Activity

OS DIAS OLVIDADOS. Ruta Eusebio Lorenzo Baleirón

Download

Trail photos

Photo ofOS DIAS OLVIDADOS. Ruta Eusebio Lorenzo Baleirón Photo ofOS DIAS OLVIDADOS. Ruta Eusebio Lorenzo Baleirón Photo ofOS DIAS OLVIDADOS. Ruta Eusebio Lorenzo Baleirón

Author

Trail stats

Distance
5.91 mi
Elevation gain
394 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
394 ft
Max elevation
229 ft
TrailRank 
71 5
Min elevation
-19 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 49 minutes
Time
3 hours 7 minutes
Coordinates
1726
Uploaded
October 2, 2019
Recorded
October 2019
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Barcala, Galicia (España)

Viewed 2634 times, downloaded 22 times

Trail photos

Photo ofOS DIAS OLVIDADOS. Ruta Eusebio Lorenzo Baleirón Photo ofOS DIAS OLVIDADOS. Ruta Eusebio Lorenzo Baleirón Photo ofOS DIAS OLVIDADOS. Ruta Eusebio Lorenzo Baleirón

Itinerary description

Percorre os lugares nos que viviu o poeta Eusebio Lorenzo Baleirón (1962-1986).
En vida deixou publicados os poemarios “Os días olvidados” e “O Corpo e as sombras”, e o “Libro das viaxes e dos soños”. Postumamente viu a luz “A morte presentida”, o derradeiro conxunto de poemas. No ano 2016 foi proposto para Día das Letras Galegas.

Waypoints

PictographPhoto Altitude 37 ft
Photo ofInicio Photo ofInicio

Inicio

CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN Había aquí leiras de millo ás que íamos sachar polos veráns e un bosque de abeláns. Aínda quedan algunhas. Tamén houbo no lugar durante a Idade Media un pazo que foi dos Soutomaior, descendentes de Paio Gómez Chariño, señor destas terras que pertenceron a Rianxo ata o século XIX. Chámase aínda hoxe O Pazo e se remexemos nos arrós atopamos as tellas da edificación. No salón de actos do centro entrégase o “Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón”.

PictographPhoto Altitude 89 ft
Photo ofCruceiro de Gradín

Cruceiro de Gradín

PictographPhoto Altitude 65 ft
Photo ofLavadoiro de Tarrío

Lavadoiro de Tarrío

PictographMonument Altitude 75 ft
Photo ofA casa de Eusebio Photo ofA casa de Eusebio

A casa de Eusebio

CASA DE TARRÍO Aquí naceu Eusebio o 25 de xaneiro de 1962. Morreu nesta casa o 14 de decembro de 1986. A Asociación de Escritores en Lingua Galega colocou unha placa na fachada como homenaxe ao poeta. A aldea aparece nos seus versos “Mal coñecín a sombra dos meus pasos,/ lugares nun relanzo onde medrar a hedra/ abeirado da chuva do tarrío con néboa”. Velaquí os lugares familiares nos que se criou Eusebio, a Eira e a Eira do Hórreo, o lavadoiro, o medeiro de Gradín, a Fonte e a outra Fonte de Vera, os camiños e as corredoiras da aldea.

PictographPhoto Altitude 78 ft
Photo ofTarrío. Photo ofTarrío.

Tarrío.

A Eira, A Eira dos Hórreos...

PictographMonument Altitude 80 ft
Photo ofPazo de Tarrío

Pazo de Tarrío

Á beira da casa érguese o PAZO DE TARRÍO. Fundárono en 1567 Antonio Ballesteros, rexedor da cidade de Santiago, e a súa dona. A principios do século XVIII a herdeira do pazo casou con Cachamuíña, o heroe da Guerra da Independencia en Galicia. O escudo dos Ballesteros figura na parede norte con dúas béstas cruzadas, vieiras e estrelas en cruz. Na actualidade é propiedade de Juan Ramón Quintás, prestixioso economista que participou na elaboración do Estatuto de Galicia. Ten planta angular e unha gran torre. Enriba dunha fermosa fonte cunha pérgola hai unha imaxe do Santo Antón, o santo casamenteiro ao que as mozas lle ataban as mans cunha fita. Están tamén os pazos en varios lugares da obra de Eusebio, os de Pedrayo, os nosos. Eusebio viviu aquí aos pés dos muros do Pazo de Tarrío.

PictographFountain Altitude 82 ft
Photo ofFonte de Tarrío

Fonte de Tarrío

PictographMonument Altitude 96 ft
Photo ofA casa do Brañeiro

A casa do Brañeiro

É a casa dun indiano, o Brañeiro, cunha fermosa fonte ao fondo dunha escaleira de pedra que ten inscrita a data de 1910. Nunha das dependencias gardábase un vello Chevrolet do que aínda quedan os ferros oxidados. No xardín había unha gran gaiola de madeira para os paxaros e medraban buxos, mandarinas, milgrandeiras e camelias.

PictographPhoto Altitude 154 ft
Photo ofA aldea de Tarrío.

A aldea de Tarrío.

PictographMonument Altitude 175 ft
Photo ofA Escola de Chenlo

A Escola de Chenlo

Ata a escola de Chenlo, onde estudou, subíase pola Banda, un camiño que pasa á beira da casa dun indiano, o Brañeiro, cunha fermosa fonte ao fondo dunha escaleira de pedra que ten inscrita a data de 1910. Nunha das dependencias gardábase un vello Chevrolet do que aínda quedan os ferros oxidados. No xardín había unha gran gaiola de madeira para os paxaros e medraban buxos, mandarinas, milgrandeiras e camelias. Facíamos xabón fregando as flores nas mans. Quizais o texto de Eusebio se refira a elas e a este camiño da escola: “O recendo da camelia mollada enchía de luz o camiño”. Desde a atalaia de Chenlo divísase o val do Ulla e as Brañas de Laíño. Podíanse ver daquela aínda polo río as velas brancas.

PictographRuins Altitude 200 ft
Photo ofMuiño do Vento.

Muiño do Vento.

Non era de abanos fixos coma os que se restauraron nos concellos veciños de Valga e de Catoira, senón que levaría unha cuberta móbil cónica, cun entramado xiratorio de madeira, movido por unha xugada de bois, que permitiría carear as aspas tendo en conta a direción do vento. O movemento transmitíase a un eixe e a unha ou dúas pedras de moer. Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga. Manuel Lorenzo Baleirón.

PictographPhoto Altitude 172 ft
Photo ofFonte da Igrexa Photo ofFonte da Igrexa

Fonte da Igrexa

A Fonte da Dea da Igrexa, ten nos laterais cadanseu motivo decorativo vexetal de trazos esquemáticos. Minimalismo dos nosos canteiros. Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga Manuel Lorenzo Baleirón

PictographMonument Altitude 153 ft
Photo ofReitoral de San Xián de Laíño

Reitoral de San Xián de Laíño

Actualmente, despois de restaurala, é Centro de Día para maiores.

PictographPhoto Altitude 159 ft
Photo ofReitoral

Reitoral

Entrada, agora ó Centro de Día

PictographPhoto Altitude 136 ft
Photo ofCEMITERIO E IGREXA DE SAN XIÁN DE LAÍÑO Photo ofCEMITERIO E IGREXA DE SAN XIÁN DE LAÍÑO Photo ofCEMITERIO E IGREXA DE SAN XIÁN DE LAÍÑO

CEMITERIO E IGREXA DE SAN XIÁN DE LAÍÑO

Aquí foi enterrado Eusebio. Na lápida pódense ler uns versos seus: “En ti comparto os días e os silencios,/as mañáns transparentes, as futuras”. Con motivo da celebración do certame de poesía que leva o seu nome vénselle facer cada ano no mes de decembro unha ofrenda floral. A igrexa é de mediados do XVIII, de estilo barroco cun fermoso retablo dedicado a San Xián.

PictographPhoto Altitude 68 ft
Photo ofCruz de Rial de Lagoa

Cruz de Rial de Lagoa

RIAL DE LAGOA O Rego de Manselle, que pasa por Rial, está cheo de vellos muíños: O do Can, o de Rial, o do Batán, o de Chacón… Enriba da fonte da aldea érguese a cruz dun cruceiro que leva inscrita a data de 1603, o máis antigo do concello. Quizais son restos do antigo cruceiro do Bazoco, derrubado por un ciclón a principios do século pasado.

PictographPhoto Altitude -18 ft
Photo ofAs Brañas de Laíño

As Brañas de Laíño

AS BRAÑAS DE LAÍÑO Están nos versos de Rosalía e tamén nos escritos de Anxo Angueira e de Eusebio: “Cando outono pasaba de camiño das brañas”. Ameneiros, vimbieiras, regos, espadanas, canavais polos que cruza a sombra da auga… son nomes que podemos atopar nos seus poemas, referidos sen dúbida a este espazo das Brañas de Laíño, que nos identifica. Nelas viven as derradeiras parellas dunha subespecie da Escribenta das canaveiras así como outras aves en perigo de extinción coma a Folosa Acuática ou o Picanzo Vermello. Durante séculos as Brañas foron exemplo de aproveitamento dun espazo comunal por parte das nosas xentes, antes de seren arrebatados pola Lei de Costas. Eran famosos no século XIX pola súa carne os bois cebóns de Laíño, e xa no século XX, as vacas alimentadas coa herba destas campías permitiron a creación das cooperativas leiteiras anteriores á Guerra Civil. Unha delas aparece maxistralmente retratada na Pensa Nao de Anxo Angueira. Eusebio ten ido pescar ao río grande, o Ulla, e tense bañado nos esteiros.

PictographFauna Altitude -16 ft
Photo ofGarcetas, vacas e bois de Laíño

Garcetas, vacas e bois de Laíño

PictographPark Altitude 31 ft
Photo ofO Bosque

O Bosque

PictographRiver Altitude 13 ft
Photo ofRÍO DE SAN LUFO Photo ofRÍO DE SAN LUFO

RÍO DE SAN LUFO

Levábanse alí os pícaros para curalos do “mal do aire”. Somerxíanse tres veces na auga e deixábase ir a roupa polo río abaixo. Se aboiaba, o rapaz sandaba. Fixéronlle o ritual a algún amigo de Eusebio. Está recolleito a mediados do século XVIII por Sarmiento. Á dereita deixamos a Igrexa de Santa María de Dodro, do XVIII, cun magnífico retablo de Simón Rodríguez. Méndez Ferrín imaxinou nestas terras o mosteiro de Dodro Vello.

PictographMonument Altitude 40 ft
Photo ofHórreos na aldea de Vigo Photo ofHórreos na aldea de Vigo

Hórreos na aldea de Vigo

PictographMonument Altitude 73 ft
Photo ofTorre de Bendaña

Torre de Bendaña

PAZO DE BENDAÑA A Torre ou Casa do Marqués fíxose en estilo barroco nos séculos XVII e XVIII. Pertencía ao Marqués de Bendaña señor do Couto de Dodro. Ata cinco escudos chegou a ter, dos que resta tan só un. O gran torreón coa balaustrada magnífica e os escudos foron espoliados nos primeiros anos do franquismo e están agora no Pazo de Meirás. Conta unha antiga tradición que os veciños de Dodro estaban obrigados a levar nun palafrén ao marqués á misa na igrexa de Santa María, ata que fartos dos seus abusos botárono ao río de San Lufo. Consérvase a canle de pedra que traía a auga desde o monte para o pazo. Do lado de riba del fíxose nos anos sesenta unha granxa cinexética, a Paxareira, onde se criaban perdices e colíns de Virxinia e había corzos ceibos polo monte. Tamén ten acudido a velos Eusebio cos amigos de aquel tempo.

PictographPhoto Altitude 87 ft
Photo ofCanle de Pedra Para a Torre de Bendaña

Canle de Pedra Para a Torre de Bendaña

PictographPhoto Altitude 64 ft
Photo ofA Paxareira.

A Paxareira.

A Paxareira, onde se criaban perdices e colíns de Virxinia e había corzos ceibos polo monte. Tamén ten acudido a velos Eusebio cos amigos de aquel tempo.

PictographPhoto Altitude 91 ft
Photo ofSouto de Reboiras

Souto de Reboiras

PictographPanorama Altitude 103 ft
Photo ofVista desde Reboiras

Vista desde Reboiras

PictographPhoto Altitude 131 ft
Photo ofO Pozo do Conxeiro Photo ofO Pozo do Conxeiro

O Pozo do Conxeiro

Este pozo usábase para afogar o liño de nove a quince días antes de poñelo a secar para despois mazalo. No tempo de Eusebio xa non se botaba o liño polo que din os vellos, pero coma no caso do "liño de María" de Anxo Angueira, hai tamén referencia a el nos seus poemas: "As abellas saíndo devagar nos cortizos/ e un tecido de liño que separaba as follas"

PictographPhoto Altitude 118 ft
Photo ofHórreo no Rueiro

Hórreo no Rueiro

PictographPhoto Altitude 60 ft
Photo ofMuíño da Ponte Quinteira

Muíño da Ponte Quinteira

PictographPhoto Altitude 48 ft
Photo ofRemate da Ruta

Remate da Ruta

Campo de xogos do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Comments  (1)

  • CHUSCHUS May 9, 2022

    I have followed this trail  verified  View more

    Ruta que nos transporta a vida do poeta e os seus currunchos preferidos amodando pequenas aldeas do Concello de Dodro. Doada de camiñar e exuberante na vexetación neste mes de maio.

You can or this trail