Activity

Paseo Loiba - O Barqueiro

Download

Author

Trail stats

Distance
5.98 mi
Elevation gain
1,070 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,220 ft
Max elevation
272 ft
TrailRank 
24
Min elevation
-5 ft
Trail type
One Way
Coordinates
347
Uploaded
February 14, 2022
Be the first to clap
Share

near Loiba, Galicia (España)

Viewed 30 times, downloaded 0 times

Itinerary description

O Sábado quedou boa mañá e fumos de paseo. Un paseo cunhas fermosas vista polos cantís

de Loiba, percorrendo o anaco do "Camino Natural Ruta del Cantábrico" que conecta co Barqueiro. Unha mañá con vento, algunhas nubes no alto e algo de brétema no horizonte.

Unha mañá estupenda pra camiñar.

A idea principal era movernos no FEVE dende Narón ata Loiba e alí botar a andar ata O Vicedo, mais a falta de frecuencias fíxonos mudar o plan e coller o coche. Aparcamos na Igrexa de San Xiao de Loiba, que ten sitio dabondo, e ten o apeadoiro do tren a uns 300m (esto é importante porque logo faremos o regreso en tren).

Botamos a andar rumbo norte dende o camposanto e a uns 50m collemos á esquerda por un

camiño asfaltado que nos enlazará co Camino Natural Ruta del Cantábrico. Apenas 1km

entre leiras e vaquiñas, cun tramo final en subida que pide un pouco de esforzo pero que

non supón ningún reto.

Mudamos o asfalto pola terra, recuperamos folgos e a suave pendente en baixada convídanos a seguir cun ritmo máis animado. O ruxe ruxe do mar petando nas pedras vaise colando entre os piñeiros e o camiño vaise abrindo pouco a pouco cara o catil.
Pouco a pouco, o mato baixo vai cubrindo a veira do terreo que escapa do camiño ata o mar e vai liberando de árbores as vistas que abranguen dende punta de Punta de Pena Furada ata Punta Vilardeira.

Alí estaba, só e inmobil na veira do abismo. "O Mellor Banco do Mundo", reza o gravado no respaldo do asiento. Se non o é, dende logo que as vistas marabillan a calquera. Dende aquí no alto, síntese zoar o mar movendo a area da praia de Coitelo. Un mar que parece manso pero do que afloran penedos afiados coma coitelos. Por uns minutos o mellor banco do mundo é noso. Estamos sós e aproveitamos pra saturar a memoria da cámara de fotos.

Despois deste parón máis que necesario, continuamos a nosa ruta. Asomámonos a cada

sainte polo que nos leva o camiño para contemplar as vistas. Marabillámonos coa altura e

os sendeiros que baixan polo cantil ata as praias e as chabolas dos pescadores. Imaxinamos como sería vivir no Picón mentres viramos por detrás das ruínas dun antigo muíño, para seguir unha pista de terra que vai á par da liña de costa. Un sube e baixa case constante que durante 2km nos fai sudar por momento. Logo dunha baixada algo pronunciada, chegamos ao mirador da praia do Esteiro. Unha lingua de area traballada polo mar que marcha terra adentro, escapando das rochas do cantil. Só temos que seguila ata chagar a unha pasarela de madeira que nos deixa cruzar o esteiro por riba dela.

Do outro lado comeza Mañón, na zona recreativa que da servizo á praia e ás instalacións deportivas. Hai unha fonte para quen precise beber. Nós preferimos buscar un banco e aproveitar para recuperar forzas e sacar algunha peza de roupa.

Volvemos camiñar polo asfalto e costa arriba uns 800m. Pola estrada, os cans saen a recibirnos co seu barullo. Na metade de subida, está a capela de Santa Rosa. Hoxe estaba aberta e aproveitamos para mirar dentro e pedir polas ánimas dos que alí vivían. Seguimos subindo un pouco máis antes de baixar cara a vía do tren por unha pista estreita. Entre arcolitos e ameneiros florecendo, cruzamos unha ponte e seguimos por un tramo de pouco más de 1mk parexo á vía, case plano e que se fai rápido, ata Santa María de Mogor. Aquí o tren pérdese na escuridade dun tunel que cruza por baixo O Barqueiro. Nós só podemos ir por arriba. Por unha costa empinada que se fai máis longa do esperado e que ata a aquel Seat Ibiza do 96 que nos adiantou se lle estaba atragoando.

Xa estamos no Barqueiro. Só queda subir ata a estrada a Viveiro para baixar ata o porto. Neste punto, hai 2 opcións: seguir pola estrada de Viveiro ata o cruce que leva á estacion do FEVE e logo ao porto ou cruzar pola rúa Cruz e seguir o sendeiro que se mete entre as casas. as dúas propostas son boas e as vistas son estupendas polos dous lados pero nós preferimos ir polo camiño que chegara primeiro á cantina do porto do Barqueiro.

Despois dun vermú e comer estupendamente, decidimos volver no tren dende O Barqueiro ata Loiba. Empregade o tren sempre que poidades, aínda que RENFE teña unhas convinación de merda e maltrate o servizo ata case extinguilo.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 113 ft

Apeadero Loiba

PictographWaypoint Altitude 147 ft

Igrexa San Xiao de Loiba

PictographWaypoint Altitude 159 ft

Aparcadoiro dos Culumpios

PictographWaypoint Altitude 148 ft

Aparcadoiro do Camposanto

PictographWaypoint Altitude 270 ft

Comezo Tramo de Cantís

PictographWaypoint Altitude 146 ft

Pequeno mirador

PictographWaypoint Altitude 88 ft

O Banco Bo

PictographWaypoint Altitude 47 ft

Mirador do Coitelo

PictographWaypoint Altitude 21 ft

Cabanas

PictographWaypoint Altitude 161 ft

Restos Muiño

PictographWaypoint Altitude 10 ft

Vistas Praia

PictographWaypoint Altitude -4 ft

Pasarela e Xunqueira

PictographWaypoint Altitude 13 ft

Fonte e baños

PictographWaypoint Altitude 114 ft

Capela de Santa Rosa

PictographWaypoint Altitude 175 ft

Desvío polo monte

PictographWaypoint Altitude 75 ft

Paso elevado FEVE

PictographWaypoint Altitude 1 ft

Porto de O Barqueiro

PictographWaypoint Altitude 118 ft

Igrexa e Camposanto

Comments

    You can or this trail