Activity

Outariz, Santa Comba das Naves e volta por Untes.

Download

Trail photos

Photo ofOutariz, Santa Comba das Naves e volta por Untes. Photo ofOutariz, Santa Comba das Naves e volta por Untes. Photo ofOutariz, Santa Comba das Naves e volta por Untes.

Author

Trail stats

Distance
7.1 mi
Elevation gain
1,109 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,109 ft
Max elevation
1,549 ft
TrailRank 
59 4.7
Min elevation
350 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 20 minutes
Time
3 hours 3 minutes
Coordinates
1969
Uploaded
April 13, 2018
Recorded
April 2018
  • Rating

  •   4.7 1 review
Be the first to clap
2 comments
Share

near Canedo, Galicia (España)

Viewed 827 times, downloaded 28 times

Trail photos

Photo ofOutariz, Santa Comba das Naves e volta por Untes. Photo ofOutariz, Santa Comba das Naves e volta por Untes. Photo ofOutariz, Santa Comba das Naves e volta por Untes.

Itinerary description

Pequena ruta cercanca a Ourense que permite tanto saír do asfalto coma gozar de espectaculares panorámicas e outros elementos interesantes. O punto de partida é o aparcadoiro das termas de Outariz. Tras pasar a carón delas (tanto públicas coma do balneario), contorneamos tamén as do Muiño da Veiga (coma tantas veces alagadas polas crecidas do Miño). Pasamos baixo a N-120 e atopamos outro aparcadoiro que podería ser tamén un acaído punto de comezo da ruta. Continúase por entre as naves comerciais e logo iníciase a subida xa por vellos camiños empedrados e gastados polas rodas no transcursos dos séculos. A certa altura achamos as ruínas do descoñecido mosteiro de Santa Comba das Naves que máis que requintes arquitectónicos chama a atención pola súa solidez, exemplo de potencia econónica. Parece ser que de orixe baixomedieval, debeu ser un priorato dependente de Celanova.
No percorrido atravesamos tamén a aldea de Untes, pasando a carón da súa igrexa como edificio máis sobranceiro.
O retorno, tras atravesar a vía a nivel, faise pola beira do Miño mediante o abandoado paseo que noutrora se estendía ata case Santa Cruz (Pazo de Ramirás). Porén este carroucho está fóra de uso xunto ao enlace da Autovía por mor dun preito que obrigou a restablecer unha finca particular. A xente segue atravesándoa pero hai un piñeiro grande atravesado con ánimo de impedir o tránsito dos camiñantes e ciclistas. Cumpriría que o Concello de Ourense arranxase a situación.
Finalmente teremos a oportunidade (buscada) de tomar un baño relaxante nas pozas da Burga de Canedo ou nas máis pequenas de Outariz. Tamén no balneario, que para gustos...
A ruta ten unha pequena dificultade só polo desnivel. Moi interesante e totalmente recomendable.
Feita a partir desta:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ourense-comarca-de-ourense-ourense-ruta-circular-outariz-a-conchada-13901319
aínda que suprimindo a visita á Conchada (interesante, tamén, para quen non a coñeza).

Waypoints

PictographBridge Altitude 521 ft
Photo ofPasarela termal Photo ofPasarela termal

Pasarela termal

PictographThermal waters Altitude 517 ft
Photo ofBalneario Termas de Outariz Photo ofBalneario Termas de Outariz Photo ofBalneario Termas de Outariz

Balneario Termas de Outariz

PictographThermal waters Altitude 461 ft
Photo ofMuíño da Veiga Photo ofMuíño da Veiga

Muíño da Veiga

Nestes días alagado polas augas do pai Miño. Mírese como a auga quente abrolla perto da cemba.

PictographCar park Altitude 385 ft
Photo ofAparcadoiro.

Aparcadoiro.

Bo sitio para comezar a ruta e logo tomar un baño nas pozas do Muiño, caso de estar en servizo.

PictographIntersection Altitude 421 ft
Photo ofCruce N-120 Photo ofCruce N-120

Cruce N-120

Atravesar con precaución porque non hai paso de peóns.

PictographPanorama Altitude 486 ft
Photo ofCanedo

Canedo

PictographIntersection Altitude 696 ft
Photo ofDesvío. Seguir pola dereita.

Desvío. Seguir pola dereita.

PictographPanorama Altitude 736 ft
Photo ofCanedo 2

Canedo 2

PictographPhoto Altitude 848 ft
Photo ofCorredoira

Corredoira

PictographPanorama Altitude 1,099 ft
Photo ofMiradoiro natural Photo ofMiradoiro natural Photo ofMiradoiro natural

Miradoiro natural

PictographIntersection Altitude 1,177 ft
Photo ofEsquerda (seguir de fronte) Photo ofEsquerda (seguir de fronte) Photo ofEsquerda (seguir de fronte)

Esquerda (seguir de fronte)

PictographReligious site Altitude 1,301 ft
Photo ofCapela Photo ofCapela Photo ofCapela

Capela

Ruinas da capela do mosteiro das Naves.

PictographMonument Altitude 1,375 ft
Photo ofMosteiro Photo ofMosteiro Photo ofMosteiro

Mosteiro

Robusto, sólido pero ben construido. Onde hai, vese...

PictographMonument Altitude 1,340 ft
Photo ofSolaina Photo ofSolaina

Solaina

Dada a orientación, non para tomar o sol. Elemento de prestixio, seguramente.

PictographIntersection Altitude 1,530 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPanorama Altitude 1,510 ft
Photo ofAldea das Naves Photo ofAldea das Naves

Aldea das Naves

PictographPanorama Altitude 1,534 ft
Photo ofMiradoiro dos Paramiños Photo ofMiradoiro dos Paramiños Photo ofMiradoiro dos Paramiños

Miradoiro dos Paramiños

PictographPanorama Altitude 1,020 ft
Photo ofPanorámica de Untes e Alongos Photo ofPanorámica de Untes e Alongos

Panorámica de Untes e Alongos

PictographFountain Altitude 874 ft
Photo ofLavadoiro. Aldea do Outeiro Photo ofLavadoiro. Aldea do Outeiro

Lavadoiro. Aldea do Outeiro

PictographReligious site Altitude 741 ft
Photo ofIgrexa de Santo Estebo de Untes. Photo ofIgrexa de Santo Estebo de Untes. Photo ofIgrexa de Santo Estebo de Untes.

Igrexa de Santo Estebo de Untes.

PictographRisk Altitude 586 ft
Photo ofVía. Paso a nivel sen sinais.

Vía. Paso a nivel sen sinais.

PictographPhoto Altitude 514 ft
Photo ofFreixendo

Freixendo

PictographThermal waters Altitude 503 ft
Photo ofPozas da Burga de Canedo

Pozas da Burga de Canedo

Comments  (2)

  • Nepal23 Apr 24, 2018

    I have followed this trail  verified  View more

    Todo genial. Buena ruta y sencilla de realizar. El pico pica. Mucho cuidado de realizarla en verano. Ah y la vía del tren está activa.

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Apr 24, 2018

    Certo, en verán, con calor, pode ser algo dura.
    Grazas por comentar.

You can or this trail