Activity

O Candán-Grobas-Fixó- Portomartín- A Trigueira-Bustelos.

Download

Author

Trail stats

Distance
14.53 mi
Elevation gain
4,058 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
4,183 ft
Max elevation
2,927 ft
TrailRank 
24
Min elevation
1,693 ft
Trail type
One Way
Time
9 hours 23 minutes
Coordinates
2188
Uploaded
June 11, 2016
Recorded
June 2016
Be the first to clap
Share

near Millerada, Galicia (España)

Viewed 1021 times, downloaded 8 times

Itinerary description

Ruta baseada en outras anteriores ideal para facer en días secos. Hai que facer algún tramo resbaladizo que fai que con chuvia non sexa moi aconsellable.
A ruta é circular porque o track parouse tarde demáis. Saíndo da carballeira de Fixó iníciase a subida hacia os eólicos. Ó chegar ó alto, no cruce de cinco camiños, tomamos á dereita para as neveiras. Pasadas éstas, seguimos ata un cortalumes que sube á esquerda ata o primeiro mirador. No mesmo mirador baixa unha escaleira de madeira hacia un mirador inferior xunto enriba de Grobas. De este mirador báixase para Grobas por un camiño empinado en medio de unha carballeira. Ó chegar ó río cóllese un sendeiro á dereita que nos leva á costa da fariña, un tramo de unhos 200m. moi empinado e con certa dificultade que remata na primeira torreta de alta tensión. Alí cóllese á esquerda por otro sendeiro que nos leva a Ameixedo (hay unha fote).
De Ameixedo tómase á esquerda por unha carballeira espectacular que nos leva a Mortomartín. Collemos por o medio do pobo e xiramos á dereita pasando por as proximidades da pequena capela con dirección a Trigueira. Aquí hai un tramo de asfalto de unhos 400m. que resulta imposible de evitar. Na área fluvial da Trigueira tomamos o refrixeirio e subimos hacia o lugar pasando por a boca de unha mina. Na Trigueira (hai fonte) baixamos por o medio do pobo e pronto xiramos á dereita ata topar coa baixada do roteiro de Zobra. Cruzamos o río por unha vella ponte de madeira e na primeira intercesión collemos á dereita (aínda que está señalizada con unha equis) Baixamos ó río e cruzamos as poldras. De seguido ven unha subida por a falda sur do monte que nos leva a un tramo de certo perigo en días de chuvia porque hai que pasar unhas pedras esbaradizas e hai pouco onde agarrarse.
Seguimos por a beira do río e, xusto ó cruzalo, seguimos río arriba ata a fervenza do Rego das Minas. Seguimos o sendeiro por un bosque de acivros e ó chegar ó camiño collemos á dereita ata o pobo de Bustelos (hai fonte) Na cima do pobo a ruta segue por un camiño do que hai que desviarse á esquerda por un sendeiro apenas visible. Seguimos por a falda da montaña vendo as carballeiras do outro lado do val ata chegar ó pobo de Grobas. De alí subimos a Devesa de Grobas ata as proximidades do primeiro mirador e seguimos de frente ata os eólicos.

Comments

    You can or this trail