Os Camiños de Muxía
near Mugia, Galicia (España)
Viewed 5068 times, downloaded 204 times
Trail photos
Itinerary description
Pasado Olveiroa o Camiño bifúrcase na aldea de Hospital, a ruta máis ao norte, que pasa por Dumbría, leva a Muxía, ao Santuario de A Virxe de A Barca. Se en Hospital collemos cara a esquerda, a senda xacobea lévanos por Cee e Corcubión para rematar en Fisterra.
Amais existe a ruta que une Muxía con Fisterra, pechándose o triangulo.
Este roteiro proposto pola contorna de Muxía transcorre primeiro polo Camiño que chega a Muxía desde Dumbría e ao chegar a igrexa románica de San Xiao de Moraime afástase (con un chisco de asfalto) procurando o treito que conecta Muxía con Fisterra, pasando por Xurarantes. Deseguido abandonamos os Camiños para subir ata o Facho de Louredo, onde gozaredes dunhas engaloiantes vistas panorámicas con Muxía aos pés e enxergando ao lonxe o faro de Cabo Vilán.
Baixamos ata a praia de Louredo e, costeando no posible, poñémonos no santuario mariano de A Virxe de A Barca arrodeado de senlleiras pedras cargadas de rituais máxicos.
Waypoints
Camiño da Pel
Antigo camino de chegada ao santuario de A Virxe de A Barca. Por mor da peste o Camiño Real estaba prohibido aos peregrinos.
Camiño de Santiago
Camiño Xacobeo que partindo da aldea de Hospital, en Olveiroa, pasa por Dumbría e acaba en Muxía.
Comezo
Inicio do percorrido no aparcadoiro situado a entrada de Muxía, por riba da praia da Cruz.
Facho de Lourido
Mirador situado en Lourido, Muxía, con abraiantes vistas sobre a Costa da Morte. Antigamente aquí prendianse os fachos para orientar aos navegantes ou avisar da chegada de piratas.
Pedra dos Cadris
Rocha cunha oquedade inferior pola que pasan as personas para facer un ritual.
Praia de Espiñeirido
Praia preto do centro de Muxía. Por ela pasa o Camiño de Santiago.
San Xiao de Moraime
Parroquia de Muxía cunha importante igrexa románica. Por aquí pasa o Camiño de Santiago.
Vistas
Vistas panorámicas desde Lourido sobre Muxía e Cabo Vilán, na Costa da Morte.
You can add a comment or review this trail
Comments