Activity

[O Courel] Kilómetro Vertical con final de ruta na Seara

Download

Trail photos

Photo of[O Courel] Kilómetro Vertical con final de ruta na Seara Photo of[O Courel] Kilómetro Vertical con final de ruta na Seara Photo of[O Courel] Kilómetro Vertical con final de ruta na Seara

Author

Trail stats

Distance
7.77 mi
Elevation gain
3,451 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
1,972 ft
Max elevation
5,192 ft
TrailRank 
54
Min elevation
5,192 ft
Trail type
One Way
Time
6 hours 14 minutes
Coordinates
1786
Uploaded
November 13, 2023
Recorded
November 2023
Share

near Ferreirós de Abaixo, Galicia (España)

Viewed 28 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo of[O Courel] Kilómetro Vertical con final de ruta na Seara Photo of[O Courel] Kilómetro Vertical con final de ruta na Seara Photo of[O Courel] Kilómetro Vertical con final de ruta na Seara

Itinerary description

Iniciamos a ruta en Ferreirós de Abaixo ó lado do cartel indicativo de pedra. Desde o principio, a ruta vai xa en continuo ascenso. O primeiro tramo ata Ferreirós de Arriba transcurre en gran parte por tramos de bosque. Despois de máis de un mes chovendo a vexetación neste tramo é exuberante e o caudal de auga que baixa polo Rego da Veiga deixa estampas de extraordinaria beleza. En Ferreirós de Arriba facemos un pequeno desvío do sendeiro tradicional porque temos noticia de que o Rego do Penaboa baixa desbordado á saída do pobo e corta o camiño. Este pequeno tramo facémolo monte a través. É un pouco difícil o avance debido ó frondoso do bosque e á pendente. Enlazamos co sendeiro un pouco por riba do punto desbordado de auga. Aquí retrocedimos un pouquiño para comprobar o estado do camiño e chegamos á conclusión de que houbera sido máis rendible descalzarse e vadear o rego. Continuamos a marcha xa polo sendeiro e pronto desaparecen ás arbores para deixar paso a un terreo máis agreste donde a pendente increméntase considerablemente. Botando a vista atrás temos unha paisaxe espectacular do val salpicado por toda a gama cromática do outono.
Nesta parte do camiño todavía se aprecian os restos do incendio do ano pasado tanto en rochas como en restos vexetación alta queimados. O sendeiro está marcado por algún que outro hito e por pequenas marcas de pintura nalgunhas pedras. Superamos duas ou tres pequenas trepadas que non presentan complicación e completamos os primeiros dous km e medio da subida.
Aquí cambiou todo. Un día nublado pero calmado convertiuse en poucos minutos nun tremendo vendaval aderezado con choiva e néboa. Á forte pendente sumóuselle sobre todo un vento tolo que dificultou moito o avance. Por esta zona o sendeiro segue unha trocha perfectamente marcada na vexetación baixa.
Pouco despois do kilómetro 4 incorporámonos á cresta final do Kilómetro Vertical. Son aproximadamente 100 metros nos que hai que extremar as precaucións porque é un paso exposto e bastante aéreo. No noso caso tivemos ademais moito vento e chuvia, por non falar da néboa e por suposto un chan esvaradizo. Con esas condicións meteorolóxicas acordeime do cartel do inicio en Ferreirós de Abaixo donde sinala tamén..."ruta moi perigosa". Pouco a pouco, con calma e elevando as precaucións ó máximo cruzamos a cresta e chegamos a cima do Penaboa e ó seu miradoiro. Completado o Kilómetro Vertical cos seus 1000 metros de desnivel en pouco mais de 4 km. Non paramos moito; a néboa tapou as fantásticas vistas e seguía arreciando a choiva e o vento, así que unhos bocados para repor forzas, unhas fotos rápidas e continuamos a marcha.
Desde aquí o camiño todavía segue con un lixeiro ascenso ata aproximadamente a Campa de Murelos. Faise por unha pista forestal ancha sen ningunha complicación ata a Campa da Lucenza. Nesta parte do recorrido en principio mais anodina pola falta de vistas, a néboa regalounos estampas aderezadas de misterio e soidade para disfrutar en silencio.
Na Campa da Lucenza iniciamos o descenso propiamente dito en dirección á Lagoa da Lucenza e A Seara. O primeiro tramo ten unha forte pendente en baixada e en menos dun kilómetro lévanos ata a Lagoa da Lucenza. A paisaxe dende o alto coa lagoa chea de auga é sublime. Particularmente gústame moito mais que a vista ó pé dela.
Tras unha breve visita continuamos descendendo de novo con forte pendente ata chegar a unha pequena depresión aberta. Agora que xa tiñamos o vento e a choiva máis calmados, atopamos un pequeno obstáculo...a auga. Máis regos desbordados obrigáronnos a vadealos descalzos en duas zonas case consecutivas. A auga nalgún punto chegou a altura dos xeonllos e o frío cortante que levaba provocou varias escenas de humor; xa se sabe…a mal tempo boa cara!
Despois do vadeo e tras unha pequena costa enlazamos con outra pista forestal que tras o desvío hacia a Fervenza do Fondo da Petada (esta vez non a visitamos) foise convertendo pouco a pouco nun fermoso sendeiro. De novo a paisaxe transformouse en outono en estado puro despregando toda a gama de verdes, amarelos e ocres. Mención especial merece a paraxe da Ponte de Porto Mourelos. O Rego de Mourelos baixaba con un caudal impresionante e o entorno da ponte era digno dunha postal.
O sendeiro continua serpenteando entre zonas de bosque e desde aquí ata A Seara moi cheo de auga, obrigando a facer malabarismos en varios puntos. Neste tramo atopamos outro pequeno e simpático "obstáculo": dous cabalos plantados como esfinxes no medio e medio do camiño. Alí estivemos uns minutos mirándonos sin movernos ningún ata que Aurora despregou os seus encantos con eles e decidiron moverse e facilitarnos o paso.
Desde aquí pronto chegamos á Fervenza do Fócaro......impresionante! Nunca a viramos con semellante caudal de auga e regalounos outra bonita postal para enmarcar.
En menos de 500 metros chegamos ó final da ruta na Seara; un dos pobos máis bonitos do Courel. Sempre é un pracer camiñar polas suas rúas e admirar as casas tradicionais da zona. Ó lado do río Selmo, demos por rematada a ruta ainda que todavía continuamos kilómetro e medio máis pola carretera ata chegar ó noso campamento base na Casa das Tecedeiras en Vieiros. Aproveito aquí para enviarlles unha grandísima aperta a Saka, Paula e Xío; grandes amigos e protagonistas na longametraxe do Courel.
Disfrutamos moitísimo esta ruta. A dureza do Kilómetro Vertical aderezada polas condicións meteorolóxicas, a atmósfera misteriosa da zona alta envolta en néboa e a paisaxe de outono rodeada pola auga de regos e fervenzas no descenso ata á Seara foron unha experiencia fantástica. O Courel nunca defrauda!

IMPORTANTE: A dificultade califiqueina como difícil pola suma dos seguintes factores: tramo monte a través, pequenas trepadas, pendente do Kilómetro Vertical, paso da cresta con condicións meteorolóxicas adversas, vadeo de regos e sendeiros esvaradizos e cheos de auga. Cunhas condicións meteorolóxicas máis favorables, a dificultade creo que sería moderada.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 12,79 km / 1185 m)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,398 ft
Photo ofFerreirós de Arriba Photo ofFerreirós de Arriba Photo ofFerreirós de Arriba

Ferreirós de Arriba

PictographWaypoint Altitude 3,205 ft
Photo ofTrepada 1

Trepada 1

PictographWaypoint Altitude 3,285 ft
Photo ofTrepada 2 Photo ofTrepada 2

Trepada 2

PictographWaypoint Altitude 3,486 ft

Penas dos Aredos

PictographWaypoint Altitude 3,850 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 3,975 ft
Photo ofPena Mirador Photo ofPena Mirador Photo ofPena Mirador

Pena Mirador

PictographPanorama Altitude 4,646 ft
Photo ofCresta Photo ofCresta Photo ofCresta

Cresta

PictographPanorama Altitude 4,775 ft
Photo ofMiradoiro do Penaboa Photo ofMiradoiro do Penaboa Photo ofMiradoiro do Penaboa

Miradoiro do Penaboa

PictographWaypoint Altitude 5,122 ft
Photo ofCampa de Murelos Photo ofCampa de Murelos Photo ofCampa de Murelos

Campa de Murelos

PictographMountain pass Altitude 4,892 ft
Photo ofCampa da Lucenza

Campa da Lucenza

PictographLake Altitude 4,538 ft
Photo ofLagoa da Lucenza Photo ofLagoa da Lucenza

Lagoa da Lucenza

PictographWaypoint Altitude 4,443 ft
Photo ofVadeo Photo ofVadeo

Vadeo

PictographWaypoint Altitude 4,257 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 3,690 ft
Photo ofPonte de Porto Mourelos Photo ofPonte de Porto Mourelos Photo ofPonte de Porto Mourelos

Ponte de Porto Mourelos

PictographWaterfall Altitude 3,406 ft
Photo ofFervenza do Fócaro Photo ofFervenza do Fócaro Photo ofFervenza do Fócaro

Fervenza do Fócaro

PictographWaypoint Altitude 3,350 ft
Photo ofA Seara Photo ofA Seara Photo ofA Seara

A Seara

Comments

    You can or this trail