Activity

Os Palleiros - Doade - Mirador do Duque (polas viñas) - Os Palleiros

Download

Trail photos

Photo ofOs Palleiros - Doade - Mirador do Duque (polas viñas) - Os Palleiros Photo ofOs Palleiros - Doade - Mirador do Duque (polas viñas) - Os Palleiros Photo ofOs Palleiros - Doade - Mirador do Duque (polas viñas) - Os Palleiros

Author

Trail stats

Distance
8.6 mi
Elevation gain
1,529 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,529 ft
Max elevation
2,248 ft
TrailRank 
52 4.7
Min elevation
1,259 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 51 minutes
Coordinates
2991
Uploaded
April 18, 2017
Recorded
April 2017
  • Rating

  •   4.7 2 Reviews
Share

near Doade, Galicia (España)

Viewed 2126 times, downloaded 20 times

Trail photos

Photo ofOs Palleiros - Doade - Mirador do Duque (polas viñas) - Os Palleiros Photo ofOs Palleiros - Doade - Mirador do Duque (polas viñas) - Os Palleiros Photo ofOs Palleiros - Doade - Mirador do Duque (polas viñas) - Os Palleiros

Itinerary description

Galego e castelán

Galego
Saímos do lugar de Os Palleiros, no concello de Monforte e rematamos a ida en Doade, no concello de Sober. O percorrido está bastante ben sinalizado nos dous primeiros quilómetros, pois forma parte dun PRG entre Doade e Augasmestas. Na primeira parte camiñaremos por unha pista de terra que nos leva á dereita máis abaixo, cando xa comezamos a ver o canón do Sil. Monte baixo e piñeiros para seguir con castiñeiros, carballos, bidueiros... ata chegar á ladeira con maior pendente, case de carreiro de cabras, cunhas vistas impresionantes do río Sil e os sucalcos coas viñas, exemplo da chamada viticultura heroica. É aquí onde a sinalización case desaparece porque a vexetación pecha o camiño e non é doado distinguir as sinais. Aínda así, con dificultade, pero pódese pasar. Despois das fontes de San Xermunde e do Miradoiro da Pena do Castelo coa capela de San Mauro, chegaremos ao souto de Valguaire cos seus castiñeiros milenarios, aínda que algúns atópanse bastante afectados por enfermidades, é unha mágoa que o monte de piñeiros que está ao carón lle quite a luz ás árbores estas, xa que as máis próximas aos piñeiros xa secaron hai tempo. En Doade hai varios lugares para xantar, e tamén adegas da denominación de orixe Ribeira Sacra. Podemos achegarnos, a menos de 1 km., ao Priorato de Doade -case en ruína- que coa desamortización de Mendizábal pasou a mans privadas e, moi preto, á Igrexa parroquial de San Martiño, dos séculos XVII - XVIII.
A volta farémola collendo á dereita un pouco antes do miradoiro da Pena do Castelo -está sinalizado como "Mirador do Duque"- e por ese camiño imos descendendo ata atopar as viñas. Deberemos estar atentos á sinalización que non é a normalizada para as rutas; unha frecha branca. Xa próximos ao miradoiro do duque atoparemos unha bifurcación; un camiño que sube e outro que baixa. No ascendente hai pintada unha cruz nunha pedra grande que supostamente indicaría que non é por aí a ruta, con todo si debemos continuar por esa pista pois é a que nos levará ao Miradoiro do Duque.
Para chegar a Os Palleiros debemos seguir a estrada que sube e que nos conducirá ao lugar onde deixamos o automóbil.

Castellano

Salimos del lugar de Os Palleiros, en el ayuntamiento de Monforte y finalizamos la ida en Doade, en el ayuntamiento de Sober. El recorrido está bastante bien señalizado en los dos primeros kilómetros, pues forma parte de un PRG entre Doade y Augasmestas. En la primera parte caminaremos por una pista de tierra que nos lleva a la derecha más abajo, cuando ya comenzamos a ver el cañón del Sil. Monte bajo y pinos para seguir con castaños, robles, abedules... hasta llegar a la ladera con mayor pendiente, casi de sendero de cabras, con unas vistas impresionantes del río Sil y las terrazas con los viñedos, ejemplo de la llamada viticultura heroica. Es aquí donde la señalización casi desaparece porque la vegetación cierra el camino y no es fácil distinguir las señales. Aun así, con dificultad, pero se puede pasar. Después de las fuentes de San Xermunde y del Mirador de la Pena del Castelo con la capilla de San Mauro, llegaremos al soto de Valguaire con sus castaños milenarios, aunque algunos se encuentran bastante afectados por enfermedades, es una lástima que el monte de pinos que está a un lado le quite la luz a los árboles estos, ya que las más próximas a los pinos ya secaron hace tiempo. En Doade hay varios lugares para almorzar, y también bodegas de la denominación de origen Ribeira Sacra. Podemos acercarnos, a menos de 1 km., al Priorato de Doade -casi en ruina- que con la desamortización de Mendizábal pasó a manos privadas y, muy cerca, a la Iglesia parroquial de San Martiño, de los siglos XVII - XVIII.
La vuelta la haremos cogiendo a la derecha un poco antes del mirador de la Pena do Castelo -está señalizado cómo "*Mirador del Duque"- y por ese camino vamos descendiendo hasta encontrar las viñas. Deberemos estar atentos a la señalización que no es la normalizada para las rutas; una flecha blanca. Ya próximos al mirador del duque encontraremos una bifurcación; un camino que sube y otro que baja. En el ascendente hay pintada una cruz en una piedra grande que supuestamente indicaría que no es por ahí la ruta, con todo sí debemos continuar por esa pista pues es la que nos llevará al Mirador del Duque.
Para llegar la OsPalleiros debemos seguir la carretera que sube y que nos conducirá al lugar donde dejamos el automóvil.

View more external

Waypoints

PictographFountain Altitude 1,697 ft
Photo ofFontes de San Xermunde

Fontes de San Xermunde

Manantial de auga do que existe unha lenda, como en outras fontes, que fala dunha dona encantada.

PictographReligious site Altitude 1,791 ft
Photo ofIgrexa de Doade

Igrexa de Doade

Igrexa de San Martiño de Doade que seguramente é de orixe románico pero que foi reformada e reconstruída no século XVIII.

PictographPanorama Altitude 1,738 ft
Photo ofMiradoiro do Duque

Miradoiro do Duque

Miradoiro enriba do canón do Sil cunhas impresionantes vistas.

PictographIntersection Altitude 2,171 ft
Photo ofOs Palleiros

Os Palleiros

Remate e comezo da ruta preto da aldea dos Palleiros. É doado atopar sitio para deixar o coche

PictographPanorama Altitude 1,900 ft
Photo ofPena do Castelo e capela de San Amaro

Pena do Castelo e capela de San Amaro

Miradoiro do canón do Sil no que hai unha pequena capela en honra de San Amaro, ou San Mauro, en lembranza de outra antiga que desapareceu tempo atrás.

PictographTree Altitude 1,804 ft
Photo ofSouto de Valguaire Photo ofSouto de Valguaire

Souto de Valguaire

Souto de castiñeiros milenarios que están en perigo de desaparición polas enfermidades que teñen e o pouco coidado que reciben.

Comments  (3)

  • lolecho Apr 25, 2017

    I have followed this trail  View more

    Moi boa ruta, impresionantes paixaxes, e duas partes do percorrido moi diferenciadas dado que a primeira parte faise por zona boscosa e a segunda po lo medio das viñas, en ambas se chega a dous miradores con distintas e inmellorables vistas, en fin que non ten desperdicio.

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Nov 7, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Moi boa ruta, que se converte en marabillosa cando as viñas locen as cores outonizas. O trazado está perfectamente limpo.
    Considero que é mellor comezala no miradoiro do Duque e seguir o trazado do PR-G 175 (Doade-Augasmetas) a uns 800 m do comezo para evitar a estrada e suba ata Os Palleiros.
    Grazas por patillárela e polas informacións. Saúdos.

  • Photo of gandaia
    gandaia Nov 8, 2021

    Moitas grazas. Hoxe mesmo estiven do outro lado, no miradoiro de Matacás, por Castro Caldelas no lado ourensán, e pensei en como estaría ese sendeiro que fixeches, porque hai algún tempo deberían rozalo, xa que non se pasaba ben no trazado do PR G. Pero é un boa nova que estea en condicións.
    Saúdos!

You can or this trail