Activity

[Montañas de Trevinca] Ruta de ascenso ós picos Pena Trevinca, Pena Negra e Pena Surbia desde A Cabrita

Download

Trail photos

Photo of[Montañas de Trevinca] Ruta de ascenso ós picos Pena Trevinca, Pena Negra e Pena Surbia desde A Cabrita Photo of[Montañas de Trevinca] Ruta de ascenso ós picos Pena Trevinca, Pena Negra e Pena Surbia desde A Cabrita Photo of[Montañas de Trevinca] Ruta de ascenso ós picos Pena Trevinca, Pena Negra e Pena Surbia desde A Cabrita

Author

Trail stats

Distance
11.13 mi
Elevation gain
2,598 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,598 ft
Max elevation
6,714 ft
TrailRank 
54
Min elevation
6,714 ft
Trail type
Loop
Time
7 hours 21 minutes
Coordinates
3412
Uploaded
September 25, 2023
Recorded
September 2023
Share

near La Baña, Castilla y León (España)

Viewed 29 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo of[Montañas de Trevinca] Ruta de ascenso ós picos Pena Trevinca, Pena Negra e Pena Surbia desde A Cabrita Photo of[Montañas de Trevinca] Ruta de ascenso ós picos Pena Trevinca, Pena Negra e Pena Surbia desde A Cabrita Photo of[Montañas de Trevinca] Ruta de ascenso ós picos Pena Trevinca, Pena Negra e Pena Surbia desde A Cabrita

Itinerary description

Para chegar ó inicio da ruta, a altura do Hotel Peña Trevinca, hai que coller unha pista de terra e grava durante 2 ou 3 kilómetros. A pista é transitable sen dificultade para calquer tipo de vehículo. Aparcamos na entrada a unha canteira.
A ruta comenza cruzando a propia canteira para continuar en ascenso por unha pista de terra ata o Alto da Cabrita. Neste alto hai un desvío á dereita para ir hacia o Teixadal de Casaio. Continuamos sin desviarnos pola pista. En pouco máis de 1 kilómetro chegaremos á Campa de Genciana e posteriormente continuando sen desvíos ata o Collado Portillo de Puertas. Ata aquí poderíase decir q vai o camiño de aproximación ata a parte máis espectacular da ruta.
Neste punto iniciaremos un recorrido circular que tras pasar polo val donde nace o río Tera, Pena Trevinca, Pena Negra e Pena Surbia nos devolverá ó mesmo punto.
O collado sitúase entre Pena Surbia e a Cota 2002 ou Pico Puertas. Este pico deixámolo á nosa esquerda no sentido da marcha. É un pico cunha bonita estampa con vexetación baixa nas súas ladeiras e cuberto na parte superior por unha especie de "casco" rochoso.
Bordeando as estribacións de Pena Surbia, pouco a pouco nos imos acercando ó Val do Tera. Ao lonxe vese como se elevan maxestuosos sobre o val, Pena Trevinva, Pena Negra e o cordal que os une e que continúa ata Pena Surbia. O sendeiro xa é máis estreito pero séguese sen dificultade. Entrando no val, un cartel anúncianos que falta unha hora e media de marcha para chegar a Pena Trevinca. Desde esta vertente a imaxe do cordal é moito máis bonito e espectacular que facendo a ruta desde Ponte. Máis adiante, xa ós pes das montañas, encontramos as fontes donde nace o río Tera. Hai varios puntos donde se ven as burbullas e se escoita o son da auga saindo a borbotóns. É un bo sitio para aproveitar a encher de auga as botellas antes de iniciar a subida hacia Pena Trevinca.
Tras un pequeno descanso iniciamos unha esixente subida que serpentea ata chegar ó collado entre Pena Trevinca e Pena Negra. Unha vez no collado dirixímonos á esquerda hacia Pena Trevinca. Queda sólo un pequeno repeito para chegar á cima. Alí encontramos unha gran cruz caída e un buzón de montaña, pero sobre todo unhas vistas espectaculares hacia o Val do Tera. Coincidimos con un grupo que viña desde Ponte e unha parella que chegou desde a Laguna de los Peces. Como sempre, curioso o cruce de camiños que se improvisa na cima das montañas. Hora de bocadillo e despois dunhas fotos baixamos polo mesmo camiño de subida ata o punto de acceso ó collado. Desde ahí dirixímonos a Pena Negra. A subida faise cómodamente ata unha precima. Por diante unha pequena vaguada e xusto enfrente aparece a cima do Pena Negra. Particularmente gustoume moito este punto pola forma armoniosa en forma de hongo da cima e polas vistas maxestuosas hacia os vales a esquerda e dereita. Estéticamente quizás o punto máis bonito da ruta. A subida desde aquí a cima é breve e non presenta dificultade.
Todo cambia ó sobrepasar a cima. Hai que extremar as precaucións para crestear desde en dirección a Pena Surbia. Ten algún paso bastante aéreo pero ademais a morfoloxía plana e con forte pendente da rocha fai que haxa que prestar moita atención a donde se poñen os pes. Nalgún punto tivemos que axurdanos das mans para avanzar con seguridade. Con auga, esta zona creo que sería moi perigosa. A caída hacia a esqueda é vertixinosa, e hacia o Val do Tera presenta a dificultade mencionada. En calquer caso, con tempo seco e tendo cuidado é un paso moi entretido e con vistas espectaculares hacia as duas vertentes.
Pouco a pouco disminúe a dificultade e baixando pola cresta chegamos ó collado que hai entre Pena Negra e Pena Surbia. Temos agora por diante unha corta pero esixente subida ata a cima de Pena Surbia. A subida faise sen ningunha dificultade técnica pero acometendo unha forte pendente e o paso dalgún pequeno canchal. Na cima, de novo unhas vistas impresionantes; como nos veñen acompañando todo o camiño desde a cima de Pena Trevinca. Agora temos que baixar para enlazar co sendeiro no collado Portillo de Puertas. Para baixar non atopamos sendeiro definido e baixamos monte a través pero sen ningunha dificultade xa que a vexetación é moi baixa. Finalmente chegamos ó collado co Pico Puertas diante de nos e completamos un círculo realmente bonito, espectacular e divertido. Desde o collado volvemos polo mesmo camiño ata o inicio da ruta.

IMPORTANTE: A dificultade califiqueina como moderada polo cresteo despois do Pena Negra. Incluso creo que sería difícil se o tempo non é seco.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 18,30 km / 831 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 5,578 ft

Canteira

PictographMountain pass Altitude 5,830 ft

Alto da Cabrita

PictographWaypoint Altitude 5,844 ft
Photo ofCampa de Genciana

Campa de Genciana

PictographMountain pass Altitude 6,217 ft

Collado Portillo de Puertas

PictographSummit Altitude 6,183 ft
Photo ofCota 2002

Cota 2002

PictographWaypoint Altitude 5,935 ft
Photo ofNacemento do Río Tera Photo ofNacemento do Río Tera Photo ofNacemento do Río Tera

Nacemento do Río Tera

PictographSummit Altitude 6,698 ft
Photo ofPena Trevinca Photo ofPena Trevinca Photo ofPena Trevinca

Pena Trevinca

PictographWaypoint Altitude 6,480 ft
Photo ofCollado Photo ofCollado

Collado

PictographSummit Altitude 6,671 ft
Photo ofPena Negra Photo ofPena Negra Photo ofPena Negra

Pena Negra

PictographWaypoint Altitude 6,193 ft
Photo ofCollado Photo ofCollado Photo ofCollado

Collado

PictographSummit Altitude 6,637 ft
Photo ofPena Surbia Photo ofPena Surbia Photo ofPena Surbia

Pena Surbia

Comments

    You can or this trail