Activity

Pachote - Pazos - Pedrón - Muíño de Ferreñas - Pachote (Torres - Vilarmaior)

Download

Trail photos

Photo ofPachote - Pazos - Pedrón - Muíño de Ferreñas - Pachote (Torres - Vilarmaior) Photo ofPachote - Pazos - Pedrón - Muíño de Ferreñas - Pachote (Torres - Vilarmaior) Photo ofPachote - Pazos - Pedrón - Muíño de Ferreñas - Pachote (Torres - Vilarmaior)

Author

Trail stats

Distance
7.15 mi
Elevation gain
1,227 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,227 ft
Max elevation
1,034 ft
TrailRank 
54
Min elevation
234 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 42 minutes
Coordinates
163
Uploaded
November 6, 2020
Recorded
October 2020
Be the first to clap
Share

near Torres, Galicia (España)

Viewed 750 times, downloaded 20 times

Trail photos

Photo ofPachote - Pazos - Pedrón - Muíño de Ferreñas - Pachote (Torres - Vilarmaior) Photo ofPachote - Pazos - Pedrón - Muíño de Ferreñas - Pachote (Torres - Vilarmaior) Photo ofPachote - Pazos - Pedrón - Muíño de Ferreñas - Pachote (Torres - Vilarmaior)

Itinerary description

Galego

Este roteiro transcorre polos termos municipais de Vilarmaior e Monfero. A zona máis interesante é a que transcorre polas fragas dos ríos Andoriña –augas abaixo recibe o nome de Baxoi- e Vilariño, que ao mesmo tempo serven de linde entre os dous concellos.
Empezamos a camiñar no lugar de Pachote, da parroquia de Torres, pertencente a Vilarmaior e facémolo en dirección a Sestelo e desde alí imos virando cara á esquerda ata atopar un lavadoiro restaurado e ben conservado. Nese punto, que será tamén onde chegaremos á volta, tomamos á dereita e continuamos por unha estrada estreita asfaltada; por ela cruzaremos unha pequena ponte sobre o río Vilariño penetrando no concello de Monfero.
Máis adiante, no Salto, viramos á dereita ascendendo por unha pista asfaltada e pasadas unhas decenas de metros tomamos á dereita por un camiño sen asfaltar, iniciando a subida cara a Pazos. Alí continuaremos á esquerda e seguiremos pasando por diante de varias casas ata chegar a un cruzamento no que viramos á dereita en dirección a O Pedrón. Continuamos pola esquerda e pasada a últíma vivenda iniciamos o descenso por un camiño sen asfaltar que transcorre en paralelo ao curso do río Andoriña e polo que imos penetrando na fraga. Tanto esta como a do Vilariño manteñen na súa parte máis baixa unha flora típica das fragas, con árbores de folla caduca como castaños, carballos, bidueiros, salgueiros, etc. Pero segundo ascendemos do río o eucalipto invade a paisaxe.
O roteiro, aínda que non está sinalizada en ningures do percorrido, é fácil de seguir con tal de non apartarse do camiño máis ancho.
Xa na zona máis baixa observaremos un lugar no que hai un desvío á dereita que conduce a unha minicentral hidroeléctrica (oiremos o ruído da turbina). Deberemos seguir de fronte, pero no caso de que chovese moito e atopemos máis adiante o carreiro asolagado, quizá sexa mellor dar a volta e ir en dirección á minicentral pasando polo camiño que hai ao costado e incorporándonos a unha estrada que nos levará ao mesmo lugar onde chegariamos polo tramo asolagado, que é a ponte sobre ao Andoriña xusto no lugar onde desemboca o Vilariño e no que volvemos entrar no concello de Vilarmaior.
Camiñamos á beira do río ata chegar ao lavadoiro e o muíño de Ferreñas, á dereita existe unha área de recreo onde están instaladas grelladas de pedra e mesas e bancos para comer. É un bonito lugar para descansar un pouco e contemplar as dúas mostras de arquitectura popular rural. Proseguimos ao bordo do río ata chegar a unha ponte por onde seguiremos cara á esquerda subindo cara á Viaxe. Se nos queremos apartar un pouco do roteiro podemos visitar a capela de San Ramón á dereita. En calquera caso deberemos despois seguir pola esquerda con rumbo a Arnelas que deixaremos abaixo á esquerda. Descendemos pasando á beira dunha casa que nos quedará á dereita e que seguramente foi unha ferrería polas inscricións que ten na pedra sobre a porta da fachada que dá á estrada pola que chegaremos a unha ponte sobre o río Vilariño. Dende alí continuamos pola marxe dereita do río, en sentido ascendente, por un carreiro de terra que non abandonaremos en ningún momento ata chegar a un lugar no que se incorpora outro camiño pola dereita; punto no que xa veremos, á esquerda, o lavadoiro do principio. Desde aí continuaremos seguindo o mesmo camiño que ao comezo para chegar ao sitio de inicio nas inmediacións dun bar restaurante que alí hai.

Castellano

Esta ruta transcurre por los términos municipales de Vilarmaior y Monfero. La zona más interesante es la que transcurre por las fragas de los ríos Andoriña –aguas abajo recibe el nombre de Baxoi- y Vilariño, que al mismo tiempo sirven de linde entre los dos ayuntamientos.
Empezamos a caminar en el lugar de Pachote, de la parroquia de Torres, perteneciente a Vilarmaior y lo hacemos en dirección a Sestelo y desde allí vamos girando hacia la izquierda hasta encontrar un lavadero restaurado y bien conservado. En ese punto, que será también adonde

Waypoints

PictographMonument Altitude 940 ft
Photo ofPrimeira casa de O Pedrón

Primeira casa de O Pedrón

PictographIntersection Altitude 980 ft
Photo ofO Pedrón, collemos á esquerda de fronte

O Pedrón, collemos á esquerda de fronte

PictographPanorama Altitude 999 ft
Photo ofVista da ría Ares - Betanzos

Vista da ría Ares - Betanzos

PictographPhoto Altitude 983 ft
Photo ofLugar de Pazos

Lugar de Pazos

PictographWaypoint Altitude 882 ft
Photo ofComezo do roteiro

Comezo do roteiro

PictographMonument Altitude 833 ft
Photo ofÁ vista de novo o lavadoiro

Á vista de novo o lavadoiro

PictographIntersection Altitude 1,009 ft
Photo ofXiro á dereita, cara ao Pedrón

Xiro á dereita, cara ao Pedrón

PictographPark Altitude 984 ft
Photo ofÁrea recreativa A Nabeira

Área recreativa A Nabeira

PictographPhoto Altitude 989 ft
Photo ofPradeira en Pazos

Pradeira en Pazos

PictographIntersection Altitude 796 ft
Photo ofÁ esquerda, de fronte

Á esquerda, de fronte

PictographIntersection Altitude 528 ft
Photo ofPonte no Río Vilariño; seguimos á dereita, de fronte, polo camiño da marxe dereita, augas arriba

Ponte no Río Vilariño; seguimos á dereita, de fronte, polo camiño da marxe dereita, augas arriba

PictographPhoto Altitude 537 ft
Photo ofAo fondo, Arnelas

Ao fondo, Arnelas

PictographIntersection Altitude 423 ft
Photo ofDe fronte, polo camiño que está máis á dereita

De fronte, polo camiño que está máis á dereita

PictographWaypoint Altitude 423 ft
Photo ofLiña eléctrica que voa por riba do camiño

Liña eléctrica que voa por riba do camiño

PictographRiver Altitude 428 ft
Photo ofRegato que verte no Andoriña

Regato que verte no Andoriña

PictographIntersection Altitude 749 ft
Photo ofDe fronte, xa pasado o Pandel

De fronte, xa pasado o Pandel

PictographBridge Altitude 243 ft
Photo ofPonte no Vilariño

Ponte no Vilariño

PictographPark Altitude 236 ft
Photo ofMuíño de Ferreñas

Muíño de Ferreñas

PictographMonument Altitude 238 ft
Photo ofLavadoiro

Lavadoiro

PictographRiver Altitude 259 ft
Photo ofRío Andoriña

Río Andoriña

PictographBridge Altitude 260 ft
Photo ofPonte onde se xuntan o río Andoriña e o Vilariño

Ponte onde se xuntan o río Andoriña e o Vilariño

PictographIntersection Altitude 877 ft
Photo ofÁ esquerda

Á esquerda

PictographIntersection Altitude 852 ft
Photo ofLavadoiro, collemos á dereita

Lavadoiro, collemos á dereita

PictographRiver Altitude 655 ft
Photo ofRío do Vilariño

Río do Vilariño

PictographTree Altitude 668 ft
Photo ofFraga

Fraga

PictographIntersection Altitude 704 ft

Xiro á dereita

PictographIntersection Altitude 761 ft

Outra vez á dereita

Comments

    You can or this trail