Activity

PERANZANES TESO MULAR PICO DA CAMPOSA CHANO 21-ABR-18

Download

Trail photos

Photo ofPERANZANES TESO MULAR PICO DA CAMPOSA CHANO 21-ABR-18 Photo ofPERANZANES TESO MULAR PICO DA CAMPOSA CHANO 21-ABR-18 Photo ofPERANZANES TESO MULAR PICO DA CAMPOSA CHANO 21-ABR-18

Author

Trail stats

Distance
11.25 mi
Elevation gain
4,068 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
3,957 ft
Max elevation
6,207 ft
TrailRank 
36
Min elevation
3,015 ft
Trail type
One Way
Coordinates
499
Uploaded
April 24, 2018
Recorded
April 2018
Be the first to clap
Share

near Peranzanes, Castilla y León (España)

Viewed 573 times, downloaded 18 times

Trail photos

Photo ofPERANZANES TESO MULAR PICO DA CAMPOSA CHANO 21-ABR-18 Photo ofPERANZANES TESO MULAR PICO DA CAMPOSA CHANO 21-ABR-18 Photo ofPERANZANES TESO MULAR PICO DA CAMPOSA CHANO 21-ABR-18

Itinerary description

Esta ruta foi feita o 21 de abril de 2018 nunha actividade da Sociedad de Montaña Ártabros de A Coruña dirixida por min na que participaron 33 persoas. O tramo da aresta da Cordilleira Cantábrica entre o Teso Mular e o Pico da Camposa estaba cuberto de neve así como a valgada entre este último eo o refuxio de can de Can da Caballos. No descenso a pista estaba cuberta de neve ata os 1.500 metros de altitude.
As vistas son espectaculares e o terreo ándase ben aínda que ás veces é por matorral baixo.
A actividade foi un éxito debido á beleza e a autenticidade da ruta.
A descrición da ruta foi a seguinte:

RUTA – O CUETO MULAR E AS MASEIRINGAS

Saímos polo camiño que comeza preto das escolas de Peranzanes (950m) que nunha corta pero costenta subida supera o teso dende o que se albisca o val de Trascastro. Na seguinte baixada un forte ruxerruxe avisaranos dunha fervenza moi afundida no terreo que tenta, pero non o consigue, afastarnos da súa vista.

Trascastro (1050m) -o pobo das fontes, nada menos que 3- é afamado polos seus danzantes. Magoa de non poder velos, so actúan nas festas parroquiais. Aquí comezamos a subida polo teso que nos vai levar por pista en reviravoltas ata acadar o alto de Espalomares (1650m). en curta baixada acadaremos á braña de Trascastro e logo por antigos carreiros que usaban as vacas iremos acadando cada vez máis altura pasando pola Peñona e o alto da Fervienza ata que aparece ante nos, pola súa vertente máis amábel o Teso Mular.

Opcionalmente podemos subir ao Teso Mular (1.885m) máxima altitude desta parte da cordilleira. Na divisoria albiscaremos desde as alturas a engaiolante paisaxe das lagoas asturianas de Moredina e Camposa, que semellan inaccesíbeis arrombadas contra os altos cantís. Atravesaremos en sentido lonxitudinal a formación xeolóxica chamada “maseiringas” para ollar a mole do Peña Roguera e tamén opcionalmente subiremos se hai tempo, ao alto da Camposa que limita coa vizosa valgada de Zavuelve. Reuniremonos todos na cabana refuxio de Can de Caballos rehabilitada co esforzo dos veciños de Chano hai uns dez anos. Alí poderemos relembrar como na penúltima invernal de Ártabros en xaneiro de 2009 esta cabana serviunos como acubillo de emerxencia ante a situación de apuro debida a unha fortísima xistra con copiosa nevarada que se levantara uns minutos antes a rentes das “maseiringas”. A baixada farémola polo val de Couso que percorreremos ata rematar en Chano (980m), no seu típico bar.

Desnivel da rota II: 1000m. sin subir ao Teso Mular e ao alto da Camposa. Serán 270m. a maiores se se suben a estes dous picos. Distancia máxima: 17,4 qm. Altitude máxima acadada: 1.750 m (1.885m se se sube ao Teso Mular).

Complemento cultural da rota II: desde Chano o autobús levaranos ao castro de Chano que visitaremos –so se hai tempo-. No castro hai visitas guiadas (a nosa será autodidáctica) e ten centro de interpretación composto de tres pallozas.

NOTA: As fotos son cortesía de Juanjo.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 5,213 ft

Braña de Trascastro

PictographWaypoint Altitude 3,745 ft

CRUCE A CHANO

PictographWaypoint Altitude 5,633 ft

La Peñona

PictographWaypoint Altitude 5,819 ft

MASEIRINGAS

15-OCT-17 12:59:45

PictographWaypoint Altitude 5,419 ft

Monte Espalomares

PictographWaypoint Altitude 6,119 ft

Moredina

PictographWaypoint Altitude 6,145 ft

Pico Camposa

PictographWaypoint Altitude 3,975 ft

REENVIADOR

PictographWaypoint Altitude 5,401 ft

REF DE CAN de CABALLOS

PictographWaypoint Altitude 6,184 ft

Teso Mular

Comments

    You can or this trail