Activity

Muíños e Fraga de Gontade

Download

Trail photos

Photo ofMuíños e Fraga de Gontade Photo ofMuíños e Fraga de Gontade Photo ofMuíños e Fraga de Gontade

Author

Trail stats

Distance
13.93 mi
Elevation gain
2,671 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,671 ft
Max elevation
1,316 ft
TrailRank 
60
Min elevation
133 ft
Trail type
Loop
Time
8 hours 28 minutes
Coordinates
3343
Uploaded
November 30, 2018
Recorded
November 2018
Be the first to clap
Share

near Coruxo, Galicia (España)

Viewed 622 times, downloaded 14 times

Trail photos

Photo ofMuíños e Fraga de Gontade Photo ofMuíños e Fraga de Gontade Photo ofMuíños e Fraga de Gontade

Itinerary description

Iniciamos esta fermosa ruta en Fragoselo, no aparcadoiro existente no recinto que rodea a capela de San Sebastián.
Seguimos monte arriba por pistas forestais, observando como despois dos incendios do verán do 2017, os árbores empezan a dar sinais de vida outra vez, principalmente os eucaliptos. Pasamos pola fraga de Rodas, sen poder entrar onde figura un panel no inicio. Intentamos seguir pero está totalmente pechado o carreiro e se seguimos témolo que facer monte a través, preferimos continuar pola pista por onde viñamos.

O seguinte que nos atopamos e San Xosé de Chandebrito. Ao pé do seu Castro atópase o Bosque da Memoria, creado en recordo dos terribles incendios que arrasaron Galicia no 2017.

Cruzamos o pobo por diante da súa igrexa, paramos para ver os petróglifos da Chan do Rapadouro e continuamos a nosa andaina polas pistas forestais que nos levan ao alto da Bandeira, dende onde podemos observas unhas bonitas vistas panorámicas da Ría de Vigo, Illas Cies, Cabo Home e moitas máis.

O seguinte co que nos atopamos é o Parque Forestal de Saiáns, cruzámolo e continuamos ata o alto da Medoña. Está perfectamente sinalizado para percorrelo, observar as vistas dende o alto, os muíños, o castro, todo ben informado con paneis ao longo do percorrido.

Un pouco máis adiante desviámonos da ruta para xantar na Parrillada Asador O Cruceiro en San Miguel de Oia. Pola tarde, facemos o resto do percorrido pola Fraga de Gontade cos seus muíños, ata o inicio en Fragoselo.

Os dous quilómetros que temos ata o asador son por asfalto, algún que outro tramo tamén, non moito. O resto son pistas forestais, camiños e carreiros.

O tempo en movemento foi de 5 horas 56 minutos. A media, 3,8 quilómetros hora.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,294 ft

Alto Da Bandeira

PictographWaypoint Altitude 492 ft

Alto da Medoña

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofAlto do Castro en Chandebrito

Alto do Castro en Chandebrito

É sen dúbida, un dos castros que conserva aínda na actualidade, mellor a súa configuración primitiva, estando nunha situación xeográfica tan estratéxica, que é visible desde numerosos lugares dos vales Fragoso e Miñor. Áchase localizado este xacemento castrexo na parroquia de San Xosé de Chandebrito, no termo municipal de Nigrán, nunha altura coñecida como "O Castro", situada aos pés do pobo que lle dá nome. A súa altitude é de 376 m. sobre o nivel do mar, o que lle confire un tipo de emprazamento de montaña que poucos castros da zona posúeno, pois a maioría deles tanto do val Fragoso como do Miñor non pasan o 250 m. de altitude.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofBosque da Memoria en Chandebrito Photo ofBosque da Memoria en Chandebrito Photo ofBosque da Memoria en Chandebrito

Bosque da Memoria en Chandebrito

Nace en Chandebrito o Bosque da Memoria, para non esquecer a traxedia e traballar no futuro. Información no xornaldevigo.gal do 8 de agosto do 2018

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCapela en Fragoselo

Capela en Fragoselo

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCarreiro pola sombra

Carreiro pola sombra

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCarteis no Bosque da Memoria en Chandebrito Photo ofCarteis no Bosque da Memoria en Chandebrito Photo ofCarteis no Bosque da Memoria en Chandebrito

Carteis no Bosque da Memoria en Chandebrito

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofChandebrito Photo ofChandebrito Photo ofChandebrito

Chandebrito

San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o IGE, no 2015 tiña 495 habitantes (249 mulleres e 246 homes), distribuídos en catro entidades de poboación. É a menos poboada do concello e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor por detrás de Couso (Gondomar). É rural e interior, e limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo)

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCruceiro no Castro

Cruceiro no Castro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofFoca de pedra no medio do monte

Foca de pedra no medio do monte

PictographWaypoint Altitude 588 ft
Photo ofFraga Cal de Outeiro

Fraga Cal de Outeiro

PictographWaypoint Altitude 197 ft
Photo ofFraga e muíños de Gontade Photo ofFraga e muíños de Gontade Photo ofFraga e muíños de Gontade

Fraga e muíños de Gontade

Patrimonio Cultural de Vigo

PictographWaypoint Altitude 804 ft
Photo ofFraga de Rodas

Fraga de Rodas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofIgrexa de San Xoxé de Chandebrito

Igrexa de San Xoxé de Chandebrito

patrimoniogalego.net

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofIgrexa San Miguel de Oia-Vigo

Igrexa San Miguel de Oia-Vigo

A análise estilístico dalgúns elementos da igrexa de San Miguel de Oia parecen situala no marco do barroco do século XVIII. Esta igrexa é un exemplo do modelo tradicional do rural galego. É de planta lonxitudinal sinxela, cunha soa nave cuberta a dúas augas. A fachada recolle a figura do santo nunha pequena hornacina e a característica espadana no remate.

PictographWaypoint Altitude 556 ft

INICIO en Fragoselo

N42.18008° W8.76639°

PictographWaypoint Altitude 1,082 ft

miradoiro

PictographWaypoint Altitude 521 ft
Photo ofmuíños hidráulicos

muíños hidráulicos

galiciamaxica.eu

PictographWaypoint Altitude 532 ft

muíños naviculares

galiciamaxica.eu

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPanel Alto da Medoña

Panel Alto da Medoña

galiciamaxica.eu

PictographWaypoint Altitude 789 ft
Photo ofparque forestal Saiáns Photo ofparque forestal Saiáns Photo ofparque forestal Saiáns

parque forestal Saiáns

Buscas un lugar para descansar e reencontrarche coa natureza? Colle a liña 26 do bus urbano e vén a perderche non parque forestal de Saiáns, na costa sur de Vigo, xunto a unha fermosa praia natural e un conxunto etnográfico moi representativo de Vigo: ou Castro de Estea, dentro do propio parque, aos que se chega a través dun sendeiro fácil e moi ben sinalizado, nos que se atoparon restos arqueolóxicos mesmo dá Idade do Bronce.Ubicación: Saiáns Superficie: 23.500m2 Servizos: fonte, miradoiro, teléfono, bar, restaurante, mesas, barbacoas e autobús Acceso:Estrada de Pontevedra - Camposancos - Camiño de Outeiro - Pista Forestal Estrada de Baiona (PO-552), fronte ao cruzamento de Canido, Camiño da Estomada Liñas de autobús urbano: 26

PictographProvisioning Altitude 209 ft

Parrillada Asador O Cruceiro

N42.18254° W8.80192°

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPetróglifo da Chan do Rapadouro Photo ofPetróglifo da Chan do Rapadouro

Petróglifo da Chan do Rapadouro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofSendeiro local Photo ofSendeiro local Photo ofSendeiro local

Sendeiro local

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofVistas fotográficas Photo ofVistas fotográficas Photo ofVistas fotográficas

Vistas fotográficas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofVistas panorámicas Photo ofVistas panorámicas Photo ofVistas panorámicas

Vistas panorámicas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofÁrbores queimados na zona de Chandebrito

Árbores queimados na zona de Chandebrito

incendios en Chandebrito

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofÁrea lecer en Chandebrito

Área lecer en Chandebrito

Comments

    You can or this trail