Activity

Pedra Vixía e Torres do Allo. Ruta fluvial. Baio- Zas.

Download

Trail photos

Photo ofPedra Vixía e Torres do Allo. Ruta fluvial. Baio- Zas. Photo ofPedra Vixía e Torres do Allo. Ruta fluvial. Baio- Zas. Photo ofPedra Vixía e Torres do Allo. Ruta fluvial. Baio- Zas.

Author

Trail stats

Distance
9.34 mi
Elevation gain
118 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
118 ft
Max elevation
667 ft
TrailRank 
54
Min elevation
548 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 7 minutes
Time
6 hours 37 minutes
Coordinates
2616
Uploaded
May 25, 2023
Recorded
May 2023
Be the first to clap
Share

near Baio, Galicia (España)

Viewed 65 times, downloaded 4 times

Trail photos

Photo ofPedra Vixía e Torres do Allo. Ruta fluvial. Baio- Zas. Photo ofPedra Vixía e Torres do Allo. Ruta fluvial. Baio- Zas. Photo ofPedra Vixía e Torres do Allo. Ruta fluvial. Baio- Zas.

Itinerary description

Ruta moi fácil que se pode acurtar dando a volta cruzando algunha ponte ou se non imos ás Torres do Allo.
Con inicio e fin onde empeza o Paseo fluvial de Baio, hai que reseñar que de momento a ruta non está sinalizada aínda que atopei moitos postes de madeira que parecen indicar que o van facer. De momento só están os postes, non teñen aínda indicación ningunha.
Pareceume unha ruta preciosa xa que as imaxes que nos deixa a camiñata á beira sempre da auga, son moi fermosas con multitude de muíños e vexetación autoctona (aínda que hai tramos nos que o eucalipto ameaza con invadir), veremos todo tipo de árbores autóctonas, carballeiras...e o río será o noso compañeiro; ás veces manso e calado e outras axitado e ruidoso. Veremos infinidade de pontes case todas de rústicos troncos de madeira e algunha de pedra.
Ademais desas imaxes bucólicas do río, veremos A Pedra Vixía que dá nome ao lugar (unha inmensa mole rochosa que parece "vixiar" o bosque e o río), a unha área recreativa e ao dolmen de Pedra Vixía (que me deu bastante que atopar sen sinalizar e no medio do monte)
Recomendo abandoar o río en Allo para achegarse ata o Pazo de Torres do Allo que está moi cerca e ben merece unha visita aínda que só sexa ao redor (tamén se pode visitar por dentro dentro dun horario) Merece moito a pena a estrada que chega ata el entre unha carballeira, o entorno do pazo con hórreos, fonte, un pombal, as antigas casas dos caseiros...e moi cerca do pazo, a igrexa de S. Pedro do Allo, unha igrexa única, renacentista, con elementos arquitectónicos de gran valor e rodeada de tumbas no chan moi antigas.
Dende a igrexa de S. Pedro, voltamos outra vez ao río sen deixar de visitar de camiño (despois da Igrexa) o cemiterio novo do Allo que me chamou moito a atención polo raro, fermoso e coidado que está. Chegamos ao río e imos agora pola outra marxe do mesmo.
É preciso guiarse por un track para a realización desta ruta e ter en conta que polo menos no día de hoxe ten tramos con herba e felgos moi altos (estamos en primavera) Eu recomendo levar pantalóns largos e botas.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 569 ft
Photo ofPaseo fluvial

Paseo fluvial

Este Paseo Fluvial foi inaugurado no 2008.

PictographWaypoint Altitude 582 ft
Photo ofCarballeira de Baio

Carballeira de Baio

Ao remate do paseo atopamos a Carballeira de Astrai, (nome dos antigos propietarios) que se atopa no catálogo galego de árbores senlleiras. A Carballeira de Baio ten unha superficie de 9695 metros cadrados e dende 2017 é propiedade do concello. Ten sobre 300 carballos de máis de 200 anos de antigüidade. Os troncos aparecen retortos, con formacións singulares debido a que medraron así, ao naural, competindo entre eles. A carballeira é un espazo integrado na vida social, cultural e deportiva da localidade xa que ao longo do ano é escenario de citas musicais e deportivas. Entre as máis destacadas, a Festa das Merendas que se celebra o último domingo de xuño dende hai máis de 40 anos.

PictographWaypoint Altitude 574 ft
Photo ofÁ dereita.

Á dereita.

PictographWaypoint Altitude 583 ft
Photo ofCarreiro

Carreiro

PictographWaypoint Altitude 585 ft
Photo ofPresa de As Quintas.

Presa de As Quintas.

PictographWaypoint Altitude 584 ft
Photo ofÁ dereita

Á dereita

PictographWaypoint Altitude 592 ft
Photo ofPoldras

Poldras

As poldras ou pasadoiros son pedras postas nos ríos para poder cruzalo. Se o río non vai moi cheo, pódese pasar saltando de pedra en pedra. Están situadas nos sitios dos ríos onde hai moi pouca profundidade.

PictographWaypoint Altitude 592 ft
Photo ofCruzar camino

Cruzar camino

PictographWaypoint Altitude 589 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographWaypoint Altitude 570 ft
Photo ofCarreiro

Carreiro

PictographWaypoint Altitude 583 ft
Photo ofPonte que NON cruzamos

Ponte que NON cruzamos

PictographWaypoint Altitude 573 ft
Photo ofÁrea Recreativa de Pedra Vixía

Área Recreativa de Pedra Vixía

PictographWaypoint Altitude 587 ft
Photo ofMuíño Novo de Su A Agra

Muíño Novo de Su A Agra

Restaurado por iniciativa da Asociación de Veciños Tabeirón de Baio. A partires de agora camiñaremos ás beiras do río Lamas, afluente do río Grande.

PictographWaypoint Altitude 633 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 612 ft
Photo ofPonte. Cruzamos

Ponte. Cruzamos

PictographWaypoint Altitude 615 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 616 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 624 ft
Photo ofDolmen de Pedra Vixía

Dolmen de Pedra Vixía

Está datado entre os séculos IV e III a. C. Está moi alterado xa que os ortostastos que o conforman foron desprazados da súa posición orixinal. Conserva tamén dous fragmentos da cuberta. A pesares do seu mal estado de conservación e difícil localización, está incluido no Parque Xeolóxico do Megalitismo.

PictographWaypoint Altitude 621 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographWaypoint Altitude 600 ft
Photo ofA Pedra Vixía

A Pedra Vixía

Esta inmensa mole é Pedra Vixía que é a que dá nome a esta zona. Semella que esta gran rocha estea a vixiar o bosque e o río.

PictographWaypoint Altitude 606 ft
Photo ofNoria

Noria

Vemos a nora que movía un antigo muíño.

PictographWaypoint Altitude 583 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 592 ft
Photo ofBaixada a sendeiro

Baixada a sendeiro

PictographWaypoint Altitude 598 ft
Photo ofPresa

Presa

PictographWaypoint Altitude 606 ft
Photo ofSaltar rego

Saltar rego

PictographWaypoint Altitude 615 ft
Photo ofTerra

Terra

PictographWaypoint Altitude 601 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 628 ft
Photo ofPolígono Industrial do Allo

Polígono Industrial do Allo

Pasamos ao pé do polígono industrial de Zas que está situado nesta parroquia de S. Pedro do Allo. Rematou de urbanizarse no 2012.

PictographWaypoint Altitude 629 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographWaypoint Altitude 627 ft
Photo ofTorres do Allo

Torres do Allo

O Pazo de Torres do Allo está considerado un dos máis antigos de Galicia e sorprende pola decoración gótica da súa fachada. Os Gomes de Rioboo construiron a 1ª torre no S. XVI e logo ampliaron o pazo de forma mimética no S. XVII. A Casa dos Riobóo foi unha das grandes casas da nobreza galega que dende a I. Media tivo unha gran influencia na comarca, unha das poucas familias que conservou o seu patrimonio de xeración en xeración. É un conxunto etnográfico formado por un edificio monumental, hórreos, fontes, xardíns, un pombal, as antigas casas dos caseiros, soutos, carballeiras... nun fermoso entorno natural.

PictographWaypoint Altitude 630 ft
Photo ofPombal

Pombal

Unha distinción da nobleza galega, son os pombais. Todas as casas señorais e pazos tiñan un pombal. Hai un dito en castelán : "Si tiene palomar, capilla y ciprés; pazo es"

PictographWaypoint Altitude 626 ft
Photo ofIgrexa de S. Pedro de Allo.

Igrexa de S. Pedro de Allo.

É de estilo renacentista e ten detalles arquitectónicos de gran valor. Foi construida a mediados do S. XVI e restaurada en 1989. Destacan as figuras de Adán e Eva custodiando a entrada principal e a imaxe de S. Pedro preside a entrada tamén derriba desa porta. Aos lados deste, unha imaxe da Virxe e outra de S. Gabriel. O seu campanario lateral é unha curiosidade escasisíma na arquitectura relixiosa galega.

PictographWaypoint Altitude 615 ft
Photo ofCemiterio do Allo

Cemiterio do Allo

Este cemiterio ten un estilo moi innovador e emprega na súa construcción materiais naturais como a pedra, a tella e a madeira. O cemiterio está perfectamente integrado no entorno e foi inaugurado no 2005.

PictographWaypoint Altitude 608 ft
Photo ofBambú

Bambú

Esta árbore é unha especie exótica bastante invasora e que medra moi rápido. Existe á beira de varios ríos da nosa Comunidade.

PictographWaypoint Altitude 611 ft
Photo ofOs Muíños

Os Muíños

Un fermoso entorno onde, como o seu nome indica, houbo no pasado uns muíños e o encargado deles vivía tamén aí nun edificio dedicado a vivenda. Actualmente esa casa é unha Casa de Turismo rural chamada "A Casa do Muiñeiro".

PictographWaypoint Altitude 598 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 602 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 585 ft
Photo ofPaso estreito

Paso estreito

PictographWaypoint Altitude 594 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 590 ft
Photo ofÁ esquerda

Á esquerda

PictographWaypoint Altitude 585 ft
Photo ofÁrea de ocio

Área de ocio

Na Cacharosa, un lugar da parroquia de Baio atravesamos unha área de ocio con frondosa arboreda onde hai colocados aparellos para xogos tradicionais.

PictographWaypoint Altitude 578 ft
Photo ofMuíño das Quintas

Muíño das Quintas

PictographWaypoint Altitude 599 ft
Photo ofCampo de fútbol

Campo de fútbol

Pasamos a carón do campo do fútbol Platas Reinoso onde xoga o Club Deportivo Baio.

PictographWaypoint Altitude 599 ft
Photo ofMuíño Vello de Su A Agra

Muíño Vello de Su A Agra

PictographWaypoint Altitude 588 ft
Photo ofPoldras

Poldras

PictographWaypoint Altitude 570 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographWaypoint Altitude 555 ft
Photo ofPaseo fluvial

Paseo fluvial

Comments

    You can or this trail