Activity

O Barco de Valdeorras - O Castro - Mosteiro de Xagoaza

Download

Trail photos

Photo ofO Barco de Valdeorras - O Castro - Mosteiro de Xagoaza Photo ofO Barco de Valdeorras - O Castro - Mosteiro de Xagoaza Photo ofO Barco de Valdeorras - O Castro - Mosteiro de Xagoaza

Author

Trail stats

Distance
6.1 mi
Elevation gain
722 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
722 ft
Max elevation
1,611 ft
TrailRank 
45
Min elevation
1,037 ft
Trail type
Loop
Coordinates
306
Uploaded
April 12, 2012
Be the first to clap
Share

near Villoría, Galicia (España)

Viewed 4418 times, downloaded 63 times

Trail photos

Photo ofO Barco de Valdeorras - O Castro - Mosteiro de Xagoaza Photo ofO Barco de Valdeorras - O Castro - Mosteiro de Xagoaza Photo ofO Barco de Valdeorras - O Castro - Mosteiro de Xagoaza

Itinerary description

A ruta parte da Casa de Río Cigüeño (S.XVIII) onde está instalado o Centro Comarcal de Valdeorras que conta cunha exposición permanente sobre a comarca e un punto de información turística, sae do casco urbano do Barco pola zona do Chao e a Urbanización A Cerámica. No lugar do Córrego interesa parar para ver a ponte antiga sobre o regueiro Forcadela. Seguimos cara á Vila do Castro, lugar que foi capital da xurisdicción de Valdeorras na Idade Media, onde se conserva en ruína parte da torre da fortaleza (S.XIV), os pazos Casa Carballo e de Flórez (S.XVII), este último é hotel-restaurante, e excelentes vistas sobre a chaira do Barco. Neste lugar hai numerosas adegas-cova, unhas singulares construcións baixo terra para a elaboración e conservación do viño. O camiño segue por entre viñas e sobreiras ata cruzar a pista asfaltada que une O Barco con Xagoaza, dali mesmo parte un carreiro ata o río Mariñán por entre unha vexetación de frondosas e loureiros nas inmediacións da igrexa de San Miguel (S.XII) de estilo románico na ábsida e con pinturas manieristas no interior, xunto a ela o Mosteiro (S.XVIII) un antigo priorado da Orde de San Xoán de Xerusalén convertida en adega de viños da variedade godello. Seguimos pola propia finca, que é propiedade privada pero aberta ao paso, para adentrarnos na mesta vexetación autóctona que arrodea o río Mariñan ata a ponte da Acea, onde se atopan, como o seu nome indica, os restos dunha antiga acea ou muiño fariñeiro, iremos enlazar coa pista que dá acceso á canteira de caliza de Vilarica, pasamos ao pé da nova adega de Godeval, e voltamos a entrar na finca do Mosteiro ata unha fonte situada na parte de arriba da viña. Regresamos polo camiño, asfaltado e sempre entre árbores a carón do río, ata Tremiñá. Cruzamos por unha ponte a N-120 e estamos en Veigamuíños, localidade que está unida ao casco urbano do Barco. Por chegar ao punto de partida da nosa ruta por camiños máis tranquilos collemos en dirección a Veigadecabo e logo polo Chao iremos concluíndo o percorrido onde empezamos.

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,060 ft
Photo ofCasa de Rio Cigüeño - Centro Comarcal

Casa de Rio Cigüeño - Centro Comarcal

ponte do Córrego

PictographPhoto Altitude 1,293 ft
Photo ofVila do Castro Photo ofVila do Castro

Vila do Castro

PictographPhoto Altitude 1,398 ft
Photo ofMosteiro de Xagoza

Mosteiro de Xagoza

Comments

    You can or this trail