Activity

Os Carranos - Serra do Suido 19/10/2014 CDF

Download

Trail photos

Photo ofOs Carranos - Serra do Suido  19/10/2014 CDF

Author

Trail stats

Distance
12.06 mi
Elevation gain
2,707 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,707 ft
Max elevation
2,888 ft
TrailRank 
33
Min elevation
2,888 ft
Trail type
Loop
Coordinates
3108
Uploaded
October 21, 2015
Recorded
October 2015
Be the first to clap
Share

near Fofe, Galicia (España)

Viewed 1050 times, downloaded 22 times

Trail photos

Photo ofOs Carranos - Serra do Suido  19/10/2014 CDF

Itinerary description

OS CARRANOS SERRA DO SUIDO
19 de Outubro de 2014

Guias: Maví e Matilde

Saída 9:00 Fontiñas - 9:15P.Vigo
Comezo: Maceira
Remate: Maceira
Percorrido: 19 km

Esta ruta empeza e acaba pola beira do río Tea, despois de pasar pola Serra do Suído. Principiamos na praia fluvial da parroquia de Maceira (concello de Covelo). Unha vez que deixamos a área recreativa, collemos o PR-G95. Empezamos a camiñada por corredoiras das de antes, e chegamos ao SERRADOIRO DOS CARRANOS. E é ben curioso, porque as augas do rego non movían o rodicio dun muíño, senón a nora dunha serra, que cortaba as madeiras para facer os carros, de aí o seu nome. Hai tamén un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa, un segundo almacén e un forno. Logo de ver todo isto, achegámonos á beira do RÍO TEA. Imos ao seu carón, vendo as súas limpas augas e as árbores típicas de ribeira. Atopamos unha ponte medieval moi bonita, é a PONTE MEDIEVAL DE FOFE. Pasámola e metémonos outra vez en fermosas corredoiras que nos levan ata Fofe, onde está a casa rural Reitoral de Fofe. Deixamos a ruta sinalizada dos Carranos e entramos na SERRA DO SUÍDO. Teremos boas vistas: á nosa dereita albiscaremos por onde vai o Tea, e á nosa esquerda temos a serra. Nesta, veremos vacas e cabalos ceibos, se non os baixaron xa ás cortes das aldeas. A vexetación que hai son toxos, uces, xestas. Ímonos achegando ao punto máis alto da andaina, que coincide cun vértice xeodésico. A partires de aquí xa todo será baixada. Primeiro ata a POZA DO PIÑEIRO, que é unha presa grande que fixeron os veciños da parroquia de Piñeiro, para regar as súas terras no verán. Agora, esta estrutura artificial é unha zona húmida ben integrada na paisaxe, con bidueiros e salgueiros nas súas beiras, e nos arredores piñeiros e piornos. Despois de atravesar a estrada PO-255 metémonos entre piñeiros por bos camiños, para volver outra vez ao lado do RÍO TEA. Mais agora non imos ao seu carón, senón un pouco máis arriba, polo que apreciamos o canón que forma nesta zona. E rematamos na área recreativa.

Comments

    You can or this trail