Activity

Miradoiro da Terra Cha. PR-G155 ( Outeiro de Rei)

Download

Trail photos

Photo ofMiradoiro da Terra Cha. PR-G155 ( Outeiro de Rei) Photo ofMiradoiro da Terra Cha. PR-G155 ( Outeiro de Rei) Photo ofMiradoiro da Terra Cha. PR-G155 ( Outeiro de Rei)

Author

Trail stats

Distance
8.25 mi
Elevation gain
771 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
771 ft
Max elevation
2,016 ft
TrailRank 
36
Min elevation
1,326 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 9 minutes
Time
3 hours 57 minutes
Coordinates
2327
Uploaded
January 22, 2023
Recorded
January 2023
Be the first to clap
Share

near Francos, Galicia (España)

Viewed 66 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofMiradoiro da Terra Cha. PR-G155 ( Outeiro de Rei) Photo ofMiradoiro da Terra Cha. PR-G155 ( Outeiro de Rei) Photo ofMiradoiro da Terra Cha. PR-G155 ( Outeiro de Rei)

Itinerary description

Ruta perfectamente sinalizada. Non é necesario seguir ningún track para realizala.
Nós seguimos un track que a poucos metros da saída nos mandaba por unha pista á dereita pero en cambio os sinais mandaban seguir de frente. Continuamos de frente e, ao pouco, o percorrido que facía o track uníase ao que seguíamos. É dicir, pódese facer collendo esa pista á dereita dando unha pequena volta para ver unhas casas " solariegas" ou seguir de frente por onde mandan os sinais.
O caso é que fixándose en paneis que hai ao longo da ruta, o percorrido oficial vai dando esa volta mencionada.
Pensamos que os sinais son anteriores aos paneis.
Pasamos pola fermoso e sorprendente lugar de Pena de Rodas, na parroquia de Gaioso, onde destacan dous bolos graníticos gigantescos e que semella que fosen caer dun momento a outro.Aquí hai tamén unha área recreativa moi ben acondicionada.
Despois, nunha suave ascensión, chegamos ao Miradoiro de Paraños con boas vistas sobre Outeiro de Rei e varias das súas parroquias, Lugo, e moito máis aló vemos ata Os Ancares.
A partires de aquí descendemos pasando polas aldeas de Susavila e Francos e chegando ao punto de partida. Chegando xa a Francos atopamos un pequeno tramo do camiño totalmente inundado e polo que era imposible pasar sen mollarnos case ata os xeonllos polo que optamos por dar unha pequena volta por uns prados ( foron só uns metros) e xa retomamos a ruta na área recreativa de Frrancos.
Comentar que é unha ruta fácil de realizar e aínda que se pasa por varias carballeiras, tamén hai pistas onde predominan os eucaliptos.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,365 ft
Photo ofMuíño de Lousado

Muíño de Lousado

Restaurado e que funcionaba grazas a auga dun rego.

PictographWaypoint Altitude 1,560 ft
Photo ofPenas de Rodas

Penas de Rodas

Destacan aquí dous enormes bolos graníticos cunha área recreativa ao pé ben acondicionada, nun entorno moi fermoso. Sobre a súa orixe, hai quen asegura que a súa formación é aleatoria e que hai millóns de anos o magma fundido elevouse das profundidades e ao sair enfríouse rapidamente formando estas rochas. Despois, durante millóns de anos, o vento e a auga erosionarían formando esta marabilla. Outros opinan que pola similitude das rochas, o seu emplazamento, a orientación...sería obra artificial do home e trataríase dun enorme calendario solar ou un santuario pagano. Existe unha lenda moi extendida que di que unha das rochas está chea de ouro e outra de alcatrán. Quen descubra a de ouro, farase rico e se rompe a outra encherase de alcatrán.

PictographWaypoint Altitude 1,941 ft
Photo ofMiradoiro de Paraños

Miradoiro de Paraños

PictographWaypoint Altitude 1,581 ft
Photo ofSusavila.

Susavila.

Aldea que pertence á parroquia de Candai

PictographWaypoint Altitude 1,520 ft
Photo ofÁrea recreativa de Francos

Área recreativa de Francos

PictographWaypoint Altitude 1,496 ft
Photo ofIgrexa de Santiago de Francos.

Igrexa de Santiago de Francos.

Igrexa cunha ábside románica.

PictographWaypoint Altitude 1,360 ft
Photo ofCarballeira

Carballeira

PictographWaypoint Altitude 1,386 ft

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 1,395 ft
Photo ofCampo da Feira

Campo da Feira

Comments

    You can or this trail