Lagoa de Baldaio perimetral
near Lema, Galicia (España)
Viewed 615 times, downloaded 31 times
Trail photos
Itinerary description
Distancia: 9,8 km (02:43 h)
Tempo en movemento: 02:08
Velocidade media: 3,6 km/h
Vel. en Mov.: 4,57 km/h
Agradábel paseo arredor da Lagoa de Baldaio e o seu complexo dunar partindo da canle por onde desauga no mar.
Por pistas, estrada e sendeiros circunvalamos a marisma de Baldaio e o seu rico ecosistema. Poderemos observar aves, xunqueiras inmensas, aldeas, campos de labor e parte do seu longo cordón dunar.
Pasaremos polo mirador de O Outeiro (85 m), onde se encontra a ermida de Santa Irene, desde o que se divisa unha ampla panorámica.
O regreso polas dunas que pechan a lagoa ten unha singular beleza agreste e salvaxe. Como remate, admiraremos a espectacular forza coa que entra e sae a marea pola canle entre as praias de Baldaio e a Pedra do Sal.
Waypoints
Waypoint
23 ft
Inicio
Aparcadoiro da praia da Pedra do Sal e da praia de Baldaio.
Waypoint
23 ft
Fin
Aparcadoiro da praia da Pedra do Sal e da praia de Baldaio.
Panorama
246 ft
Mirador de O Outeiro
Desde os seus 85 metros de altura poderemos observar toda a planicie sobre a que se asenta a Lagoa.
You can add a comment or review this trail
Comments