Activity

[Montes de León] Ruta de ascenso ó pico Teleno desde o Llano de las Ovejas

Download

Trail photos

Photo of[Montes de León] Ruta de ascenso ó pico Teleno desde o Llano de las Ovejas Photo of[Montes de León] Ruta de ascenso ó pico Teleno desde o Llano de las Ovejas Photo of[Montes de León] Ruta de ascenso ó pico Teleno desde o Llano de las Ovejas

Author

Trail stats

Distance
9.72 mi
Elevation gain
1,860 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,860 ft
Max elevation
6,825 ft
TrailRank 
53
Min elevation
5,703 ft
Trail type
Loop
Time
7 hours 43 minutes
Coordinates
2430
Uploaded
October 16, 2023
Recorded
October 2023
Share

near Noceda de Cabrera, Castilla y León (España)

Viewed 29 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo of[Montes de León] Ruta de ascenso ó pico Teleno desde o Llano de las Ovejas Photo of[Montes de León] Ruta de ascenso ó pico Teleno desde o Llano de las Ovejas Photo of[Montes de León] Ruta de ascenso ó pico Teleno desde o Llano de las Ovejas

Itinerary description

Iniciamos a ruta no Llano de las Ovejas seguindo un track do usuario de wikiloc "Montaña y Corazón".Como sempre, perfectamente explicado e sinalizado.
O Llano de las Ovejas está situado ó pé do cerro Coballos e pasa por él a carretera LE-5228. Ó lado da calzada hai sitio para deixar varios coches. Xa desde a zona de aparcamento vese ao lonxe o Teleno. Pronto abandonamos a carretera para iniciar un sendeiro que enseguida nos leva ó Coballo Pequeno. Seguindo a senda entramos nun camiño máis ancho que descende seguindo o valado que separa os concellos de Lucillo e Truchas. Sen ningunha dificultadepasamos o Alto del Palo e chegamos ó Collado del Palo.
A partir de aquí, o camiño empézase a complicar un pouco debido a aparición de pequenos cancháis. En principio non hai moito problema porque o sendeiro serpentea entre eles sinalizado por algún hito. Ó pé dos Riscos do Sestil podemos escoller entre seguir pola esquerda ou pola dereita. Pola esquerda, seguiríamos o camiño pegados ós riscos e pola dereita seguiríamos pola falda da Pasada de Mascariel. O camiño da dereita é moito máis facil; por un sendeiro sinalizado con hitos chegaríamos directamente ó Collado de Mascariel ó pé do Teleno. Sin embargo o camiño da esquerda segue un enorme canchal de pedras grandes donde tras sobrepasar os Riscos do Sestil se chega ó pico Sestil.
Decidimos seguir o camiño feito por Montaña y Corazón e escollemos o canchal.
O avance aquí é moito máis dificultoso e hai que ir con cuidado e paciencia sobre grandes pedras, moitas veces inestables. A recompensa é o paso polo pico Sestil. Desde él temos unha vista espectacular da cara noroeste do Teleno. Descendemos pola senda cimeira ata o Collado de Mascariel. Nel encontramos un cartel sinalizando a distancia ó Teleno (1,5 km) e ó Coballo Grande (6 km). Continuamos de frente por un camiño ben definido que vai hacia o pico pero pronto temos que decidir de novo entre esquerda e dereita. Pola esquerda súbese de forma cómoda pola ladeira e pola dereita temos de novo un enorme canchal que chega ata a cima.
De novo imitamos a Montaña y Corazón e adentrámonos no canchal. É un continuo exercicio de equilibrismo en subida e durante unha distancia considerable. A nos resultounos divertido pola novidade pero hai que extremar as precaucións e de novo avanzar con paciencia. Polo canchal accedemos directamente á cima do Teleno. Alí as vistas son espectaculares mires hacia donde mires.
Para o descenso seguimos o camiño con hitos da ladeira que mencionamos anteriormente. Desviámonos un pouco para asomarnos a unha arista rocosa desde a que temos unha vista impresionante sobre o val glaciar. Con moito cuidado debido á forte pendente en caída nesta zona baixamos un pouco ata encontrar un bo "asiento" donde repor forzas e comer un bocadillo. O sitio é impresionante; parece que te precipitas ladeira abaixo hacia a "hoya".
Despois incorporámonos de novo ó sendeiro descendente pola ladeira ata chegar de novo ó Collado de Mascariel. Continuamos pola opción descartada na ida seguindo o sendeiro marcado con hitos pola falda da Pasada de Mascariel. Sobrepasados os Riscos do Sestil enlazamos co camiño de ida que xa non abandonaremos ata chegar ó Coballo Pequeno. Alí, en vez de seguir directamente hacia o coche, collemos a bifurcación que conduce hacia o Coballo Grande. Pronto alcanzamos o collado entre os dous Coballos e alí empeza a ascender suavemente o sendeiro ata chegar a unha precima que ten un gran hito. Desde ahí, as vistas son maravillosas. O Coballo Grande que desde a carretera pola que iniciamos a ruta parecía algo insulso, por esta vertente presenta unha ladeira escarpada que asoma á "hoya" cunhas formas espectaculares.
Chegados a este punto, vimos que se intuía un camiño que cruzaba esta ladeira entre rocas ata o outro extremo do Coballo Grande. Decidimos seguilo pero cando xa levábamos máis da metade do recorrido a cousa púxose seria. O "camiño" avanza lonxitudinalmente por unha ladeira de gran pendente chea de pizarra solta donde é fácil esvarar incluso co terreo seco. Chega un momento no que tamén hai que circular moi pegado a un precipicio polo lado dereito. Esta suma de factores fíxonos dar volta porque nos pareceu moi perigoso. Volvemos a precima que fai de mirador e desde alí continuamos sin problemas ata a cima do Coballo Grande polo sendeiro marcado no track. Desde a cima e despóis dun pequeno tramo monte a través enlazamos cun sendeiro que nos levou directamente a carretera e o lugar de inicio da ruta.
Persoalmente gustoume moito a ruta e destacaría tres puntos importantes: o avance durante largos tramos polos cancháis, a incursión pola canle en baixada que conduce hacia a "hoya" delimitada polos picos Teleno e Sestil e o intento fallido de cruzar a vertente escarpada do Coballo Grande.
Moitas grazas a Montaña y Corazón polo seu track e as explicacións detalladas.

IMPORTANTE: A dificultade califiqueina como moderada polo avance por largos traxectos a través dos canchais e polo descenso con moita pendente pola canle que vai hacia a "hoya" baixo o Teleno e o Sestil. Non tiven en conta o intento de pasar a vertente escarpada do Coballo Grande (con este paso a dificultade sería máis elevada e perigosa).

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 16,07 km / 679 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 6,378 ft

Llano de las Ovejas

PictographWaypoint Altitude 6,394 ft

Coballo Pequeño

PictographWaypoint Altitude 6,338 ft

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 5,906 ft

Alto del Palo

PictographWaypoint Altitude 5,770 ft

Collado del Palo

PictographWaypoint Altitude 6,029 ft
Photo ofEl Sestil Photo ofEl Sestil

El Sestil

PictographWaypoint Altitude 6,057 ft
Photo ofRiscos do Sestil

Riscos do Sestil

PictographSummit Altitude 6,288 ft
Photo ofPico Sestil Photo ofPico Sestil

Pico Sestil

PictographSummit Altitude 6,266 ft

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 6,149 ft
Photo ofCollado de Mascariel Photo ofCollado de Mascariel Photo ofCollado de Mascariel

Collado de Mascariel

PictographWaypoint Altitude 6,215 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 6,660 ft
Photo ofCanchal Photo ofCanchal Photo ofCanchal

Canchal

PictographSummit Altitude 6,802 ft
Photo ofPico Teleno

Pico Teleno

PictographWaypoint Altitude 6,578 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 6,486 ft
Photo ofRisco mirador

Risco mirador

PictographWaypoint Altitude 6,461 ft
Photo ofCanal Photo ofCanal Photo ofCanal

Canal

PictographWaypoint Altitude 6,386 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 6,135 ft

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 6,136 ft
Photo ofMirador da cara Este

Mirador da cara Este

PictographWaypoint Altitude 6,232 ft
Photo ofCoballo Grande Photo ofCoballo Grande Photo ofCoballo Grande

Coballo Grande

PictographWaypoint Altitude 6,236 ft

Coballo Grande

PictographWaypoint Altitude 6,189 ft

Enlace sendeiro

Comments

    You can or this trail