Activity

PATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA, CALDAS DE REIS

Download

Trail photos

Photo ofPATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA, CALDAS DE REIS Photo ofPATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA, CALDAS DE REIS Photo ofPATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA, CALDAS DE REIS

Author

Trail stats

Distance
2.52 mi
Elevation gain
75 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
46 ft
Max elevation
121 ft
TrailRank 
22
Min elevation
43 ft
Trail type
One Way
Coordinates
24
Uploaded
June 10, 2016
Be the first to clap
Share

near Portas, Galicia (España)

Viewed 975 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofPATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA, CALDAS DE REIS Photo ofPATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA, CALDAS DE REIS Photo ofPATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA, CALDAS DE REIS

Itinerary description

PATRIMONIO INDUSTRIAL DOS VALES DO ULLA-UMIA CALDAS DE REIS
6 de agosto | 10.00 h

PUNTO DE ENCONTRO
Fábrica Azucreira de Portas, na rúa Estación
Como chegar: cómpre ir ata Caldas de Reis pola N-550 e tomar o desvío para o concello de Portas (EP-8004). Aparcadoiro nas proximidades da fábrica Azucreira.

Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Durante os séculos XVII e XVIII os comerciantes instalados na vila de Caldas de Reis organizaban o tráfico de tecidos de liño de toda a comarca ao tempo que teceláns, curtidores e palilleiras constituían o núcleo da industria local.
A tradición curtidora desembocou no século XIX na construción de catro fábricas de coiros, das que aínda quedan restos na propia vila e mais en Fieitoso-Carracedo. Tamén o aproveitamento das augas termais deu lugar, xa a comezos do mesmo século, á construción dun importante núcleo balneario, que segue hoxe a ser un dos máis sonados de Galicia. A forza das augas do río Umia deulle ao lugar de Segade un especial protagonismo industrial. Alí estivo situada unha das primeiras fábricas
de papel continuo de España, transformada hoxe nunha atractiva casa de turismo rural.
E tamén alí se construíu a central eléctrica que foi orixe da máis importante eléctrica galega.

MONUMENTA DIVULGA
Pór en valor esta tradición fabril é o obxectivo desta actividade na que visitaremos algúns complexos industriais situados no concello de Caldas de Reis. Introducirémonos na tradición artesá, comercial e industrial desde a Idade Moderna ata a época contemporánea, propia da bisbarra do Ulla-Umia, que aínda hoxe mantén importantes fábricas no ámbito da química, da alimentación, da metalurxia e da madeira.

CAMIÑANTE CONVIDADO
Xoán Carmona Badía, catedrático de institucións económicas da Universidade de Santiago de Compostela, investigador da historia marítima e empresarial, e do patrimonio industrial.


A ANDAINA
- Hora de saída: 10.00 h
- Hora de regreso estimada: 13.30 h
- Distancia: 6 km
- Dificultade: baixa
- Itinerario: saída desde a Azucreira de Portas ata Caldas de Reis. Ascenderemos á beira do río ata a Central Eléctrica de Segade, berce de Fenosa, e visitaremos a fábrica de papel La Concepción.
-Observacións: ruta mixta rural-urbana. Hai algunha pendente e tramos con chan irregular.
- Necesidades específicas: calzado cómodo, chapeu, impermeable (por se chove), auga e un petisco.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos. Inscrición previa: non é necesaria.

MÁIS INFORMACIÓN:
info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

View more external

Comments

    You can or this trail