Activity

O trevo de Pontebora (Senda do Lérez-Ponte colgante-Pozas do Almofrei)

Download

Author

Trail stats

Distance
17.55 mi
Elevation gain
1,201 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,201 ft
Max elevation
456 ft
TrailRank 
20
Min elevation
30 ft
Trail type
Loop
Coordinates
424
Uploaded
June 17, 2018
Recorded
June 2018
Be the first to clap
Share

near Tombo, Galicia (España)

Viewed 141 times, downloaded 6 times

Itinerary description

Tomamos como punto de partida as inmediacións da ITV de Pontebora e a partir de ahí faremos as tres follas de un trevo que recorrerá as beiras do río Lérez e Almofrei. Este diseño permite que, ó pasar por Pontebora en dúas ocasións, se podan facer tres tipos de percorridos.

O tramo da senda do Lérez está consolidado xa dende fai anos e non ten a menor dificultade e que cando pasemos por Pontebora completaríamos a primeira folla do trevo con un percorrido de 9 kilómetros.

O tramo que sube río arriba por a marxe esquerda dende Pontebora ata o LIC do río Lérez está pouco transitado e con exuberante vexetación, especialmente na primavera, por o que é recomendable levar roupa larga.
Unha vez chegados a Praia-Merendeiro de Calvelo, temos dúas opcións. A máis doada continúa por a estrada que ascende á dereita e nos leva por un curto tramo asfaltado ata unha intercesión á esquerda por a que baixaremos á Ponte colgante.
No noso caso continuamos pegados ó río por un curto tramo un pouco máis técnico e verdadeiramente salvaxe que nos levará xusto á Ponte colgante. Este tramo está menos definido por ser pouco utilizado. É moi útil seguir o track pero tampouco ten perda.
Despois de cruzar a Ponte colgante, na parte de arriba, atopamos tamén bonitos areais nos que darse un baño. O regreso de este tramo faise por unha zona máis alta na que, en días calurosos, pode apretar o sol. Chegados de novo a Pontebora, completaríamos a segunda folla do trevo con un percorrido de 20 kilómetros.

A terceira folla do trevo que completaría o percorrido de 28 kilómetros, farémola por o río Almofrei pasando por os pasos do río e visitando as famosas pozas. Os pasos carecen de algunha pedra, por o que, en tempos chuviosos, hai que cerciorarse de que o río non baixa con demasiado caudal para poder atraversar o río.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 90 ft

Ponte colgante

PictographWaypoint Altitude 53 ft

Área recreativa

PictographWaypoint Altitude 28 ft

Balneario

PictographWaypoint Altitude 45 ft

Poldras

PictographWaypoint Altitude 184 ft

Pozas

Comments

    You can or this trail