Activity

Lampaza ao Furriolo (mural). Concellos de Rairiz de Veiga e A Bola.

Download

Trail photos

Photo ofLampaza ao Furriolo (mural). Concellos de Rairiz de Veiga e A Bola. Photo ofLampaza ao Furriolo (mural). Concellos de Rairiz de Veiga e A Bola. Photo ofLampaza ao Furriolo (mural). Concellos de Rairiz de Veiga e A Bola.

Author

Trail stats

Distance
6.82 mi
Elevation gain
719 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
719 ft
Max elevation
2,798 ft
TrailRank 
51
Min elevation
2,176 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 21 minutes
Time
2 hours 31 minutes
Coordinates
1952
Uploaded
March 26, 2023
Recorded
March 2023
Share

near Lampaza, Galicia (España)

Viewed 54 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofLampaza ao Furriolo (mural). Concellos de Rairiz de Veiga e A Bola. Photo ofLampaza ao Furriolo (mural). Concellos de Rairiz de Veiga e A Bola. Photo ofLampaza ao Furriolo (mural). Concellos de Rairiz de Veiga e A Bola.

Itinerary description

Camiñada feita seguindo as indicacións desta excelente ruta de María X. Blanco: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/circular-dende-lampaza-alto-do-forriolo-mural-do-forriolo-rairiz-de-veiga-a-bola-123571067
Percorrido ameno, acaído para camiñar gozando das fermosas touzas que a natureza vai recuperando debido ao triste abandono das aldeas noutrora ricas e produtivas.
Comeza xunto á igrexa da Lampaza, un edificio soberbio non máis recto sentido da palabra. Podemos comprobar como esta aldea tivo que ser laboriosa e gananciosa tamén polas boas casas antigas que conserva. Paga a pena dar unha voltiña polos seus recantos.
Logo dun pequeno treito por estrada, pasamos perto da aldea de Azoreiros e maís adiante atravesaremos a de Crespos. Aquí tamén hai boas construcións aínda que con bastante ruína.
Uns 300 metros máis adiante de Crespos hai un anaco de ida e volta prescindíbal (é en realidade un erro). Débese atravesar o Regueiro de Crespos para continuar a subida cara a área de descanso que hai a carón da estrada OU-531 (Xinzo a Celanova). Atravésase esta e séguese por entre carballeiras para volve cruzala máis adiante. Aquí pode subirse ata o curuto do Outeiro do Furriolo para gozar de mellores vistas.
Dirixíndose cara a aldea do Furriolo chegamos ata o mural erguido alí no ano 2006. Promovido pola Asociación Arraianos e feito por Xosé Vizoso é unha homenaxe e lembranza (á vez que denuncia) das vítimas da represión crimina,l IMPUNE ata os días de hoxe, da rebelión e terror franquista. O Furriolo foi un lugar de asasinato de multitude de persoas secuestradas (a súa detención era ilegal) e encerradas no Mosteiro de Celanova.
O retorno dende esta emotivo lugar ata o punto de inicio realízase tamén por entre zona arborada ata a entrada da Lampaza.
Todos os camiños están limpos. Non é un itinerario difícil; podería ser feito por case calquera persoa cun mínimo de forma física. Isto queda a criterio de cadaquén.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,342 ft
Photo ofInicio Photo ofInicio Photo ofInicio

Inicio

Xunto á igrexa, ou noutros recantos da aldea, hai lugares para estacionar.

PictographMonument Altitude 2,237 ft
Photo ofCanastros e vistas Photo ofCanastros e vistas Photo ofCanastros e vistas

Canastros e vistas

PictographTree Altitude 2,204 ft
Photo ofCastiñeiros Photo ofCastiñeiros

Castiñeiros

PictographPicnic Altitude 2,212 ft
Photo ofPicnic Photo ofPicnic

Picnic

PictographPhoto Altitude 2,243 ft
Photo ofAzoreiros

Azoreiros

PictographFlora Altitude 2,268 ft
Photo ofLeira de nabos

Leira de nabos

PictographMonument Altitude 2,319 ft
Photo ofCrespos Photo ofCrespos Photo ofCrespos

Crespos

PictographFountain Altitude 2,327 ft
Photo ofFonte Photo ofFonte Photo ofFonte

Fonte

PictographRuins Altitude 2,373 ft
Photo ofRuinas Photo ofRuinas Photo ofRuinas

Ruinas

PictographIntersection Altitude 2,377 ft
Photo ofEsquerda. DEIXAR A PISTA!

Esquerda. DEIXAR A PISTA!

PictographPicnic Altitude 2,472 ft
Photo ofÁrea de lecer do Furriolo Photo ofÁrea de lecer do Furriolo Photo ofÁrea de lecer do Furriolo

Área de lecer do Furriolo

PictographMountain pass Altitude 2,783 ft
Photo ofAlto do Furriolo

Alto do Furriolo

PictographMonument Altitude 2,773 ft
Photo ofMonumento na honra dos asasinados polos fascistas franquistas. Peto de ánimas Photo ofMonumento na honra dos asasinados polos fascistas franquistas. Peto de ánimas Photo ofMonumento na honra dos asasinados polos fascistas franquistas. Peto de ánimas

Monumento na honra dos asasinados polos fascistas franquistas. Peto de ánimas

Son dous monumentos diferentes, ben diferentes, en realidade

Comments

    You can or this trail