Activity

Municipio de Ourense. Eirasvedras, Santa Comba, A Conchada.

Download

Trail photos

Photo ofMunicipio de Ourense. Eirasvedras, Santa Comba, A Conchada. Photo ofMunicipio de Ourense. Eirasvedras, Santa Comba, A Conchada. Photo ofMunicipio de Ourense. Eirasvedras, Santa Comba, A Conchada.

Author

Trail stats

Distance
5.08 mi
Elevation gain
1,207 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,207 ft
Max elevation
1,391 ft
TrailRank 
54
Min elevation
313 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 46 minutes
Time
2 hours 49 minutes
Coordinates
1532
Uploaded
February 14, 2021
Recorded
February 2021
Be the first to clap
Share

near Eirasvedras, Galicia (España)

Viewed 177 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofMunicipio de Ourense. Eirasvedras, Santa Comba, A Conchada. Photo ofMunicipio de Ourense. Eirasvedras, Santa Comba, A Conchada. Photo ofMunicipio de Ourense. Eirasvedras, Santa Comba, A Conchada.

Itinerary description

Pequena e fermosa ruta dentro do municipio de Ourense (válida para confinamento municipal).
Comeza a carón da N-120 (estrada de Vigo), en Quintela, xunto ao Bricocentro Paradelo. Aquí hai lugar abondo onde estacionar, se se quere acceder en coche. Outros lugares onde comezar e estacionar son os aparcadorios das termas de Outariz (na OU-402 no outro lado do Miño) ou no das pozas do Muíño da Veiga. Facelo así ten o interese engadido de poder gozar das termas -cando funcionen!- ao rematar a camiñada.
Saíndo pola Rúa das Carballas a uns 400m xa se colle camiño vello que sobe cara as ruínas do mosteiro de Santa Comba das (de) Naves. A subida pode facerse por dúas variantes. A presente é un chisco máis longa pero tamén máis descansada. Está indicado, cun waypoint o punto onde escoller.
O mosteiro das Naves non é a penas coñecido. Trátase dunha fundación medieval (posiblemente século IX) que logo pasaría a depender do mosteiro de Celanova. Para máis información, por exemplo, mirar esta páxina: https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/naves/ É de propiedade particular e recentemente cambiou de dono co proxecto de dedicalo a hotel. As portas foron pechadas vai meses pero as portas están arrombadas, tanto a do edificio principal coma a da pequena capela que está uns metros máis abaixo. Todo o conxunto está engulido pola vexetación.
Seguindo polo camiño que chegamos, un pouco máis arriba das ruínas, torcemos en dirección a aldea da Conchada. Nun punto intentei acceder pola parte sur da mesma pero non conseguín atopar o camiño certo. A ver se outro día!
A aldeíña da Conchada é moi curiosa e está coidada con certo esmero. Mesmo un particular recadou multitude de obxectos de cultura popular constituíndo un pequeno museo. Mágoa que este home faleceu vai anos e xa non o mostra.
Volvendo á entrada da aldea collemos outro camiño, indicado cuns carteis descoidados como "Vista panorámica", e que nos conduce cara o túnel do AVE e a localidade de Canedo. A baixada aquí é importante pero por camiño (nun punto baixo pola devasa, moi pina, do gasoduto pero non é imprescindible). Atravesamos Canedo (antigo núcleo do Pazo) e Eirasvedras e xa estamos na N-120 e no lugar de comezo/fin.
A ruta non está sinalizada polo que ven ben usar GPS. Os camiños están bastante limpos aínda que o piso non está erosionado polas augas (logo de choivas a auga corre por eles, atención ao calzado!)
Como se observa ten bastante desnivel.
Caso de querer comezar en Outariz ou no Muíño da Veiga, pódese mirar esta ruta miña que fai outro percorrido pero que coincide na subida (aínda que collendo o camiño máis empinado): https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ourense-ruta-dende-outariz-polas-naves-a-untes-con-atranco-alagamento-na-volta-65468194

Waypoints

PictographPavement ends Altitude 392 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

Camiño que sobe

PictographPanorama Altitude 534 ft
Photo ofCanedo Photo ofCanedo

Canedo

PictographIntersection Altitude 653 ft
Photo ofAlternativa (non o camiño do medio)

Alternativa (non o camiño do medio)

Pola dereita, máis empinado e curto. Nesta seguimos o da esquerda de todo.

PictographIntersection Altitude 654 ft
Photo ofDereita Photo ofDereita Photo ofDereita

Dereita

Vista panorámica cara o val do Miño.

PictographIntersection Altitude 895 ft
Photo ofEsquerda. Confluencia co outro camiño de subida. Photo ofEsquerda. Confluencia co outro camiño de subida.

Esquerda. Confluencia co outro camiño de subida.

PictographPanorama Altitude 895 ft
Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro

Miradoiro

PictographIntersection Altitude 987 ft
Photo ofLetreiro Photo ofLetreiro Photo ofLetreiro

Letreiro

Seguir a indicación.

PictographIntersection Altitude 1,055 ft
Photo ofCapela, torcer á esquerda, pola finca.

Capela, torcer á esquerda, pola finca.

PictographRuins Altitude 1,067 ft
Photo ofCapela do Mosteiro. Photo ofCapela do Mosteiro. Photo ofCapela do Mosteiro.

Capela do Mosteiro.

PictographRuins Altitude 1,065 ft
Photo ofMosteiro do Santa Comba das Naves. Photo ofMosteiro do Santa Comba das Naves. Photo ofMosteiro do Santa Comba das Naves.

Mosteiro do Santa Comba das Naves.

PictographIntersection Altitude 1,153 ft
Photo ofDereita, sendeiro. Photo ofDereita, sendeiro.

Dereita, sendeiro.

Nun curto tramo non está moi limpo, pero pásase. Máis adiante empata o camiño ben rozado. Por aquí atállase.

PictographIntersection Altitude 1,199 ft
Photo ofCamiño, dereita

Camiño, dereita

PictographTree Altitude 1,246 ft
Photo ofCarballeira Photo ofCarballeira

Carballeira

PictographTree Altitude 1,365 ft
Photo ofCarballeira Photo ofCarballeira

Carballeira

PictographIntersection Altitude 1,371 ft
Photo ofIntento fallido. Non desviarse!

Intento fallido. Non desviarse!

Intento de localizar camiño para A Conchada (que ten que haber!)

PictographIntersection Altitude 1,387 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 1,351 ft
Photo ofDereita, estrada

Dereita, estrada

PictographMonument Altitude 1,176 ft
Photo ofAldea A Conchada. Photo ofAldea A Conchada. Photo ofAldea A Conchada.

Aldea A Conchada.

PictographIntersection Altitude 1,200 ft
Photo ofSaída, pola dereita. Photo ofSaída, pola dereita.

Saída, pola dereita.

PictographIntersection Altitude 1,207 ft
Photo ofDereita. (Letreiros caídos).

Dereita. (Letreiros caídos).

PictographPanorama Altitude 1,093 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographIntersection Altitude 1,026 ft
Photo ofDereita, gas (opcional)

Dereita, gas (opcional)

É unha baixada moi pina. Mellor seguir o camiño.

PictographPanorama Altitude 919 ft
Photo ofViaduto

Viaduto

PictographBridge Altitude 711 ft
Photo ofViaduto AVE Photo ofViaduto AVE Photo ofViaduto AVE

Viaduto AVE

PictographBridge Altitude 348 ft
Photo ofEirasvedras Photo ofEirasvedras Photo ofEirasvedras

Eirasvedras

Muíño, ponte e núcleo rural.

PictographCar park Altitude 339 ft
Photo ofPrincipio e fin Photo ofPrincipio e fin

Principio e fin

Comments

    You can or this trail