Activity

Moaña: Rego da Fraga

Download

Trail photos

Photo ofMoaña: Rego da Fraga Photo ofMoaña: Rego da Fraga Photo ofMoaña: Rego da Fraga

Author

Trail stats

Distance
10.59 mi
Elevation gain
1,558 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,558 ft
Max elevation
1,297 ft
TrailRank 
59
Min elevation
85 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 7 minutes
Coordinates
2396
Uploaded
January 25, 2019
Recorded
January 2019
Be the first to clap
Share

near Cela, Galicia (España)

Viewed 747 times, downloaded 26 times

Trail photos

Photo ofMoaña: Rego da Fraga Photo ofMoaña: Rego da Fraga Photo ofMoaña: Rego da Fraga

Itinerary description



Esta ruta levaranos desde o mar río arriba seguindo o leito do río da Fraga, o máis longo do municipio moañés e que fai de fronteira natural entre as parroquias de Moaña e Meira.

Ao longo do percorrido atoparémonos cunha trintena de muíños salpicados ao longo do curso do río, nun contorna incomparable de extraordinaria beleza paisaxística e valores naturais. Penetraremos nun bosque de ribeira e nun dos bosques atlánticos caducifolios mellor conservados da zona, onde o carballo é unha das especies predominantes.

Ademais atoparemos fervenzas, pontes, lavadoiros e fontes, poderemos descansar ou gozar das instalacións deportivas municipais do Beque ou comer nalgunha das tabernas que atoparemos próximas ao camiño.

Un espazo que nos levará a penetrarnos nunha contorna de conto e lenda, unha volta a un pasado non tan afastado no que a vida da veciñanza miraba cara aos ríos, onde no muíño facíase gran parte da vida social nos tempos de moenda.

Despois do placenteiro percorrido necesitamos repoñer enerxías, facémolo na taberna de Lino na Fraga. Un lugar moi confortable, a típica casa galega transformada en taberna con unha decoración digna de ser admirada. A calidade da carne é excelente, a atención e explicación por parte de Lino Fervenza, é admirable.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofAcampamento Municipal de Beque Photo ofAcampamento Municipal de Beque Photo ofAcampamento Municipal de Beque

Acampamento Municipal de Beque

Concello de Moaña Situado en pleno canón do Río da Fraga, o máis espectacular e caudaloso dos ríos Moañeses, o Cámping Municipal de O Beque ofrécenos a oportunidade de gozar do acougo propio deses espazos que parecen estar aí para o goce dos sentidos. Recentemente chegado, o visitante dáse conta de que o encanto do lugar fala por se mesmo e que están de máis os adxectivos para enxalzar este enclave que cativa e convida o retorno constante, pois como un feitizo préndese na mirada de cuantos ata aquí achéganse . A sólida estampa do ratonero planeando no ceo, o áxil voo do azor sorteando a flora, ou o nocturno canto da cárabo son mostra de que o bosque atlántico galego aínda perdura aquí. Ancorados na terra, reténdoa con firmeza, crecen nas ladeiras que baixan ao río carballos centenarios de porte impoñente e fermosas formas retortas. A presenza inmediata de ameneiros, salgueiros, bidueiros, indícannos a proximidade da auga; elemento que define e condiciona a paisaxe e contorna das instalacións. Flanqueado por dous regatos que conflúen no río da Fraga, o Cámping Municipal de O Beque é punto de descanso e encontro entre os camiñantes que transitan pola ruta do río da Fraga, o Carreiro Ecolóxico do Morrazo e de cuantos ata aquí achéganse a gozar das múltiples actividades de lecer e tempo libre que ofrecen as instalacións e a súa contorna. Da pureza destas augas é testemuña, a libélula que voa inquieta, lanzando escintileos metálicos nas beiras cubertas de helechos, a píntega galega, pequeno anfibio que só atopamos en Galicia, Asturias e Norte de Portugal, en paraxes frondosas onde discorren augas limpas.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCabalo e vivenda en A Fraga

Cabalo e vivenda en A Fraga

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofFervenza pequena no rego dos Ladróns

Fervenza pequena no rego dos Ladróns

PictographWaypoint Altitude 464 ft

Miradoiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofO petróglifo da Torre de Meira Photo ofO petróglifo da Torre de Meira

O petróglifo da Torre de Meira

Petróglifo situado nun afloramento granítico a 130 metros de altitude sobre o nivel do mar. A rocha principal conten trazos rectilíneos, cruciformes simples, cruciformes con peañas Ao noroeste noutra rocha do mesmo afloramento atópase un motivo illado. Este petróglifo, situado na contorna da Torre medieval de Meira, atópase moi desgastado. A Torre de Meira foi unha construción situada nun promontorio de 92 m2, situado a 140 m de altitude. O que hoxe en día podemos ver neste lugar son os cimentos moi alterados dunha construción de época medieval situados a uns 140 metros de altitude. O conxunto, escavado no ano 1976, estaba composto dunha torre de vixilancia de sección cadrada de 5,9 x 7 metros feita a base de cadeirado granítico, un patio de armas, unha muralla e un foxo. A Torre de Meira pertenceu ás casas nobiliarias de Meira e Valadares. A súa ocupación data do século XV. A metade da Torre foi derrubada durante as segundas Guerras Irmandiñas (1467-1469). Finalmente sería destruída ata a base no ano 1476 polo señor feudal Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga). No lugar atopouse material cerámico, metálico e osos, todos eles depositados no Museo de Pontevedra. O lugar rexistra varias lendas e tradicións orais: * No castelo existe unha cova con dúas olas. Unha chea de ouro e outra de veneno. A cova era poseedora dun encanto que decía: “Entrarás e non voltarás”. Se alguén era capaz de entrar e coller unha ola podían suceder dúas cousas: Se a ola era de ouro quedaría rico, pero se colle a de veneno morrería. * Cáseque no alto da torre, hacia o sur, había unha porta entre dúas pedras. Hai uns sesenta anos foron tres homes co libro de S. Ciprián e mentras un deles collía o libro ó reves leíao en voz alta, os outros dous, sentiron un ruido como se fora unha ringleira de carros. Un dos que cavaban dixo: -¡Válgame Deus, xa veñen os carros pra enchelos de ouro! E, o pronunciar a palabra “Deus”, desaparecen todo ouro (1974). * Baixaban uns homes o pé do Castelo cando miraron unhas galiñas con pitos piando. Un dos homes foi a collelos pensando que serían dalgunha casa de Meira de Arriba e ó ter un pito na man convertíuse-lle en ouro. Asombrado, tratou de collelos e escapáronlle todos. * Na torre seica tivo lugar unha batalla. Na illa de San Bartolameu había unha fortaleza que defendían os da torre cando vían chegar piratas. Unha vez, o conde de Tirán estaba en guerra co de Meira e os soldados destruironlle a torre que segue en ruinas. (Rfa. Benedicto Boubeta Santomé. 60 anos Colexio de Abelendo). * Vivía no monte un matrimonio de mouros. Cando a moura estaba a punto de ter un fillo, o home saiu urgentemente a buscar a parturenta. Esta ó chegar a súa casa, asustouse. Pero a pesares de todo conseguiron un bo parto. Xa rematado, o mouro quíxo-lle pagar e a parturenta non llo aceptou, quixo facelo gratuitamente. Entón o mouro díxolle. “Eiquí ten este tronco, cando queira algo, veña a co-llelo que é unha gran tesouro”. (Segundo o informante a moura chámase Olga e o seu home Xan. Tiveron unha nena que foi bautizada en Meira) 1974. * Na torre viviron os mouros e comunicáron-se co monte Paralaia por unha cova que foi cortada ó facer a carretera da Fraga. * Na chan das Corredouras estaba a entrada dun túnel que comunicaba co Castelo. Por alí saían os mouros para facer instrución. * No castelo dos mouros, había unha mina que comunicaba coa Paralaia e ían os mouros por ela. Din que os mouros deixaron ouro e prata no castelo encantado. En tempos antigos entrou un mozo na mina e desapareceu. Para desencantalo hai que ler o libro de San Ciprián ó reves. (Rfa. Maria Costa Rúa. 72 anos. Colexio Reibón,1986) * Di que os mouros deixaron os tesouros na Cova e na mañán de San Xoán saían unhas fadas que se sentaban a peitearse con peites dourados sobre unha manta brillante. (Rfa. de Mª Bermúdez O Campo. 77 anos. Colexio de Reibón. – Tamén apuntou que o axuntamento estaba no barrio dos Carballos. Refírese ó axuntamento constitucional de 1836). * No castelo que estiveron os mouros hai unha porta de pedra que garda un tesouro. A porta foise enterrando co curso do tempo. Pódese abrir lendo un libro o revés que ninguén sabe quen o ten. Un vello afirmou telo nas súas mans e ensinoullo a un amigo e léndoo ó revés como decía a tradición, a xente andaba cos pés para arriba. (Rfa. Colexio de Reibón, 1986)

PictographWaypoint Altitude 7 ft

Praia de Meira

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga Photo ofRego da Fraga Photo ofRego da Fraga

Rego da Fraga

Galicia Máxica

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-Autovía

Rego da Fraga-Autovía

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-camiñando pola beira

Rego da Fraga-camiñando pola beira

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-camiño cortado Photo ofRego da Fraga-camiño cortado

Rego da Fraga-camiño cortado

Aínda que poidemos pasar, nalgún momento o camiño debeu estar cortado polas obras que se están a facer na autovía que cruza a ruta.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-camiño empedrado Photo ofRego da Fraga-camiño empedrado

Rego da Fraga-camiño empedrado

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-carteis no sendeiro Photo ofRego da Fraga-carteis no sendeiro Photo ofRego da Fraga-carteis no sendeiro

Rego da Fraga-carteis no sendeiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-cartel plan concellos 2017

Rego da Fraga-cartel plan concellos 2017

Acondicionamento e mellora do sendeiro. Supoñemos que se fixo no ano 2017 como anuncia o cartel. Se foi así, continúa en bo estado para camiñar.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-entrada muíño

Rego da Fraga-entrada muíño

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-muíños Photo ofRego da Fraga-muíños Photo ofRego da Fraga-muíños

Rego da Fraga-muíños

Galicia Máxica

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-o muíño de cubo Photo ofRego da Fraga-o muíño de cubo

Rego da Fraga-o muíño de cubo

Muíños de cubo. Os muíños de cubo, construídos onde a auga era escasa, permiten unha maior potencia motriz. Substituíron aos muíños de canle aberta a partir do século XVI, sobre todo nas serras, onde os leitos dos ríos eran moi irregulares. O cubo é un depósito en forma de columna que recolle a auga pola súa banda superior, ata que se enche, para despois ser baleirado de golpe a través da botaina sobre o rodicio. Con este sistema aumentábase notablemente a presión e os rendementos, conseguindo que os muíños con moi pouca auga aumenten a súa potencia, aínda que diminúen os períodos de actividade, pois era intermitente ao ter que encher os cubos cada vez que se baleiraban.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-sendeiro Photo ofRego da Fraga-sendeiro Photo ofRego da Fraga-sendeiro

Rego da Fraga-sendeiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Fraga-sendeiro Photo ofRego da Fraga-sendeiro Photo ofRego da Fraga-sendeiro

Rego da Fraga-sendeiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da fraga-árbore caída

Rego da fraga-árbore caída

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofTaberna A`de Lino en A Fraga Photo ofTaberna A`de Lino en A Fraga Photo ofTaberna A`de Lino en A Fraga

Taberna A`de Lino en A Fraga

A fraga de Lino Taberna A de Lino, situada na Fraga (Moaña), xorde co fin de facer realidade unha de moitas conversacións entre avó e neto, nas cales ambos soñaban coa idea de transformar a antiga casa familiar, así como as cuadras de animais, o antigo lagar e o patio, nunha taberna onde poder xuntar a amigos e familia. Para que entredes en contexto, desvélovos que era habitual que a casa estivese chea de xente, reunida ao redor da mesa de pedra que preside a terraza da actual taberna. Non faltaba a comida e un bo vaso de viño, necesario para compartir historias e tempo co avó Lino. Aos poucos, e co paso dos anos, este soño do que vos falo materializouse coa paulatina construción da Taberna. Advírtovos de que só con cruzar o enorme portal que recibe aos amigos da Fraga, sabemos que nos atopamos nun deses lugares “especiais”, que che transportan a outro tempo, con sensación de acougo, tranquilidade, case me atrevo a dicir, que é coma se parásese o tempo… A Taberna está feita con mimo, con coidado, e sobre todo, apréciase un agarimo especial en todo o que se tocou…e non me equivoco cando empezo a conversar cun dos culpables desta coidada taberna: Lino Fervenza. Lino foi capaz de fusionar a idea empresarial coa recuperación do tradicional “Quinteiro”, lugar no que se gardaban os útiles de labranza. Coa maxia e forza do Avó, mantivo a pureza da casa e do seu patio interior, transformando a Taberna na súa bandeira. Sen deixar de lado a estupenda localización da Taberna, na Península do Morrazo, céntrome na súa coidada cociña. Sinxela e tradicional, e en continua mellora, deu paso a pratos diferentes, de gran aceptación, conseguindo converterse nun referente da zona, onde os amigos da Fraga, como eu, gozamos dun local distinto, cociña agradable, e grata compañía… Amanda Fervenza

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofVista fotográfica Photo ofVista fotográfica Photo ofVista fotográfica

Vista fotográfica

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofVista fotográfica Photo ofVista fotográfica Photo ofVista fotográfica

Vista fotográfica

Comments

    You can or this trail