Activity

Mina Sta. Bárbara, curuchos Santa Cruz e Carneros. P. N. Cabo de Gata-Níjar. Almería

Download

Trail photos

Photo ofMina Sta. Bárbara, curuchos Santa Cruz e Carneros. P. N. Cabo de Gata-Níjar. Almería Photo ofMina Sta. Bárbara, curuchos Santa Cruz e Carneros. P. N. Cabo de Gata-Níjar. Almería Photo ofMina Sta. Bárbara, curuchos Santa Cruz e Carneros. P. N. Cabo de Gata-Níjar. Almería

Author

Trail stats

Distance
7.71 mi
Elevation gain
1,201 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,201 ft
Max elevation
1,670 ft
TrailRank 
51
Min elevation
237 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 54 minutes
Time
5 hours 22 minutes
Coordinates
2313
Uploaded
December 30, 2022
Recorded
December 2022
Be the first to clap
Share

near Boca de los Frailes, Andalucía (España)

Viewed 103 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofMina Sta. Bárbara, curuchos Santa Cruz e Carneros. P. N. Cabo de Gata-Níjar. Almería Photo ofMina Sta. Bárbara, curuchos Santa Cruz e Carneros. P. N. Cabo de Gata-Níjar. Almería Photo ofMina Sta. Bárbara, curuchos Santa Cruz e Carneros. P. N. Cabo de Gata-Níjar. Almería

Itinerary description

Camiñada moi fermosa e chea de elementos interesantes. Feita seguindo este track: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/mina-santa-barbara-cerros-santa-cruz-y-carneros-barranco-de-los-martinez-parque-natural-del-cabo-de-57577796
Comeza no lugarexo de Boca de los Frailes, onde hai lugar abondo onde estacionar. Axiña entramos no territorio do Parque Natural e imos atopando restos de casais en distinto estado de conservación (ou ruína). Nesta zona aínda perviven algunhas árbores de cultivo.
Progresivamente iremos entrando en zona de "rambla" con cavorcos escavados polas cheas das treboadas. Camiñando, precisamente, pola quenlla da auga gañaremos altura ata comezar a ver restos de extraccións mineiras. Tamén iremos vendo rochas e pedras soltas de formas e cores sorprendentes!.
Nun punto, chama a atención un cartaz Informando de que o terreo é privado. Como leva o logo de Michelín, fai pensar se será unha reutilización... pero parece que non, polo que máis tarde se verá.
Consonte a ruta remonta, divisamos unhas excelentes panorámicas. Elemento sobranceiro é unha cheminea da mina Sta. Bárbara. A seguir ascéndese ata o curuto do Cerro Santa Cruz para continuar por unha crista ata o do Cerro de los Carneros. As vistas dende estas alturas son magníficas; dominando toda a volta do Cabo de Gata, Campo de Níjar, Serra Alamilla...
A volta comeza baixando por un lombo afiado ata chegar ao Barranco de los Martímez. Este treito presenta vexetación dunha certa altura pero transitábel sen mor problema. Tamén a primeira parte do tránsito pola canle é algo irregular mais logo se fai máis ampla. Por esta parte volve haber restos de extracción mineira, visible polos montóns de rebo desbotado.
Xa perto da fin da ruta, topamos cun valado metálico cunha cancela pechando o paso. Novamente sinalética de Michelín e cartaces de prohibición de paso... A solución foi pasar polo espazo do eventual paso da auga do caborco. Tamén se podería camiñar ata un dos extremos do aramado (pode ter como 50 metros para cada lado, unha auténtica "porta ao campo")... Non queda claro cal é a situación pero poidera ser que esta empresa sexa efectivamente a propietaria dunha grande superficie e queira IMPEDIR O PASO. Queda anotado por se futuras persoas camiñantes queren seguir este percorrido, para que decidan correr o "risco".
Non é unha ruta sinalizada, polo que o uso do GPS faise necesario. Cómpre levar roupa e calzado axeitado para terreo irregular e pedregulloso. Totalmente aconsellable vestir pantalón con perneiras longas. Sobra avisar que hai que levar provisión auga....
Considero que esta camiñada non é acaída para persoas non afeitas a andar por montaña nin sen unha mediana forma física. Tampouco debería facerse en época de trebón pois decorre por leitos de carricovas que poderían levar cheas moi perigosas. Polo demais, unha ruta de agasallo para a vista e certamente recomendábel!!

Waypoints

PictographCar park Altitude 608 ft
Photo ofInicio. Boca de los Frailes Photo ofInicio. Boca de los Frailes

Inicio. Boca de los Frailes

PictographPanorama Altitude 629 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographIntersection Altitude 640 ft
Photo ofOutro posíbel inicio Photo ofOutro posíbel inicio Photo ofOutro posíbel inicio

Outro posíbel inicio

PictographRuins Altitude 658 ft
Photo ofCortixo Los López Photo ofCortixo Los López

Cortixo Los López

PictographMonument Altitude 663 ft
Photo ofAlxibe Photo ofAlxibe

Alxibe

PictographFlora Altitude 673 ft
Photo ofAloes Photo ofAloes

Aloes

PictographFountain Altitude 726 ft
Photo ofAlxibe, cortixo Quintana Photo ofAlxibe, cortixo Quintana Photo ofAlxibe, cortixo Quintana

Alxibe, cortixo Quintana

PictographIntersection Altitude 748 ft
Photo ofDereita Photo ofDereita

Dereita

PictographDead-end street Altitude 805 ft
Photo ofCartaz de terreo privado.

Cartaz de terreo privado.

PictographPhoto Altitude 830 ft
Photo ofPluviómetro de longo período Photo ofPluviómetro de longo período

Pluviómetro de longo período

Dispositivo hoxe anticuado que se colocaba en lugares afastados e acumulaba a choiva por períodos longos de tempo entre visita e visita de control.

PictographMine Altitude 968 ft
Photo ofRestos mineiros

Restos mineiros

PictographMine Altitude 1,064 ft
Photo ofRestos de escavacións Photo ofRestos de escavacións

Restos de escavacións

PictographPanorama Altitude 1,161 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPanorama Altitude 1,290 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographMine Altitude 323 ft
Photo ofRestos de mina Photo ofRestos de mina Photo ofRestos de mina

Restos de mina

PictographSummit Altitude 323 ft
Photo ofCerro Sta. Cruz Photo ofCerro Sta. Cruz Photo ofCerro Sta. Cruz

Cerro Sta. Cruz

PictographSummit Altitude 1,660 ft
Photo ofCume de Los Carneros Photo ofCume de Los Carneros Photo ofCume de Los Carneros

Cume de Los Carneros

PictographMine Altitude 1,068 ft
Photo ofEscavacións

Escavacións

PictographRiver Altitude 947 ft
Photo ofBarranco de Los Martínez Photo ofBarranco de Los Martínez Photo ofBarranco de Los Martínez

Barranco de Los Martínez

PictographRuins Altitude 658 ft
Photo ofBebedeiro inútil

Bebedeiro inútil

PictographDoor Altitude 658 ft
Photo ofValado de FINCA PARTICULAR. Photo ofValado de FINCA PARTICULAR. Photo ofValado de FINCA PARTICULAR.

Valado de FINCA PARTICULAR.

Comments

    You can or this trail