Muíños dos ríos Landres e Caselas
near Calvário, Viana do Castelo (Portugal)
Viewed 651 times, downloaded 24 times
Trail photos
Itinerary description
O Caselas ten o seu nacedoiro na parte norte do concello, nas lindes con Ponteareas e O Porriño, recollendo as augas das abas dos montes Curucho, San Cibrán e Chan de Melo. Pasa polo lado este do centro do concello e logo fai estrema con Salvaterra de Miño para finalmente, logo duns 12 Km de recorrido total, entregar as súas augas ao Miño, en Caldelas de Tui. Conta cun bo bosque de galería con predominio de salgueiros, ameneiros, bidueiros, abeleiras, freixos, sabugueiros e carballos.
O río Landres, cuns 2,5 Km de canle, nútrese das augas que baixan dos Montes da Brava e do Alto da Forca e máis as que aporta o seu tributario, o rego de Piñeiro, desembocando no Caselas ao sur do casco urbano. No seu bosque de ribeira medran salgueiros,ameneiros e carballos.
O noso roteiro vai desde o balneario de augas termais de Caldelas de Tui -concello de Tui- ata a parroquia salcedense de A Picoña, a contracorrente dos ríos Caselas e Landres e pasando polos inxenios hidráulicos das súas marxes construídos maioritariamente no século XVIII.
Waypoints
Area lecer Caldelas
Área recreativa ao carón do balneario e praia fluvial de Caldelas de Tui.
Lavadoiro do Seixo
Lavadoiro feito no ano 1957 para o servicio das familias de A Esfarrapada e dos barrios da Pedra e da Serra. Construído con perpiaño gris Salceda. Está nas beiras do río Landres.
Muiño da Laxe ou dos Cregos
É un muíño de herdeiros, de cubo inclinado e unha moa. Está situado na parroquia de A Picoña. Foi erguido antes de 1752.
Muiño da Pereira
Muíño no río Landres. É de cubo vertical e foi restaurado en 1959. É de herdeiros.
Muiño de Covas
Muíño situado na parroquia de Santa María de Salceda. De herdeiros, unha canle e dúas moas. Feito antes de 1752. Nel tiñan dereito a moer os Señores do Pazo de Pegullal.
Muiño de Marcial ou dos Fondóns
Está situado na parroquia de San Xurxo. É dun propietario e ten unha soa moa. Nos anos 80 estivo adicado a moenda á maquía.
Muiño do Ghurito
Muíño de canle, de herdeiros e dunha moa. Construído antes de 1752.
Ponte de Agüin
Ponte sobre o río Caselas. Fai de linde entre Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.
Salceda de Caselas
Concello do sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Vigo.
You can add a comment or review this trail
Comments