Activity

Monte Xiabre dente Lagoa Pedras Miudas (2022-05-07 Catoira)

Download

Trail photos

Photo ofMonte Xiabre dente Lagoa Pedras Miudas (2022-05-07 Catoira) Photo ofMonte Xiabre dente Lagoa Pedras Miudas (2022-05-07 Catoira) Photo ofMonte Xiabre dente Lagoa Pedras Miudas (2022-05-07 Catoira)

Author

Trail stats

Distance
11.57 mi
Elevation gain
2,438 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
2,438 ft
Max elevation
2,128 ft
TrailRank 
51
Min elevation
103 ft
Trail type
Loop
Time
7 hours 34 minutes
Coordinates
2208
Uploaded
May 9, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Catoira, Galicia (España)

Viewed 185 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofMonte Xiabre dente Lagoa Pedras Miudas (2022-05-07 Catoira) Photo ofMonte Xiabre dente Lagoa Pedras Miudas (2022-05-07 Catoira) Photo ofMonte Xiabre dente Lagoa Pedras Miudas (2022-05-07 Catoira)

Itinerary description

Entre as localidades de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa atópase o gran sistema montañoso de Monte Xiabre. O seu pico do Alto dá Meda, situado nos límites do municipio arousán, alcanza unha altura duns 642 metros, o que o converte no punto máis alto da comarca do Salnés. A panorámica do lugar esténdese en todas as direccións para converter esta cima nun impresionante miradoiro.

Aínda que Monte Xiabre conta con varias balconadas naturais en todo o seu territorio, o certo é que merece a pena coroar a cúspide para conseguir unha sorprendente vista de 360 graos, digna de gravar na retina. Se o tempo acompaña, desde o Alto dá Meda, como se coñece tamén a esta zona, pódense divisar con total nitidez a ría de Arousa e a península do Barbanza, boa parte do val do Salnés e do Umia, o trazado urbano de varios municipios costeiros, así como as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

Desde o ano 2006 veu sufrindo constantemente numerosos incendios forestais aniquilando vexetación e fauna.

O paseo en se, hoxe en dia, non ofrece grandes alicientes excetuando as numerosas vistas que nos ofrece. Do mesmo xeito que a vista de numerosos grupos de cabalos.

Existe no inicio un cruzamento de pistas de terra no que podemos deixar o coche sen molestar demasiado, desde aqui iniciamos o roteiro primeiramente asomandonos á pasarela de madeira que percorre parte de Lagoa de Pedras Miudas ( Pedras Miúdas é unha vella canteira abandonada que, de forma totalmente natural, converteuse hai anos nunha gran lagoa con moito encanto, pouco coñecida e cargada de riqueza en canto a flora e fauna.Pero as obras do Eixo Atlántico para o Tren de Alta Velocidade (TAV) converteron a contorna case nun campo de batalla, pois as vías pasan practicamente por encima e desde este lugar da parroquia catoiresa de Abalo arrincan un túnel e o viaduto que interprovincial cruza o Ulla cara a Rianxo. Coa nova rede ferroviaria xa en marcha levou a cabo a restauración deste espazo e a rexeneración ambiental da contorna, que no seu momento tentouse converter en entulleira.E iso permitiu que Pedras Miúdas poida dispoñer agora de mellores accesos, carreiros peonís e zonas desde as que divisar a beleza da propia lagoa e da desembocadura do río Ulla. Mesmo é posible facelo con menos risco que antes, pois se instalaron valados de protección para previr posibles caídas. É unha ÁREA RECREATIVA onde se habilitaron zonas axardinadas e constrúese un centro de interpretación, que pode compararse coa aula de Interpretación da Natureza de Monte Siradella (O Grove) ou co centro de divulgativo construído na contorna das TORRES DO OESTE, tamén en Catoira.)

Posteriormente volvemos sobre os nosos pasos uns cuantos metros para virar á izda e continuar co roteiro en dirección xa de subida cara aos primeiros muíños de vento que veremos hoxe aos que chegaremos no quilómetro 3. Viramos á dereita e achegámonos a visitalos brevemente para volver sobre os nosos pasos ata ese mesmo desvío e continuar pola dereita e continuamos cara á aldea de Condado.
A partir de aquí comeza a parte mais dura de hoxe, pero con relanzos en diferentes ocasións. Primeiramente serán subidas suaves ata chegar ao km 7.800 no que tomaremos unha devasa que nos levará ata a cima cun desnivel que irá aumentando segundo achegámonos á cima.
Unha vez arriba as vistas recompensan o esforzo, despois dunha breve merenda e un sen fin de fotos continuamos o roteiro.
Agora toca baixar por outra devasa e durante case un km cun forte desnivel que poñerá a proba as nosas articulacións. Neste tramo existen tramos un pouco mais dificultosos polo desnivel unido a moita pedra e terra solta que provoca escorregar facilmente.
Despois teremos un bo tramo entre chairo e baixada, con algunha subida leve, ata chegar á Ermida de San Cibran onde facemos outra paradita para comer e repoñer líquidos na fonte que hai xunto cun pequeno merendero.
Ao acabar continuamos o roteiro da que só quedan sobre 4 km.
En resumo é un bo roteiro para facer pernas, con bastantes kms que non son gran cosa pero cunha cima que nos sorprenderá gratamente, máis se cabe nesta época do ano na que o breixo e os toxos están en flor e hai un manto violeta e amarelo marabilloso.
Exceptuando a fonte que hai na Ermida no resto do roteiro non hai puntos con auga polo que é altamente recomendable levar abundante auga, calzado con bo debuxo.
Non vimos sinalización de roteiro polo que para realizala é mellor utilizar gps ou mapa con track debuxado.

Valoración MIDE


Monte Xiabre

horario------------------------------------5h 15'
desnivel de subida-----------------------------743 m
desnivel de bajada-----------------------------743 m
distancia horizontal-----------------------------------18,6 Km
tipo de recorrido----------------------------------Circular

severidad del medio natural------------------------------2
orientacion en el itinerario------------------------------3
dificultad en el desplazamiento-----------------------2
cantidad de esfuerzo necesario-----------------------3

Condiciones de verano, tiempos estimados según criterio MIDE, sin paradas.

Calculado sobre datos de 2022.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,456 ft
Photo of444 m Photo of444 m Photo of444 m

444 m

PictographSummit Altitude 0 ft
Photo ofAlto do Xiabre Photo ofAlto do Xiabre Photo ofAlto do Xiabre

Alto do Xiabre

PictographWaypoint Altitude 1,505 ft

Camino43

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCampo Longo Photo ofCampo Longo Photo ofCampo Longo

Campo Longo

PictographWaypoint Altitude 1,616 ft
Photo ofCortafuegos1 Photo ofCortafuegos1 Photo ofCortafuegos1

Cortafuegos1

PictographWaypoint Altitude 1,735 ft
Photo ofCortafuegos2 Photo ofCortafuegos2 Photo ofCortafuegos2

Cortafuegos2

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofErmida San Cibrán Photo ofErmida San Cibrán Photo ofErmida San Cibrán

Ermida San Cibrán

PictographLake Altitude 0 ft
Photo ofLagoa Pedras Miúdas Photo ofLagoa Pedras Miúdas Photo ofLagoa Pedras Miúdas

Lagoa Pedras Miúdas

PictographWaypoint Altitude 0 ft

Lavadero1

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofMuiños de vento de Abalo Photo ofMuiños de vento de Abalo Photo ofMuiños de vento de Abalo

Muiños de vento de Abalo

PictographPhoto Altitude 0 ft
Photo ofMuiños de vento de Pedras Miú Photo ofMuiños de vento de Pedras Miú Photo ofMuiños de vento de Pedras Miú

Muiños de vento de Pedras Miú

PictographWaypoint Altitude 0 ft

O Briadoiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofO Condado Photo ofO Condado Photo ofO Condado

O Condado

PictographWaypoint Altitude 253 ft

Rego de Freixeiro

PictographWaypoint Altitude 1,330 ft

Río Intermitente33

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo oftunnel1 Photo oftunnel1 Photo oftunnel1

tunnel1

Comments

    You can or this trail