Activity

Muíños de Taboadelo (Ponte Caldelas)

Download

Trail photos

Photo ofMuíños de Taboadelo (Ponte Caldelas) Photo ofMuíños de Taboadelo (Ponte Caldelas) Photo ofMuíños de Taboadelo (Ponte Caldelas)

Author

Trail stats

Distance
6.75 mi
Elevation gain
1,073 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,076 ft
Max elevation
828 ft
TrailRank 
40 2.3
Min elevation
828 ft
Trail type
Loop
Coordinates
256
Uploaded
December 23, 2009
Recorded
December 2009
  • Rating

  •   2.3 1 review
Be the first to clap
5 comments
Share

near Taboadelo, Galicia (España)

Viewed 4803 times, downloaded 86 times

Trail photos

Photo ofMuíños de Taboadelo (Ponte Caldelas) Photo ofMuíños de Taboadelo (Ponte Caldelas) Photo ofMuíños de Taboadelo (Ponte Caldelas)

Itinerary description

Este fermoso percorrido entre as leiras, carballeiras e marxes dos ríos Riboi, San Vicenzo e Verdugo na parroquia de Taboadelo (Ponte Caldelas) non está sinalizado polo que se fai menester o uso de GPS.
A nosa meta non será soamente ver os muíños "Darriba" e "Dabaixo" restaurados pola Asociación Veciñal O Carballo, senón tamén o de coñecer unha contorna onde aínda se conservan en uso antigas congostras, moitas delas empedradas, e zonas con arboreda de frondosas e vexetación de ribeira fluvial.
Saíremos da igrexa de Taboadelo ao carón da estrada PO-206 para meternos no núcleo da aldea e logo por unha corredoira entre muros de pedra chegaremos a Chan do Casal. Proseguimos a beira dunha levada para as regas e pasados un muro e unha cancela, pisamos de novo a PO-207. A uns cincocentos metros baixaramos por un camiño a esquerda, atravesando unha carballeira, que nos conduce ao río Riboi.
Pola marxe do río acadamos dúas pontellas e a confluencia do río San Vicenzo. Logo, andando uns cen metros pola estrada PO-207, collemos unha congostra a esquerda para visitar a ermida barroca de San Vicenzo. Continuamos polo camiño empedrado que sube pola esquerda e, atravesando a estrada, camiñamos a media altura pola aba do val do río San Vicenzo, con extensas carballeiras.
Pasamos a aldeíña de Verduxo e baixamos buscando o río Verdugo. Chegamos a zona de lecer onde se atopan os muíños "Darriba" e de "Abaixo". Aquí faise anualmente a Festa do Muíño, con demostracións do seu funcionamento, mostras de artesanía e actuacións diversas.
Remontamos o río San Vicenzo e pasamos a outra beira pola fermosa ponte de Canedo. Toca agora subir para refrescarnos na Fonte Nova n´O Outreido. De aquí ao noso remate da andaina na igrexa de Taboadelo quedan só uns cincocentos metros.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 516 ft

CAMIÑO EMPEDRADO

19-DIC-09 13:59:37

PictographWaypoint Altitude 702 ft

CANCELA

19-DIC-09 13:05:23

PictographWaypoint Altitude 481 ft

CARBALLEIRA 1

19-DIC-09 13:26:38

PictographWaypoint Altitude 530 ft

CARBALLEIRA 2

19-DIC-09 14:34:51

PictographWaypoint Altitude 639 ft

CORREDOIRA

19-DIC-09 18:06:47

PictographWaypoint Altitude 765 ft

CRUCEIRO

19-DIC-09 18:53:24

PictographWaypoint Altitude 503 ft

ERMIDA SAN VICENZO

19-DIC-09 13:53:01

PictographWaypoint Altitude 683 ft

FONTE NOVA

19-DIC-09 15:51:08

PictographWaypoint Altitude 824 ft

IGREXA TABOADELO

19-DIC-09 18:49:43

PictographWaypoint Altitude 752 ft

LEVADA

19-DIC-09 11:04:28

PictographWaypoint Altitude 261 ft

MUIÑO DE ABAIXO

19-DIC-09 14:52:26

PictographWaypoint Altitude 270 ft

MUIÑO DE ARRIBA

19-DIC-09 14:48:14

PictographWaypoint Altitude 706 ft

MURO

19-DIC-09 13:03:47

PictographWaypoint Altitude 272 ft

POLDRAS

19-DIC-09 15:10:36

PictographWaypoint Altitude 287 ft

PONTE DE CANEDO

19-DIC-09 15:19:42

PictographWaypoint Altitude 413 ft

PONTELLA

19-DIC-09 13:39:54

PictographWaypoint Altitude 757 ft

PORTAMELRO

19-DIC-09 17:46:05

PictographWaypoint Altitude 670 ft

PRESA

19-DIC-09 18:08:41

PictographWaypoint Altitude 697 ft

REGO 1

19-DIC-09 15:42:07

PictographWaypoint Altitude 677 ft

REGO 2

19-DIC-09 15:46:52

PictographWaypoint Altitude 600 ft

REGO DO PORTO

19-DIC-09 18:01:22

PictographWaypoint Altitude 407 ft

RIO RIBOI

19-DIC-09 13:31:08

PictographWaypoint Altitude 403 ft

RIO SAN VICENZO

19-DIC-09 13:43:19

PictographWaypoint Altitude 266 ft

RIO VERDUGO

19-DIC-09 14:50:24

PictographWaypoint Altitude 447 ft

VERDUXO

19-DIC-09 14:39:33

Comments  (5)

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Feb 28, 2011

    A data de 27/2/11 o treito que discorre paralelo ao río Riboi (uns cincocentos metros), atópase con algunhas silveiras, que non impiden, pero sí dificultan o paso. Aconsello seguir uns metros máis pola estrada ata a ponte do río San Vicenzo.

  • rogeira Mar 19, 2012

    A ruta e impresionante sen dubida a mellor que teño feito das do wikiloc ( aun non fixem noitas ), e unha pena que en Galicia non potencemos o que temos, se llega a estar en Asturias xa terian posto un centro de interpretacion.
    Gracias jesussimon.

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Mar 19, 2012

    Gracias "rogeira", alégrome que che gustase. Saúdos de Suso.

  • Photo of bunto
    bunto Aug 27, 2014

    I have followed this trail  View more

    Interesante (no olvidarse de ver el sarcófago antropomorfo, puede pasar desapercibido)

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Aug 28, 2014

    Grazas, "bunto" polo teu importante comentario.
    Saúdos.

You can or this trail