Monte Castrove. Circular desde Campañó.
near Campañó, Galicia (España)
Viewed 192 times, downloaded 6 times
Trail photos
Itinerary description
Iniciamos esta bonita ruta desde o aparcadoiro da Igrexa de San Pedro de Campañó. Por tramos asfaltados, imos a Campañó de Arriba e entramos no Concello de Poio. Tomamos a pista forestal 102, deixándoa pronto para encarar o oeste en dirección á Escusa.
Chegados á Escusa, collemos dirección nordeste, disfrutando dunhas impresionantes vistas do Salnés e da Ría de Arousa.
Subimos ás cimas do Castrove, donde se ubican tres asentamentos de antenas de telecomunicación. Como o Castrove é un "monte illa", desde a cima tense unha visión completa de 360º .
Baixamos pola ladeira oriental do monte, buscando a vaguada do Rego do Bispo. Perto de Moldes, atopamos a plantación de sequoias que non ten nada que cobizar da famosa plantación do Monte da Escusa, na Área Recreatuva do Castro.
Despois de pasar á beira do hipódromo, encaramos a costa do cementerio e axiña chegamos ao aparcadoiro, donde remata esta ruta.

Waypoints
Waypoint
363 ft
INICIO - CHEGADA
You can add a comment or review this trail
Comments