Activity

Moaña Domaio Monte Faro

Download

Trail photos

Photo ofMoaña Domaio Monte Faro Photo ofMoaña Domaio Monte Faro Photo ofMoaña Domaio Monte Faro

Author

Trail stats

Distance
11.58 mi
Elevation gain
2,323 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,323 ft
Max elevation
2,066 ft
TrailRank 
58 3.7
Min elevation
59 ft
Trail type
Loop
Coordinates
3053
Uploaded
May 13, 2018
Recorded
May 2018
  • Rating

  •   3.7 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Domaio, Galicia (España)

Viewed 556 times, downloaded 28 times

Trail photos

Photo ofMoaña Domaio Monte Faro Photo ofMoaña Domaio Monte Faro Photo ofMoaña Domaio Monte Faro

Itinerary description

Iniciamos esta ruta na estrada próxima ao lado leste do campo de golf de Domaio, facémolo en continuo ascenso ata atoparnos co Chan da Arquiña, parque forestal aos pés do Monte Faro, en cuxo cumio se atopan toda clase de antenas. Dende este cumio pódese ver as extraordinarias vistas das rías de Pontevedra e Vigo, coas illas Cíes e Ons ao lonxe.

A partir de este punto toca baixar por pistas forestais, sempre ollando o mar con excelentes vistas. Aínda que é baixando, sempre atopamos ramplas que fan de este percorrido un bo tobogán.

Continuamos descendendo ata atoparnos con Rego da Freixa, inicio ou final do sendeiro da Freixa-Poza da Moura que percorremos pola súa beira, cuxas augas baixan formando pequenas fervenzas entre rochas. Neste sendeiro vemos unha boa cantidade de muíños, a maioría en estado ruinoso, que deixan unha bonita estampa ao noso paso.

Un pouco antes de chegar a Domaio, xantamos en Casa Ríos, para pola tarde continuar a nosa camiñada polo paseo marítimo. Xunto a igrexa parroquial desviámonos para comezar unha forte subida ata o inicio da ruta que nos leva a cruzar por un novo paso elevado da recente remodelada autovía AG46. Xusto ao cruzar atópase a Poza da Moura, un remanso do rego Miñouva. No seu entorno existen uns muíños e unha boa poza onde é normal ver nela xente bañándose.
Conta a lenda que un personaxe mitolóxico galego como é o das “ mouras”, está aquí presente . Segundo dise, a este lugar chegou un mouro coa súa fermosa filla, a cal se namorou dun campesiño. O pai, contrario a esta relación deu morte ao campesiño moi preto da poza. A filla, chea de dor, afundiuse na poza para sempre. Dende entón, dise que polas noites vese na beira, peiteándose os seus longos cabelos. Tamén din que nas noites máxicas como na de San Xoán, os seus queixumes escóitanse nos arredores.

Despois de desfrutar de este vello paraxe continuamos subindo pola beira de campo de golf ata o inicio de esta bonita ruta.

O asfalto que atopamos encontrámolo nos núcleos urbanos, o demais son pistas forestais, camiños e carreiros, todos en moi bo estado.

Tempo en movemento 5 horas 44 minutos con unha media de 3,3 quilómetros hora.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofantenas monte Faro

antenas monte Faro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofcamelios

camelios

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofcapela San Bieito

capela San Bieito

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofcarballo centenario

carballo centenario

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofChan de Arquiña

Chan de Arquiña

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofComeza subida

Comeza subida

PictographWaypoint Altitude 835 ft

COMEZO da ruta

N42.30293° W8.68045°

PictographWaypoint Altitude 898 ft

CONTINUAMOS coa ruta

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofcruceiro en Domaio

cruceiro en Domaio

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofDomaio

Domaio

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofIgrexa parroquial de Domaio

Igrexa parroquial de Domaio

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofindicadoiro

indicadoiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofmargaritas amarelas

margaritas amarelas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofmonte Faro ao fondo

monte Faro ao fondo

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMuíños no sendeiro Photo ofMuíños no sendeiro Photo ofMuíños no sendeiro

Muíños no sendeiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofmuíños en Poza da Moura

muíños en Poza da Moura

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofnovo paso elevado autovía

novo paso elevado autovía

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPaneis informativos Photo ofPaneis informativos Photo ofPaneis informativos

Paneis informativos

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofpasarela de madeira

pasarela de madeira

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofpaseo marítimo Domaio

paseo marítimo Domaio

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofpequena fervenza rego da Freixa

pequena fervenza rego da Freixa

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofponte de Rande dende Domaio

ponte de Rande dende Domaio

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPoza da Moura. Photo ofPoza da Moura.

Poza da Moura.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Freixa.

Rego da Freixa.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofrego da Miñouva

rego da Miñouva

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofrego na Poza da Moura

rego na Poza da Moura

PictographWaypoint Altitude 122 ft

RTE. casa RIOS

N42.28938° W8.68532°

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofsendeiro Muíños de Domaio

sendeiro Muíños de Domaio

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofvistas panorámicas Photo ofvistas panorámicas Photo ofvistas panorámicas

vistas panorámicas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofvistas panorámicas das rías Photo ofvistas panorámicas das rías Photo ofvistas panorámicas das rías

vistas panorámicas das rías

Comments  (1)

  • Cheii May 25, 2019

    I have followed this trail  View more

    La comencé en el Monte Faro, tras enlazar con la ruta "Río da Fraga, Chan da Arquiña y Torre de Meira" de "MCMOLEDO" desde Moaña.

    La bajada hacia Domaio se hace un poco confusa en algunos momentos por la cantidad de pistas y caminos, pero consultando los tracks se sigue bastante facilmente; una vez llegado a Poza da Moura ya no tiene complicación alguna.
    Volví a enlazar con la anterior en Meira, por la Torre, acabando en Moaña nuevamente.

You can or this trail