O INCIO. PR-G 225 Ruta do Ferro
near Trascastro, Galicia (España)
Viewed 389 times, downloaded 8 times
Trail photos
Itinerary description
Ruta organizada pola Asociación de Amigos de Santiago da Provincia de Lugo
Ollo!! Fixemos algunha variación sobre a ruta orixinal para non coller asfalto.
Trátase dunha ruta duns 12,6 kilómetros, que se desenvolve entre A Ferrería e Biduedo. É unha ruta na que poderemos admira-lo contraste entre a dureza e austeridade dos montes e a dozura dos vales. En poucos kilómetros de percorrido teremos descuberto especies florais de distintas influencias climáticas e multitude de antigas minas de ferro.
Unha pista de terra corre paralela ó sendeiro polo que camiñaremos. Comezamos en A Ferrería, kilómetro 0 desta ruta. Cando levemos un kilómetro e medio camiñado atoparemos á nosa esquerda a fonte das augas de Balneario, de 1884. Seguimos a camiñar, deixando ó noso paso fermosas paisaxes e multitude de especies autóctonas. No kilómetro 5, á esquerda, encóntrase a primeira mina: MINA DO BOUZALLO DE SAN MIGUEL, fronte un miradoiro á nosa dereita, o de Pena Escrita, dende o que poderemos contemplar e fotografar as marabillas naturais desta comarca. 300 metros máis adiante, á esquerda, a segunda mina, MINA DO COUSO, a carón da fonte do mesmo nome. Seguimos camiñando, e no kilómetro 6 está a MINA DE FONTE BARROSA (derradeira mina explotada nesta zona). Apenas avanzados 100 metros está a Mina da Tinta. No kilómetro 6,7, a MINA DE AVIÓN, e un pouco máis adiante, no kilómetro 7,2, encóntrase outro fermoso miradoiro, o de Pena do Chao, situado no Monte de Santa Bárbara, dende o que se divisa unha magnífica panorámica. A partir deste punto comeza un tramo da ruta no que non atoparemos outra mina ata o final de percorrido. Será neste punto final, no kilómetro 12,6, onde admiraremos á nosa esquerda a derradeira destas minas de explotación do Ferro, a chamada COVA DAS CHOLAS.

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments