Mugares, variante PR-G 186. (Toén)
near Mugares, Galicia (España)
Viewed 19 times, downloaded 0 times
Trail photos
Itinerary description
Anaco do roteiro pr-g 186, concretamente na parte máis baixa: o bosque de Mugares. Opino que é a parte máis bonita tamén.
Tanto o sentido de xiro coma o comezo son a elección. Os puntos mellores para comezar o percorrido son onde iniciamos este ou ben en Fondón (onde coincide a estrada OU-519). O sentido da marcha dependerá de onde se empece. Mellor dirixirse cara o bosque primeiro (parte máis baixa) para finalizar en baixada.
O "bosque" ofrece recantos fermosos e variados: árbores, penedos, vistas panorámicas cara o val do Miño, ruínas, regueiros... A parte alta é máis despexada aínda que tamén se vai en parte por entre arboredo que reconquistou os terreos cultivados ata vai algún tempo. Tamén aquí se goza de amplas vistas da contorna.
A ruta descorre por camiños e carrouchos limpos. A parte de estrada e pavimento é mínima. Na parte do bosque pode haber desniveis custosos para algunhas persoas, así como escorregadíos en caso de choiva. Nada especialmente perigoso tendo cabeza.

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments