Activity

[Montes de León] PR-LE 14 Sendeiro circular do Valle del Silencio con derivación á Cova de San Genadio e Fervenza do Silencio

Download

Trail photos

Photo of[Montes de León] PR-LE 14 Sendeiro circular do Valle del Silencio con derivación á Cova de San Genadio e Fervenza do Silencio Photo of[Montes de León] PR-LE 14 Sendeiro circular do Valle del Silencio con derivación á Cova de San Genadio e Fervenza do Silencio Photo of[Montes de León] PR-LE 14 Sendeiro circular do Valle del Silencio con derivación á Cova de San Genadio e Fervenza do Silencio

Author

Trail stats

Distance
11.96 mi
Elevation gain
3,825 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
3,825 ft
Max elevation
4,061 ft
TrailRank 
51
Min elevation
2,232 ft
Trail type
Loop
Time
7 hours 56 minutes
Coordinates
3807
Uploaded
October 16, 2023
Recorded
October 2023
Share

near Peñalba de Santiago, Castilla y León (España)

Viewed 15 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo of[Montes de León] PR-LE 14 Sendeiro circular do Valle del Silencio con derivación á Cova de San Genadio e Fervenza do Silencio Photo of[Montes de León] PR-LE 14 Sendeiro circular do Valle del Silencio con derivación á Cova de San Genadio e Fervenza do Silencio Photo of[Montes de León] PR-LE 14 Sendeiro circular do Valle del Silencio con derivación á Cova de San Genadio e Fervenza do Silencio

Itinerary description

Iniciamos a ruta na aldea de Peñalba de Santiago. Un lugar encantador donde é obrigatorio explorar as súas rúas disfrutando de cada rincón. Mención especial merece a igrexa mozárabe de Peñalba construida no século X. Tamén hai que sinalar que a situación de Peñalba ó pé dos
montes Aquilianos produce un gran impacto visual e crea estampas de gran beleza tanto si estás dentro da aldea, como si a ves ao lonxe.
Saímos do pobo pola súa parte baixa por camiños rodeados de carballos ata cruzar o arroio de Peñalba por unha pequena ponte de madeira. Pouco máis adiante atopamos o desvío hacia a Cova de San Genadio. O sendeiro vaise estreitando pouco a pouco ata chegar a cova. Este é o lugar donde San Genadio se retiraba a meditar e orar durante largos períodos de tempo. Persoalmente, máis que a cova en sí, o que máis me gustou foron as bonitas vistas que hai sobre o Val do Arroio do Silencio e sobre a propia Peñalba de Santiago.
Voltamos sobre os nosos pasos ata un cartel que xa viramos na ida, que sinala o camiño hacia a Fervenza do Silencio. O sendeiro ascende con unha pendente acusada ata deixarnos na fervenza. A verdade é que esperaba bastante máis desta parada. Ao meu xuicio, sin deixar de recoñecer unha bonita estampa como corresponde a calquer fervenza, diría que é bastante modesta e que ninguén espere unha fervenza como a de Vieiros no Courel ou o entorno que rodea a ésta. Retrocedemos de novo ata o desvío inicial hacia a Cova de San Genadio e a partires de ahí continuamos xa polo sendeiro "oficial" sinalizado durante todo o seu traxecto con marca amarela e branca como corresponde a un sendeiro de pequeno recorrido; neste caso o PR-LE 14.
O sendeiro séguese perfectamente e continua con unha pendente forte ata chegar ó Chano Collado, na base dos picos Tuerto e Tesón. Desde aquí temos unhas fantásticas vistas sobre todo o val así como dos cumes do cordal dos Aquilianos. Toca agora unha forte pendente en baixada para abandonar o Chano Collado e acercarnos a zona coñecida como As Furnias donde xa atopamos gran variedade de vexetación e árbores. Ao lonxe xa pronto divisamos Montes de Valdueza e o seu mosteiro. O camiño continúa sin complicacións ata o pobo. Chegamos a Montes con moitas expectativas despois de ter visto Peñalba. Nada máis entrar no pobo, encontramos a Cantina donde paramos a tomar unha cervexa. Encantounos a súa estética rústica, a súa terraza balconada, o interior... A cousa prometía pero levámonos unhos cantos chascos tras abandonar a cantina.....o pobo non está á altura de Peñalba; moitas casas están en estado de abandono e moi deterioradas e as súas rúas non teñen nin moito menos o encanto do primeiro. Quedábanos o mosteiro que a pesar de estar parcialmente derruido tiña unha bonita estampa visto ao lonxe. Pois, tamén nos defraudou un pouco porque ten partes recentemente arregladas que desde o meu punto de vista non casan ben co resto da construcción.
Saímos do pobo por un camiño que descende ata a estrada e a antiga Ferreiría de Montes. Unha vez na estrada, cruzamos pola estación de tratamento de augas para iniciar o retorno en ascenso hacia Peñalba de Santiago. Son varios kilómetros de dura subida ata enlazar de novo coa estrada a un kilómetro de Peñalba. O camiño faise primeiro por zona de bosque ata sair a unha parte máis aberta desde donde temos unhas bonitas vistas do val e dos Montes Aquilianos ao fondo. Así chegamos de novo a zona de bosque á altura dos Corrales de San Mateo; bosque de encinas, carballos e castaños coñecido como o Jardonal. Despois do bosque saímos a carretera para facer ese último kilómetro para chegar o noso punto de partida en Peñalba de Santiago.
Teño que recoñecer, que a ruta, quizás debido ás altas expectativas que traía, non me acabou de entusiasmar. Ainda que é certo que tivo partes que realmente me encantaron como Peñalba de Santiago e o seu entorno entre montañas, a subida ata Chano Collado e a súa panorámica sobre o val, as vistas ao lonxe de Montes e o seu mosteiro ou a propia Cantina de Montes...moitos kilómetros da ruta non chegaron a conectar conmigo. Sirva esto sólo como unha apreciación persoal.

IMPORTANTE: A ruta non ten ninguha dificultade técnica reseñable máis alá do seu desnivel, e por eso a califiquei como fácil.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: (19,73 km / 1037 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 3,534 ft
Photo ofPeñalba de Santiago Photo ofPeñalba de Santiago Photo ofPeñalba de Santiago

Peñalba de Santiago

PictographWaypoint Altitude 3,278 ft
Photo ofDerivación a cova e fervenza Photo ofDerivación a cova e fervenza

Derivación a cova e fervenza

PictographBridge Altitude 3,515 ft
Photo ofDesvío á fervenza Photo ofDesvío á fervenza

Desvío á fervenza

PictographCave Altitude 3,539 ft
Photo ofCova de San Genadio Photo ofCova de San Genadio Photo ofCova de San Genadio

Cova de San Genadio

PictographWaterfall Altitude 4,002 ft
Photo ofFervenza do Silencio

Fervenza do Silencio

PictographWaypoint Altitude 3,281 ft

Desvío á fervenza de Bustillo

PictographWaypoint Altitude 3,806 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographMountain pass Altitude 4,057 ft
Photo ofChano Collado Photo ofChano Collado

Chano Collado

PictographWaypoint Altitude 3,407 ft

As Furnias

PictographWaypoint Altitude 3,070 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 3,039 ft
Photo ofCantina de Montes

Cantina de Montes

PictographReligious site Altitude 3,043 ft

Mosteiro de San Pedro

PictographWaypoint Altitude 3,091 ft

Montes de Valdueza

PictographWaypoint Altitude 2,811 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographRuins Altitude 2,280 ft

Ferreiría de Montes

PictographWaypoint Altitude 2,657 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 2,923 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographRuins Altitude 3,024 ft

Curráis de San Mateo

PictographWaypoint Altitude 3,062 ft

El Jardonal

Comments

    You can or this trail