Activity

Miradoiro das tres rías, Portalén e alto da Cruz do Seixo. Concello da Lama

Download

Trail photos

Photo ofMiradoiro das tres rías, Portalén e alto da Cruz do Seixo. Concello da Lama Photo ofMiradoiro das tres rías, Portalén e alto da Cruz do Seixo. Concello da Lama Photo ofMiradoiro das tres rías, Portalén e alto da Cruz do Seixo. Concello da Lama

Author

Trail stats

Distance
12.2 mi
Elevation gain
2,198 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,198 ft
Max elevation
3,225 ft
TrailRank 
54
Min elevation
1,575 ft
Trail type
Loop
Moving time
5 hours 37 minutes
Time
7 hours 36 minutes
Coordinates
3576
Uploaded
September 18, 2022
Recorded
September 2022
Be the first to clap
Share

near Aguasantas, Galicia (España)

Viewed 120 times, downloaded 9 times

Trail photos

Photo ofMiradoiro das tres rías, Portalén e alto da Cruz do Seixo. Concello da Lama Photo ofMiradoiro das tres rías, Portalén e alto da Cruz do Seixo. Concello da Lama Photo ofMiradoiro das tres rías, Portalén e alto da Cruz do Seixo. Concello da Lama

Itinerary description

Percorrido seguindo este track: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-da-escuadra-porta-do-alen-e-cruz-do-seixo-serra-do-cando-22200726 aínda que con modificacións. Unha boa camiñada pola Serra do Cando.
Comeza no lugar do Peso (parroquia de Escuadra, concello da Lama) nun punto da estrada EP -0307 Logo de pasar una cancela gandeira (usa o peche-somier a carón do muro) transita por un camiño antigo, e despois por pista, en constante subida ata o Bico da Poza do Coto. En xeral, esta parte está bastante limpa e transitable sen problema. A parte superior, sensiblemente chaira, descorre por pistas dos eólicos ata as penedas do Portalén (Coto dos Chirimelos). Dende aquí a subida final ao alto da Cruz do Seixo, vai a valmonte (un anaco polos sendeiros da fancendo por entre toxos baixos).
Na volta, facendo bucle, deixamos o camiño de ida no Chan da Ferradura baixando igualmente a valmonte e logo por un camiño carreiro. É DESACONSELLABLE seguir esta alternativa. Na baixada, hai toxos altos e mestos. O camiño está atravesado de silvas. Facer este treito, dando paus na maleza, levou bastante tempo, ademais das picadelas e rabuñaduras.
A camiñada paga moito a pena polas fermosas e extensas vistas que ofrece. Conforme se vai subindo (en función do día, claro está) comeza a identificarse o cárcere da Lama, a ría de Vigo, o Coto da Aira, o Suído, o Faro de Melón /Avión e logo as rías de Pontevedra e Arousa. Dende o Outeiro do Bico gozamos dunha panorámica de 360º que abarca dende o Macizo Central ata o mar.
Vista privilexiada dende o Miradoiro das Tres Rías (desbaldimento de cartos innecesario e abandonado). Non será o único punto dende onde as vexamos, gañando en novas perspectivas.
Outro disparate e desbaldimento económico é unha "área de lecer" no Lombo do Castelán: un pechamento xa estrangallado e, sobre todo, un caseto de servizos hixiénicos!!! Haberá opinións pero dificilmente ninguén deixará de considerar isto unha ridiculez no medio do monte a quilómetros de calquera núcleo poboado. Loxicamente xa están fóra de uso e os sanitarios desaparecidos (alguén lle debeu buscar uso noutro sitio máis axeitado, suponse...) Quedan, iso si, unhas mesas e bancos de pedra que poden servir ás persoas camiñantes para comer a merenda. Tamén hai, e funciona, unha fonte de boa auga fría.
Nalgúns puntos hai postes de sinalización de rutas pero sen continuidade nin mantemento. Moi aconsellable (imprescindible, quizais) usar o GPS para guiarmos.
Non é unha ruta para persoas sen unha mediana forma física, nin para aquelas non afeitas a camiñar polo monte. O máis duro é o desnivel. Tampouco é axeitada para días de mal tempo, tanto por non poder gozar das vistas coma por ir descuberta e exposta aos elementos. Polo demais, como queda dito, unha boa ruta!

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,577 ft
Photo ofInicio Photo ofInicio Photo ofInicio

Inicio

Doado estacionar.

PictographDoor Altitude 1,595 ft
Photo ofPeche gandeiro. Pasar xunto ao muro

Peche gandeiro. Pasar xunto ao muro

PictographPanorama Altitude 1,662 ft
Photo ofPanorámica co cárcere Photo ofPanorámica co cárcere Photo ofPanorámica co cárcere

Panorámica co cárcere

PictographIntersection Altitude 2,248 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPanorama Altitude 2,332 ft
Photo ofCruz e cabalos Photo ofCruz e cabalos Photo ofCruz e cabalos

Cruz e cabalos

PictographIntersection Altitude 2,397 ft
Photo ofBucle Photo ofBucle Photo ofBucle

Bucle

Aquí remata o bucle feito na baixada e que NON É ACONSELLABLE.

PictographPanorama Altitude 2,586 ft
Photo ofPanorámica de tres rías Photo ofPanorámica de tres rías Photo ofPanorámica de tres rías

Panorámica de tres rías

PictographPanorama Altitude 3,021 ft
Photo ofVista 360º, Outeiro do Bico Photo ofVista 360º, Outeiro do Bico Photo ofVista 360º, Outeiro do Bico

Vista 360º, Outeiro do Bico

PictographPanorama Altitude 3,148 ft
Photo ofMiradoiro das tres rías Photo ofMiradoiro das tres rías Photo ofMiradoiro das tres rías

Miradoiro das tres rías

PictographPanorama Altitude 3,024 ft
Photo ofChan da Ferradura Photo ofChan da Ferradura Photo ofChan da Ferradura

Chan da Ferradura

PictographIntersection Altitude 2,972 ft
Photo ofEsquerda, alternativa abandonada axiña. Volta á pista. Photo ofEsquerda, alternativa abandonada axiña. Volta á pista.

Esquerda, alternativa abandonada axiña. Volta á pista.

PictographRuins Altitude 3,019 ft
Photo ofServizos fóra de lugar (desbaldimento de cartos) Photo ofServizos fóra de lugar (desbaldimento de cartos) Photo ofServizos fóra de lugar (desbaldimento de cartos)

Servizos fóra de lugar (desbaldimento de cartos)

PictographFountain Altitude 3,031 ft
Photo ofFonte. Área de lecer, abandonada Photo ofFonte. Área de lecer, abandonada Photo ofFonte. Área de lecer, abandonada

Fonte. Área de lecer, abandonada

PictographPhoto Altitude 3,061 ft
Photo ofCapela (Sta, Mariña) e eólicos. Todo negocio Photo ofCapela (Sta, Mariña) e eólicos. Todo negocio Photo ofCapela (Sta, Mariña) e eólicos. Todo negocio

Capela (Sta, Mariña) e eólicos. Todo negocio

PictographMonument Altitude 3,127 ft
Photo ofPorta do Alén, ou Portalén. Photo ofPorta do Alén, ou Portalén. Photo ofPorta do Alén, ou Portalén.

Porta do Alén, ou Portalén.

PictographSummit Altitude 3,222 ft
Photo ofAlto do Seixo Photo ofAlto do Seixo Photo ofAlto do Seixo

Alto do Seixo

PictographRisk Altitude 2,751 ft
Photo ofToxos

Toxos

PictographPhoto Altitude 2,716 ft
Photo ofCamiño antigo.

Camiño antigo.

Bo camiño, pero hoxe en triste abandono.

PictographRisk Altitude 2,630 ft
Photo ofSilvas

Silvas

Case pechado. É un treito ingrato. Mellor non vir por aquí.

PictographPhoto Altitude 2,549 ft
Photo ofCamiño limpo (por fin) Photo ofCamiño limpo (por fin)

Camiño limpo (por fin)

Comments

    You can or this trail