Pereira, a-Circular-00
near Barantes, Galicia (España)
Viewed 17 times, downloaded 8 times
Trail photos
Itinerary description
Waypoints
Barca do Barril
Lugar desde de embarque para cruzar o río desde que foi construída a presa de Santo Estevo. Por aquí no só chegaba o gando bravo de Caldelas, tamén subían ás barcas as cabalarías (burras) nas que o Benito da Somoza levaba as roscas á feira de Parada de Sil.
Cabeza, a (da Pereira)
Está riba da porta da entrada da Pereira de Riba. Catalogada como resto posibelmente de orixe castreña. Hai que pensar que esta parte da casa foi reconstruída en 1926. Todo fai pensar que se retirou do lugar que daquela ocupaba.
Empardeada, a (con fontela)
Zona esta da Empardeada (Emparedada) famosa polos singulares viñas nas que as paredes dos muros son robustas e altas. A fontela á beira do camiño non seca e resulta fundamental para refrescarse, agora nas andainas, máis antes na inchaia dos cestos de uvas.
Fontela da Barriga, a (ou da Prata)
Na marxe dereita do regato da Somoza, entre o camiño e o rego, dunhas laxas aflora un fontela que mantén a o mesmo caudal verán e inverno, supostamente con propiedades curativas ante a dor de barriga. Cando nos doía a barriga, tiñamos que vir beber a ela. Que os veciños de Figueiroá a coñezan como da Prata fainos pensar nunha importancia que entre os vivos non damos a entender.
Pereira, a
O Casal da Pereira foi entregado (doado) polo cura Auterigo, por volta dos ss. IX-X ao mosteiro de Santa Cristina, xunto con outros casais contiguos á igrexa e as freguesías de Bolmente e Xabrega, con viñas e todo. Case nada.
Riba, a
O lugar máis próximo á Ribeira (de aí o nome), aínda sen dar a volta cara á orientación sur do canón. O tipo de punto cádranos porque por debaixo da casa do Rivas pasa o camiño que, convertido en carreiro, leva cara á Somoza e a propia ribeira por este lado do regato.
Alvariza do Xordo
Bastante ben conservada, combina o uso principal de alvariza con mesmo a posibilidade de plantar cepas. Non nos mundos de hoxe, mais consérvanse fochas que seguro en tempos foron fontelas para as abellas teren auga próxima. A porta cerrábase estilo portaleira, con pedras.
Alvarizas vellas
Son dúas. máis pequenas que a do Xordo. Son máis antigas e case completamente derruídas, non obstante, comprobamos como nelas non estaba previsto pór vides.
Castro de Vilanova
Ben singular este castro. Conserva perfectamente marcado o foxo e os muros derrubados. Dentro del unha alvariza e na súa aba nordeste máis outras seguramente construídas coa antiga pedra da aldea prerromana.
Colado da Lama con Portela ao fondo
Os colados son formas exclusivas desta parte do canón para acceder desde o chao á ribeira. Non son bocarribeiras, son colos estreitos e pequenos nos que quedaban as arcas das uvas para facer a inchaia, con cabalarías ou ao carrelo, desde o profundo das viñas. Nesta ocasión, do outro lado do río Sil, Portela, lugar con arquitectura ben singular e tradicional, no concello de Parada de Sil.
Cruzamento-1
Neste punto tócanse ou crúzanse por uns metros a ida e a volta á ribeira. É o fondo da Costa á beira mesma do regato da Somoza.
Fontela da Bemposta
Fontela esta que recibe o nome da adecuada localización para saciar a sede. Despois da subida da ribeira por unha das pendentes máis pronunciadas, a auga para refrescarse e continuar cara á casa.
Igrexa de Barantes San Xoán
Inchaiadoiro dos Groís, balcón natural sobre Lobeiras
Os Groís é un largo tirando a meseta sobre unha vertical desde a que se ve Lobeiras. Até aí chegaban os carros, mais non é (nin era) un colado. Polas paredes que sosteñen este balcón natural gabean destemidos homes e mulleres.
Leiredo ao fondo
Desde a Viña Vella, vese Leiredo no fondo do val do regato da Somoza. Vexetan por aí videiras de Albarello e Branco Lexítimo; proximamente esperemos ver tamén cepas de Cumbrao.
Campo da Laxa, o
Cruzamento amplo cuxo nome se explica pola abundancia do granito, lixo polo que de nos acababamos co cu dos pantalóns.
O Lobio
Neste lugar, cara á pista, unha pía que recollía a auga que antes pasaba pola cociña da casa. A mina que aínda segue ofrecendo o mineral líquido está a poucos cen metros riba das casas.
O Marcozó (ou Marcozón)
Sen dúbida o marco entre as parroquias de Barantes e Bolmente. Por se non estivese claro, a outra referencia da estrema entre freguesías está xusto no fundo da vertical que cae sobre o río, o pozo do Piago. No CME figura como "pozo de peaje"; case nada. A Pilar de Barantes referíase a el como "Piagho".
Santalgaz (fontela)
Xusto na Lama (tamén a Lama de Santalgaz). Este ano 24, de tanta auga na primavera ,está espléndida, salvaxe; mesmo entre o manancial e o camiño pasa por unha pequena fervenza ou abanqueiro.
You can add a comment or review this trail
Comments