Activity

Parque Natural do Invernadoiro - Ruta da Ortiga

Download

Trail photos

Photo ofParque Natural do Invernadoiro - Ruta da Ortiga Photo ofParque Natural do Invernadoiro - Ruta da Ortiga Photo ofParque Natural do Invernadoiro - Ruta da Ortiga

Author

Trail stats

Distance
14.52 mi
Elevation gain
2,595 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,595 ft
Max elevation
5,105 ft
TrailRank 
32
Min elevation
3,056 ft
Trail type
Loop
Coordinates
517
Uploaded
April 23, 2023
Be the first to clap
Share

near Pradoalbar, Galicia (España)

Viewed 32 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofParque Natural do Invernadoiro - Ruta da Ortiga Photo ofParque Natural do Invernadoiro - Ruta da Ortiga Photo ofParque Natural do Invernadoiro - Ruta da Ortiga

Itinerary description

Antes de nada, avisar que a día 08/04/23 toda a cara Norte e Oeste do parque natural está queimada por mor dos malditos lumes forestais que ocorreron no verán/outono do 2022. Pregunteille a un garda forestal cando podería volver a telo parque o seu aspecto habitual e díxome que nuns 3 anos. Isto implica que dende o punto kilómetrico 8,5 até o 14 aproximadamente o percorrido faise cunha desoladora paisaxe calcinada a man esquerda (nin sequera ficou pegada algunha do panel informativo do miradoiro da Ortiga).

Polo demáis, o parque é unha xoia, ainda que quizáis a maior aventura sexa chegar primeiro co coche até o centro de recepción (onde hai que presentar o permiso de acceso) e despois á aula da natureza onde comezan os roteiros (dende o centro de recepción á aula son uns 11,5 kilómetros que hai que facer con moita calma e abondo se non se desexa reventar os amortiguadores do coche).

Estas medidas poden supoñer incomodidade e inconveniencia, mais tamén axudan a que o parque poda preservar a súa esencia nun entorno hermético e que parece un mundo aparte.

A Ruta da Ortiga posúe unha lonxitude de 22 kilómetros en total (cunha pequena variación no punto kilométrico 9,3 para chegar até a caseta que está no Alto da Fraga da Pena (1568 metros de altitude) e que a usuaria @mazaria engadiu no seu percorrido) e a sinalización é kilométrica, daquela hai que ter coidado se pasa moito tempo sen ver un fito, porque poidera ser que se estivera a seguir un camiño erróneo. O tramo máis duro é a subida á caseta mencionada, e o tramo polos cortalumes até o punto kilométrico 17,5 faise algo pesado, coa excepción da marabillosa panorámica que ofrece o Encoro das Portas.

Oxalá que o Parque poda acadar o seu esplendor tan cedo como sexa posible! Unha boa excusa para volver!

Comments

    You can or this trail