Activity

Mosteiro de Carboeiro e fervenza da Toxa, desde a aldea de Carboeiro

Download

Trail photos

Photo ofMosteiro de Carboeiro e fervenza da Toxa, desde a aldea de Carboeiro Photo ofMosteiro de Carboeiro e fervenza da Toxa, desde a aldea de Carboeiro Photo ofMosteiro de Carboeiro e fervenza da Toxa, desde a aldea de Carboeiro

Author

Trail stats

Distance
10.31 mi
Elevation gain
1,814 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,686 ft
Max elevation
1,281 ft
TrailRank 
31
Min elevation
590 ft
Trail type
One Way
Time
6 hours 45 minutes
Coordinates
1911
Uploaded
July 6, 2020
Recorded
July 2020
Be the first to clap
Share

near Martixe, Galicia (España)

Viewed 63 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofMosteiro de Carboeiro e fervenza da Toxa, desde a aldea de Carboeiro Photo ofMosteiro de Carboeiro e fervenza da Toxa, desde a aldea de Carboeiro Photo ofMosteiro de Carboeiro e fervenza da Toxa, desde a aldea de Carboeiro

Itinerary description

Track da ruta que vai do mosteiro de Carboeiro ata a fervenza da Toxa. Segue en gran medida o track moi ben sinalizado que une eses dous puntos, coa particularidade de que comezamos na igrexa da aldea de Carboeiro, coa intención de chegar andando e non en coche ata o mosteiro. Engade uns poucos km á ruta, mais as pistas que atravesan a veiga de Martixe e Carboreiriño son tamén moi agradables e non desmerecen o conxunto.

Fixemos esta ruta nun día caluroso de xullo, ademais nas horas centrais do día, máis demostrou ser unha boa ruta para esa circunstancia, xa que ten moita sombra e zona de bosque baixo os carballos, ademais de que transcurre case sempre ao carón do río, xa o Deza ou do Toxa. De feito, na fervenza da Toxa é posible darse un baño rápido para quitar a calor de enriba, se é necesario.

Como comentarios ao track: no km 5.5 confundímonos e fixemos uns metros na dirección equivocada, hai que entrar na aldea de Paradela. No km. 8, na saída da Caruxa o track que seguiamos marcaba un camiño xunto ao regato que non demos atopado. Atravesamos por uns camiño de carro que obriga pasar por uns campos, e un paso un pouco pechado. Mellor se atopas alternativa.


Recomendamos no mosteiro pagar a entrada para poder visitalo por riba, paga a pena apreciar o marabilloso traballo de restauración que se fixo no templo, e apreciar este caso particular de igrexa que quedou núa na súa estrutura e adorno arquitectónico.

A metade da ruta está a área recreativa da Carixa, ideal para parar un anaco, en caso de necesidade hai un bar onde poder mercar auga ou o que for necesario. A zona de céspede xunto ao río é moi agradable para facer un descanso, e se hai ganas, tamén se pode un bañar no Deza aquí, onde remansa o río.

Despois xa segue a ruta cara a fervenza da Toxa, que é espectacular, e que se pode ver de preto (con opción a bañarse na súa poza, ou nalgunhas un pouco máis abaixo) e tamén desde os miradores máis arriba.

Comments

    You can or this trail