Padrón: Circular Santiaguiño do Monte, senda Fluvial do Río Sar e Sarela A Escravitude, Herbón, Pontecesures.
near Padrón, Galicia (España)
Viewed 34 times, downloaded 4 times
Trail photos
Itinerary description
Esta ruta empeza na Alameda de Padrón, subimos a Ermita do Santiaguiño do Monte e damos unha volta polo monte Lestrove. Baixamos a Sieira e depois de pasar o Campo de Gol collemos por un camiño que nos levará ata a beira do Río Sar e despois do Sarela. Continuamos a nosa ruta por camiño e de cando en vez asfalto ata chegar Á Escravitude. Subimos ó monte donde por un camiño ancho e cómodo e cruzando a AP9 duas veces nos achegamos ata Herbón don encontramos o seu Mosteiro. Seguimos despois pola carretera en descenso e cruzamos o Río Ulla por unha ponte, seguimos pola carretera e un pouco mais a diante collemos un sendeiro á dereita que nos leva por un fermosotramo á beira do Ulla. Subimos de volta á carretera e seguimos ata chegar a Pontecesures, cruzamos pola súa Ponte e seguindo o camiño de Santiago chegamos á Alameda de Padrón donde se encontran as esculturas de Camilo Xosé Cela e Rosalía de Castro os seus fillos mais ilustres.
Hay varias fontes ó longo do recorrido.
Ten dúas subidas importantes a do monte Lestrove e despois de A Escravitude tamén se sobe ó monte.
Hay varias fontes ó longo do recorrido.
Ten dúas subidas importantes a do monte Lestrove e despois de A Escravitude tamén se sobe ó monte.
Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments