Activity

Os Coruxos - Fraga do Real - Camiño do Forestal - Penas do Seixo - Alto do Cabaleiro - Mámoas de Pena Corval - Os Coruxos

Download

Author

Trail stats

Distance
5.87 mi
Elevation gain
801 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
801 ft
Max elevation
2,927 ft
TrailRank 
21
Min elevation
2,133 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 26 minutes
Coordinates
1258
Uploaded
October 22, 2023
Recorded
June 2023
Share

near Silán, Galicia (España)

Viewed 14 times, downloaded 1 times

Itinerary description

Esta ruta foi deseñada para dar un paseo matutino e despois xantar en algún dos restaurantes do Viveiró(n). Son nove quilómetros con un desnivel de 250 metros.
A ruta pasa por fragas, regos, plantacións de piñeiro, turbeiras de cobertor, xacementos megalíticos e, sobre todo, espazos libres de eólicos, aínda que rodeados por eles. Si o tempo o permite as vistas son espectaculares desde o alto do Cabaleiro ou nas Penas do Seixo, localizadas na beira alta do circo glacial do val da Furna, con os picos do Cadramón, Sameón. Cochón, Pico Pequeno e Fontao.
Achegarémonos ao lugar dos Coruxos, o aparcamento ten espazo para varios coches e está situado antes de chegar ao mencionado lugar.
Unha vez alí comezaremos camiñando polo lugar dos Coruxos, continuando polo camiño dos Coruxos que vai paralelo ao rego do mesmo nome, ao pouco atoparémonos cunha fonte.
(A 650 m. do comezo atopamos un camiño que baixa a dereita, se valoramos a posibilidade de volver por el, aconséllovos baixar a mirar a pasada que hai para atravesalo á volta.)
Unha vez de volta, seguimos polo camiño até a ponte que vadea o rego, mesmo ao pasala, xiramos por un carreiro á dereita, continuando polo mesmo, paralelo ao rego, até chegar ao punto de paso marcado na ruta.
Neste punto xiramos cara á esquerda subindo pola fraga até o seguinte punto de paso, non hai carreiro claro, mais hainos feitos polos animais.
Unha vez no camiño, seguímolo pasando polos puntos marcados até chegar ao monte de piñeiros. Nun tempo por onde marca a ruta había un camiño, intúese mais que nada. Seguimos subindo até ir rematando os piñeiros, atopando, agora si, o camiño máis marcado.
Este camiño chámanlle o Camiño do Forestal e foi construído (valía para andar a pé ou a cabalo) nos primeiros sesentas do século pasado, comunicaba Os Coruxos , pasando polas Penas do Seixo, abas do Sameón e Cadramón con as Folgueiras no Cadramón.
Camiñamos por el até as Penas do Seixo,.lévanos a ruta até aquí para admirar a beleza do val da Furna, rodeado polos picos Cadramón, Sameón, Cochón, Pico Pequeno e Fontao.
Volvemos polos nosos pasos até o próximo punto de paso, aquí hai dúas opcións, ou seguimos polos nosos pasos, volvendo polo Camiño do Forestal (hai que seguilo, non ten perda) até o punto de paso chamado “Arcas da Pena do Seixo” ou xiramos á dereita para facer cume no Alto do Cabaleiro, seguindo esta ruta, por aquí non hai camiño claro, mais é seguir a ruta. Neste alto hai moi boas vistas. Continuamos pola ruta (sen camiño claro) até o próximo punto de paso (Arcas da Pena do Seixo).
As arcas (mámoas, túmulos) son dúas... Está sen marcar, atopádeas!. Desde aquí tamén tedes dúas opcións, ou seguides a ruta até o próximo punto de paso, por camiño claro, ou subides monte arriba a Pena do Seixo (ese monte que ten no pico unhas penas) e baixades , sempre monte a través ate o próximo punto de paso.
Seguimos polo camiño até “ Mámoas de Pena Corval”, conxunto megalítico de dez mámoas, claramente veredes unha...
De vota chegaremos até a próxima intersección de camiños, si colledes o da dereita que baixa, iredes ao rego dos Coruxos, tendo que cruzalo pola pasada que mirastes ao comezo. (Alternativa sen ponte (Pasada do Rego dos Coruxos). Variante da ruta Os Coruxos -...-...Penas do Seixo-...- Os Coruxos)
Se continuades de fronte seguindo esta ruta, ao pouco teredes unha bifurcación, continuade pola dereita. Este camiño é nítido. Máis adiante, cando comecedes a baixar, atópase case sempre moi encharcado, continuade baixando até atoparvos co camiño dos Coruxos, xirade nel á dereita e xa estades na ponte de pola mañá.
Continuade pola camiño até Os Coruxos e o aparcamento, rematando a ruta, a xantar!
Nota: Punto de paso = Waypoint = Puntos de interés

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,135 ft

Aparcamento.

Aquí deixades os coches. Tedes para tres ou catro sen problema.

PictographFountain Altitude 2,150 ft

Fonte

Non sei da súa potabilidade.

PictographPavement ends Altitude 2,135 ft

Saída/Remate

Aparcamento do lugar dos Coruxos.

PictographBridge Altitude 2,161 ft

Ponte

Despois da ponte, meterse á dereita, seguir a ruta marcada até o próximo punto de paso marcado desta ruta.

PictographIntersection Altitude 2,234 ft

Subir cara o monte.

Neste punto tedes que buscar camiños de animais, xirando á esquerda cara o monte, buscando o próximo punto de paso desta ruta.

PictographWaypoint Altitude 2,247 ft

Camiño

Aquí tedes o camiño, seguide por el até o próximo punto de paso desta ruta.

PictographWaypoint Altitude 2,249 ft

Camiño

Seguimos polo camiño até o próximo punto de paso desta ruta.

PictographWaypoint Altitude 2,326 ft

Ollo co carreiro!

Cando remata o camiño tedes que seguir carreiros de animais, Houbo un camiño antiguo, mais pouco se percibe del. Pasades pola esquerda dese outeiro tan curioso, ou subide a el se vos apetece. O importante é chegar ao próximo punto de paso sesta ruta.

PictographWaypoint Altitude 2,393 ft

Monte de piñeiro

Xa estades no monte de piñeiro, en algún tempo houbo un camiño, algo se nota... seguideo monte arriba.

PictographIntersection Altitude 2,527 ft

Xiro á dereita.

Neste punto xirades á dereita, intuese o camiño feito nos primeiros anos sesentas do século pasado, chámanlle o camiño do Forestal. Tedes que seguilo até as Penas do Seixo.

PictographPanorama Altitude 2,740 ft

Penas do Seixo.

Achégovos aquí para que vos asomedes ao balcón das fragas da Furna. Buscade o lugar onde poidades ver ben esta fermosura de val. Os picos que o rodean son: de fronte e con eólico no pico, O Cadramón, a dereita e coa súa aba case nos vosos pés, O Sameón. A vosa esquerda, e case tocándoo, tedes O Cochón, seguido polo O Pico Pequeno e O Fontao.

PictographIntersection Altitude 2,788 ft

Subide ao monte!

A este punto volvedes despois de asomarvos ao Val da Furna. Deixades o camiño do Forestal e subides ao Pico do Cabaleiro, non hai camiño marcado, seguide carreiros dos animais. Continuar até o próximo punto de paso desta ruta.

PictographSummit Altitude 2,930 ft

Alto do Cabaleiro.

A esquera, segundo a marcha da ruta, vedes o monte Xistral con edificio de telecomunicacións no cumio.

Arcas da Pena do Seixo

Aquí podedes observar dous túmulos megaliticos. Non están sinalizadas así que a ver se as atopades, son dúas. A partir daquí tedes dúas opcións, ou seguir a ruta até o próximo punto de paso, ou subir ao monte da Pena do Seixo ( é o monte que ten penas no cúmio) ao voso xeito e baixar pola outra cara até o próximo punto de paso desta rurta. As vistas, tanto se subides como si seguides a ruta son boas, vese até a ría de Viveiro...

PictographIntersection Altitude 2,435 ft

Xirar á esquerda.

Mámoas da Pena Corval

Nesta zona están catalogades dez mámoas. Neste punto veredes unha, cos esteoas ao ar. É moi dificil ver as demais.... Volcede até o próximo punto de paso.

PictographIntersection Altitude 2,292 ft

Cruce de camiños.

Ao volver das mámoas continuar de fronte. Este camiño está moi encharcado.... Seguide o camiño e o trazado da ruta até chegar á ponte do rego dos Coruxos e voltade polo camiño até o lugar dos Coruxos. Pódese atallar seguindo o camiño que sae a dereita e baixa polo medio dunha fraga ao rego dos Coruxos, mais para atravesar o rego tedes unha pasada (pedras que sobresaen do leito do rego) dependerá do caudal para que cheguedes enxoitos a outra beira... Dalí até a pista hai unha costa de 50 metros e xa estariades case no lugar dos Coruxos.

Comments

    You can or this trail