa de Carlos II, Mariana de Neoburgo. Esta documentada e real historia transfórmase popularmente nunha lenda que afirma que a princesa ao baixar do barco esvarou en dita roca o que levou a coñecerla por “ O Cú da Raíña”.
A nosa próxima parada é a altura de “Las Anclas” onde, para impedir o paso das embarcacións inimigas, colocábanse unhas cadeas dun lado ó outro da ría.
Outros puntos de interese da nosa ruta son as baterías do Segaño e Montefaro, construcións militares da Guerra Civil creadas para defender a entrada da ría dos posibles ataques tanto aéreos como marítimos. Distínguense dúas zonas de defensa distinta:
-Os túneles antiaéreos (alto de Montefaro): eran mecanismos de defensa ante os ataques aéreos e proba diso son as pinturas que se poden ver nas súas paredes, que representaban as siluetas dos diferentes avións que os soldados terían que identificar para saber se eran dos inimigos ou non.
-Zona dos cañóns na punta do Segaño, no alto de Montefaro e na zona da Bailadora.
Tras pasar todas as baterías podemos ver as antenas de repetición do sinal de TV e radio da comarca de Ferrolterra.
Uns metros máis adiante temos o mirador da Bailadora desde onde podemos contemplar todo o conxunto paisaxístico da zona.
Por último visitamos o Monasterio de Santa Catalina construído por Fernán Pérez de Andrade a finais do século XIV. Unha clara mostra do poder dos Andrade neste monasterio é o xabalí coa cruz, símbolo da familia, que se encontra na escalinata posterior de dito monasterio.
Finalmente rematamos a nosa ruta no mesmo punto no que a iniciamos recorrendo así 9,36 Km en dúas horas e media.

*Recomendacións para realizar esta ruta:
Levar abundante auga para todo o recorrido debido á ausencia de fontes de auga potable durante toda a ruta.
Levar un bo e cómodo calzado debido a que polo cortafuegos o camiño é pedregoso e hai unha pendente considerable.
Levar lanterna para os túneles antiaéreos debido á escuridade que hai no seu interior.

Waypoints

PictographPhoto Altitude -3 ft
Photo ofFaro Baliza Castillo de la Palma Photo ofFaro Baliza Castillo de la Palma

Faro Baliza Castillo de la Palma

Nestas imaxes podemos observar o punto de partida da nosa ruta situado no Faro Baliza Castillo de la Palma.

PictographPhoto Altitude 59 ft
Photo ofCastillo de la Palma Photo ofCastillo de la Palma

Castillo de la Palma

Nestas outras fotografías encontrámonos na entrada principal do "Castillo de la Palma".

PictographPhoto Altitude 59 ft
Photo ofCú da raíña

Cú da raíña

Dende o cú da raíña, un dos puntos de interese da nosa ruta, podemos observar o outro extremo da ría, onde se sitúa o Castelo de San Felipe.

PictographPhoto Altitude 36 ft
Photo ofLas Anclas

Las Anclas

Esta foi a nosa seguinte parada, "Las Anclas". Na imaxe podemos observar un pequeno faro situado actualmente neste lugar, e dende o que podemos ver toda a entrada á ría protexida a cada marxe por un castelo.

PictographPhoto Altitude 95 ft
Photo ofBatería Segaño Photo ofBatería Segaño Photo ofBatería Segaño

Batería Segaño

PictographPhoto Altitude 748 ft
Photo ofBaterías

Baterías

PictographPhoto Altitude 604 ft
Photo ofCortafuegos Photo ofCortafuegos Photo ofCortafuegos

Cortafuegos

Neste momento encontrábamonos subindo a Montefaro por un "Cortafuegos"(método utilizado para evitar a propagación dun incendio). Obsérvase nas imaxes que nos atopábamos subindo unha pendente bastante pronunciada, polo que tivemos que parar a beber en repetidas ocasións.

PictographPhoto Altitude 778 ft
Photo ofBaterías antiaéreas de Montefaro Photo ofBaterías antiaéreas de Montefaro Photo ofBaterías antiaéreas de Montefaro

Baterías antiaéreas de Montefaro

E por fin chegamos a un dos puntos máis interesantes e descoñecidos da nosa ruta! As Baterías antiaéreas de Montefaro. Aquí podemos contemplar os debuxos que servían para que os soldados puidesen diferenciar os avións enimigos dos aliados. Para chegar a este punto é preciso percorrer uns túneles con pouca luz polo que precisamos unhas lanternas.

PictographPhoto Altitude 807 ft
Photo ofAntenas de Montefaro Photo ofAntenas de Montefaro

Antenas de Montefaro

Estando xa no cume, e pensando que xa estabamos alonxados da civilización, atopámonos coas antenas da radio e televisión da comarca de Ferrolterra.

PictographPhoto Altitude 653 ft
Photo ofMirador de la Bailadora Photo ofMirador de la Bailadora Photo ofMirador de la Bailadora

Mirador de la Bailadora

Desde este punto, e como podemos apreciar nas fotografías, pódese ver a espléndida vista que temos dende o "Mirador de la Bailadora".

PictographPhoto Altitude 689 ft
Photo ofMonasterio de Santa Catalina Photo ofMonasterio de Santa Catalina Photo ofMonasterio de Santa Catalina

Monasterio de Santa Catalina

Finalmente, e rematando xa coa ilustración fotográfica da nosa ruta, amosamos o "Monasterio de Santa Catalina" de finais do século XIV. E como non podía ser doutro modo, fotografiámonos co xabalí situado nun dos laterais do mosteiro.

Comments

    You can or this trail