Activity

Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas. PR-G 213

Download

Trail photos

Photo ofOs Bosques Máxicos de Castro Caldelas. PR-G 213 Photo ofOs Bosques Máxicos de Castro Caldelas. PR-G 213 Photo ofOs Bosques Máxicos de Castro Caldelas. PR-G 213

Author

Trail stats

Distance
13.46 mi
Elevation gain
2,415 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,415 ft
Max elevation
2,727 ft
TrailRank 
75 5
Min elevation
2,727 ft
Trail type
Loop
Coordinates
2127
Uploaded
November 21, 2017
Recorded
November 2017
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
4 comments
Share

near Castro Caldelas, Galicia (España)

Viewed 21084 times, downloaded 235 times

Trail photos

Photo ofOs Bosques Máxicos de Castro Caldelas. PR-G 213 Photo ofOs Bosques Máxicos de Castro Caldelas. PR-G 213 Photo ofOs Bosques Máxicos de Castro Caldelas. PR-G 213

Itinerary description

Castro Caldelas conserva coma unha alfaia os seus bosques de carballos e castiñeiros que nós teremos a ocasión de coñecer neste roteiro ideado polo establecemento vegano de turismo rural Caserío da Castiñeira e promovido polo concello caldelano. A nosa andaina levarános polo maravilloso souto da parroquia de Poboeiros, polas ribeiras do río Edo cos seus muíños e asemesmo ao carón de monumentos testumuñas do medievo como son os mosteiros de San Paio de Abeleda e San Xoán de Camba, sen esquecer o impoñente castelo no centro urbano de Castro Caldelas, de onde parten os dous aneis (16 e 5 Km) que conforman o percorrido do sendeiro.

Dos panéis informativos chantados ao longo do traxecto, entresacamos:

-Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas

Un dos maiores atractivos de Castro Caldelas é a súa paisaxe: prados, viñedos, soutos e bosques que achegan biodiversidade e abasteceron aos seus habitantes durante séculos nunha economía de subsistencia. Aquí, a auga en diferentes formas (fontes, ríos, fervenzas ou augas minero-medicinais) flúe por tódalas partes, e adquire un protagonismo vital ao longo do percorrido.

Esta ruta intérnate nestas paisaxes cheas de vida, e dache a coñecer o patrimonio etnográfico que creceu unido a eles: corredoiras, muíños, arquitectura relixiosa e antigas construcións de uso rural.

-O souto de Poboeiros

O castiñeiro é unha árbore autóctona en Galicia, e sábese que os seus froitos xa se colleitaban polos pobos prehistóricos. O seu cultivo introduciuse máis tarde polos romanos, e durante xeracións supuxo unha subministración vital de alimento para persoas e animais, e de madeira de gran calidade para a construcción de casas e apeiros de labranza.

Un souto é unha plantación de castiñeiros, e no de Poboeiros hainos centenarios e de gran porte. entre eles crecen tamén carballos, dos que se obtiña leña como combustible e landras como alimento para animais.

-Ribeiras do río Edo (Ruta dos Muíños. É un treito do anel curto)

As ribeiras do río acompañannos nun agradable paseo que comeza na área fluvial de Ponte das Táboas. Ao longo da senda pódense ver outras xoias do patrimonio etnográfico, como o muíño de A Costa do Vao, ou disfrutar da vexetación que forma un bosque de ribeira e da fauna que habita o mesmo

-Mosteiro de San Paio de Abeleda

Construido no século XII, foi en tempos un dos máis importantes da Ribeira Sacra, pero o seu abandono trala Desamortización de Mendizábal (século XIX) e os espolios no século XX levárono ao estado de ruína actual. Despois do abandono do mosteiro a igrexa seguiu sendo parroquia, ata que o despoboamento propiciou o peche en 1972.

A igrexa é unha construción dunha soa nave e tres corpos. Foi reformada no século XIV, pero aínda conserva elementos románicos orixinais. Garda no seu interior capiteis policromados con flores e monstruosas quimeras. O claustro e as dependencias monacais resistiron ao tempo aínda menos que a igrexa, e áchanse moi deteriorados.

-Igrexa de Santa Tegra de Abeleda

Este templo con arcos de medio punto data do século XVIII. No seu interior alberga tres fermosos retablos e a imaxe da Virxe da Luz, en cuxa honra se celebra o primeiro domingo de agosto unha vistosa romaría. Nela destaca a Danza das Cocas, de orixe ancestral e chea de colorido, na que oito Danzantes e unha parella de xigantes coñecidos como As Cocas bailan ao son das gaitas.

-Reitoral de Poboeiros

Poboeiros é unha aldea cun amplo pasado (xa mencionada en documentos do século XIII), dedicada históricamente a agricultura e á gandería. Entre as súas casas destacaba a reitoral, de mellor manufactura que o resto, signo do poder da Igrexa ao longo dos séculos sobre campesiños e labregos. A pesar do seu abandono para mediados do século XX e do seu estado ruinoso actual, aínda hoxe pode albiscarse o antigo poderío da súa estrutura.

A igrexa de Poboeiros é pequena e sinxela. Na fachada aparece labrada a inscrición "ESTA IGLESIA ES REFUGIO SAGRADO", de modo que, segundo o antigo dereito de asilo en sagrado, os perseguidos pola xustiza podían acollerse a súa protección.

-Igrexa de San Xoán de Camba

Durante longo tempo foi unha importante abadía e Real Mosteiro dúplice, cunha comunidade de homes e outra de mulleres. A súa fundación no século X foi obra de Diego I, bispo de Ourense. Desta primitiva construción visigótica só se conservan tres pezas: unha xanela xerminada e dous relevos dos séculos X e XI (unha adoración e unha flaxelación), gardados no Museo Arqueolóxico de Ourense.

A igrexa actual, bastante máis recente, atesoura algunhas pezas artísticas de gran valor. A súa gran torre data de 1779, pero conta cunha sancristía subterránea sen dúbida máis antiga. Aquí apareceron varios sartegos antropoides con moedas de Constantino o Grande (século IV) no seu interior, o que dá conta dos séculos de historia neste lugar.

View more external

Waypoints

PictographPhoto Altitude 1,419 ft
Photo ofA Touza Photo ofA Touza Photo ofA Touza

A Touza

Lugar no concello de Castro Caldelas.

PictographPicnic Altitude 2,468 ft
Photo ofArea lecer

Area lecer

Área recreativa en Castro Caldelas.

PictographPicnic Altitude 2,293 ft
Photo ofArea lecer Ponte Taboas Photo ofArea lecer Ponte Taboas Photo ofArea lecer Ponte Taboas

Area lecer Ponte Taboas

Área recreativa as beiras do río Edo.

PictographPhoto Altitude 1,602 ft
Photo ofCamiño Photo ofCamiño

Camiño

Camiño por medio do bosque no lugar de O Sabugueiro.

PictographReligious site Altitude 2,362 ft
Photo ofCapela San Amaro Photo ofCapela San Amaro

Capela San Amaro

Ermida en Vilaverde, Castro Caldelas.

PictographPhoto Altitude 2,255 ft
Photo ofCastomas Photo ofCastomas

Castomas

Lugar de Castomás, na parroquia de Poboeiros.

PictographCastle Altitude 2,584 ft
Photo ofCastro Caldelas Photo ofCastro Caldelas Photo ofCastro Caldelas

Castro Caldelas

Concello na provincia de Ourense.

PictographPhoto Altitude 2,341 ft
Photo ofCorredoira 1 Photo ofCorredoira 1

Corredoira 1

Congostra entre Castro Caldelas e Vilaverde.

PictographPhoto Altitude 2,003 ft
Photo ofCorredoira 2

Corredoira 2

Congostra en Vilaverde.

PictographPhoto Altitude 1,266 ft
Photo ofCorredoira 3

Corredoira 3

Congostra en Soutelo.

PictographPhoto Altitude 1,385 ft
Photo ofCorredoira 4 Photo ofCorredoira 4 Photo ofCorredoira 4

Corredoira 4

Congostra n´A Touza.

PictographPhoto Altitude 2,213 ft
Photo ofCorredoira 5 Photo ofCorredoira 5

Corredoira 5

Congostra no lugar de Castomás, na parroquia de Poboeiros.

PictographPhoto Altitude 2,345 ft
Photo ofCorredoira 6 Photo ofCorredoira 6 Photo ofCorredoira 6

Corredoira 6

Congostra en Ponte Táboas.

PictographFountain Altitude 2,605 ft
Photo ofFonte

Fonte

Fonte de auga potable no casco urbano de Castro Caldelas.

PictographFountain Altitude 1,465 ft
Photo ofFonte O Sabugueiro

Fonte O Sabugueiro

Fonte de auga potable no lugar de O Sabugueiro.

PictographReligious site Altitude 2,260 ft
Photo ofIgrexa San Xoan de Poboeiros Photo ofIgrexa San Xoan de Poboeiros Photo ofIgrexa San Xoan de Poboeiros

Igrexa San Xoan de Poboeiros

Igrexa parroquial de Poboeiros, Castro Caldelas.

PictographReligious site Altitude 1,469 ft
Photo ofIgrexa Santa Tegra

Igrexa Santa Tegra

Igrexa de Santa Tegra de Abeleda, do século XVIII.

PictographReligious site Altitude 1,383 ft
Photo ofMosteiro de San Paio Photo ofMosteiro de San Paio Photo ofMosteiro de San Paio

Mosteiro de San Paio

Mosteiro do século XII, que foi en tempos un dos máis importantes da Ribeira Sacra.

PictographReligious site Altitude 2,540 ft
Photo ofMosteiro San Xoan Camba Photo ofMosteiro San Xoan Camba Photo ofMosteiro San Xoan Camba

Mosteiro San Xoan Camba

Mosteiro fundado no século X, con igrexa máis recente.

PictographRuins Altitude 2,283 ft
Photo ofMuiño Photo ofMuiño

Muiño

Muíño hidráulico no río Edo.

PictographRuins Altitude 1,226 ft
Photo ofMuiño de Caneiro

Muiño de Caneiro

Muíño hidráulico no río Edo.

PictographPhoto Altitude 2,239 ft
Photo ofMuiño do Laberco Photo ofMuiño do Laberco Photo ofMuiño do Laberco

Muiño do Laberco

Muíño hidráulico no río Edo.

PictographRuins Altitude 2,263 ft
Photo ofMuiño do Vao Photo ofMuiño do Vao Photo ofMuiño do Vao

Muiño do Vao

Muíño hidráulico no río Edo.

PictographPhoto Altitude 1,438 ft
Photo ofO Couto

O Couto

Lugar de Castro Caldelas. Ten unha Casa Grande.

PictographPhoto Altitude 1,263 ft
Photo ofO Rio Photo ofO Rio Photo ofO Rio

O Rio

Lugar en Castro Caldelas.

PictographPhoto Altitude 1,451 ft
Photo ofO Sabugueiro Photo ofO Sabugueiro Photo ofO Sabugueiro

O Sabugueiro

Lugar en Castro Caldelas.

PictographPhoto Altitude 2,272 ft
Photo ofPoboeiros Photo ofPoboeiros Photo ofPoboeiros

Poboeiros

Parroquia do concello de Castro Caldelas.

PictographBridge Altitude 1,222 ft
Photo ofPonte

Ponte

Ponte sobre o río Edo.

PictographBridge Altitude 1,238 ft
Photo ofPonte medieval Photo ofPonte medieval

Ponte medieval

Ponte medieval sobre o rego de Porto ou do Batán, entre A Touza e o lugar de O Río.

PictographBridge Altitude 1,217 ft
Photo ofPontella 1

Pontella 1

Pontillón sobre o rego Sanxurxo.

PictographBridge Altitude 2,263 ft
Photo ofPontella 2

Pontella 2

Pontillón sobre o río Edo.

PictographPhoto Altitude 2,627 ft
Photo ofPrados Photo ofPrados Photo ofPrados

Prados

Pradaríos ao sur do casco urbano de Castro Caldelas.

PictographRiver Altitude 1,976 ft
Photo ofRego Barreal

Rego Barreal

Pequeno regueiro afluente do río Sanxurxo.

PictographRiver Altitude 1,969 ft
Photo ofRego do Porto

Rego do Porto

Rego do Porto ou do Batán. Afluente do río Edo.

PictographReligious site Altitude 2,261 ft
Photo ofReitoral Poboeiros Photo ofReitoral Poboeiros Photo ofReitoral Poboeiros

Reitoral Poboeiros

Casa reitoral de Poboeiros.

PictographRiver Altitude 2,232 ft
Photo ofRio Edo Photo ofRio Edo Photo ofRio Edo

Rio Edo

Río que atravesa Castro Caldelas e desemboca no Sil.

PictographRuins Altitude 2,433 ft
Photo ofRuinas Entrambasaguas Photo ofRuinas Entrambasaguas

Ruinas Entrambasaguas

Aldea abandonada en Castro Caldelas.

PictographPhoto Altitude 2,543 ft
Photo ofRuta dos Muiños Photo ofRuta dos Muiños

Ruta dos Muiños

Ruta dos Muíños de Castro Caldelas. Agora forma parte do Sendeiro Os Bosques Máxicos.

PictographPhoto Altitude 2,252 ft
Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro Photo ofSendeiro

Sendeiro

Carreiro de pescadoras polas beiras do río Edo.

PictographPhoto Altitude 1,352 ft
Photo ofSoutelo

Soutelo

Lugar de Castro Caldelas.

PictographTree Altitude 2,040 ft
Photo ofSouto Photo ofSouto

Souto

Bosque de castiñeiros.

PictographTree Altitude 2,077 ft
Photo ofSouto Poboeiros 1 Photo ofSouto Poboeiros 1 Photo ofSouto Poboeiros 1

Souto Poboeiros 1

Importante bosque de castiñeiros en Poboeiros, Castro Caldelas.

PictographTree Altitude 2,253 ft
Photo ofSouto Poboeiros 2 Photo ofSouto Poboeiros 2

Souto Poboeiros 2

Importante bosque de castiñeiros en Poboeiros, Castro Caldelas.

PictographPhoto Altitude 2,301 ft
Photo ofVilaverde Photo ofVilaverde

Vilaverde

Lugar de Castro Caldelas.

Comments  (4)

  • Photo of caseriodacastineira
    caseriodacastineira Dec 1, 2017

    muy bien documentada!!! ,muchas gracias por venir y por compartir tus comentarios y tus fotos
    Un saludo!

  • Photo of jesussimon
    jesussimon Dec 1, 2017

    Gracias a ti, Manuel, por ser o artífice deste roteiro.

  • Alf9969 Jul 10, 2018

    No la hicimos completa, nos faltó la parte final tras pasar de vuelta por el pueblo, por falta de tiempo.
    La ruta es preciosa y está perfectamente indicada, el trabajo de conservación de la misma es muy bueno; la información aportada por jesussimon muy abundante e interesante.
    Nosotros la hemos hecho en verano (julio) y comenzamos muy tarde (casi las 10:30) por lo que los insectos han resultado un poco molestos, sobre todo durante la segunda mitad; pero el hecho de que la mayor parte del recorrido sea en zona arbolada hace que sea una ruta ideal para el verano (eso sí, comenzando más temprano, sobre las 08:00).
    En cualquier caso, y considerando el tipo de bosque que se recorre, realizar la ruta en otoño debe ser un escándalo, aunque habrá que contar con encontrar bastantes zonas embarradas, lo que no supondrá ningún problema llevando el calzado adecuado.
    Enhorabuena a los responsables de la ruta y gracias por subirla.

  • Photo of SOLO PARA MI
    SOLO PARA MI Aug 26, 2018

    I have followed this trail  verified  View more

    ESPECIALMENTE ESPECTACULAR

You can or this trail