Activity

Pereira, a-Circular-01 (desde a Regueira)

Download

Trail photos

Photo ofPereira, a-Circular-01 (desde a Regueira) Photo ofPereira, a-Circular-01 (desde a Regueira) Photo ofPereira, a-Circular-01 (desde a Regueira)

Author

Trail stats

Distance
5.76 mi
Elevation gain
1,847 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
1,847 ft
Max elevation
1,842 ft
TrailRank 
46
Min elevation
814 ft
Trail type
Loop
Coordinates
1408
Uploaded
April 15, 2024
Recorded
February 2024
Be the first to clap
Share

near Barantes, Galicia (España)

Viewed 281 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofPereira, a-Circular-01 (desde a Regueira) Photo ofPereira, a-Circular-01 (desde a Regueira) Photo ofPereira, a-Circular-01 (desde a Regueira)

Itinerary description

Trilha circular a partir da Regueira (estrada xeral) con pasaxe por: alvarizas, castros, fontelas, lamas, marcos, viñas...

Waypoints

Photo ofBarca do Barril

Barca do Barril

Lugar desde de embarque para cruzar o río desde que foi construída a presa de Santo Estevo. Por aquí no só chegaba o gando bravo de Caldelas, tamén subían ás barcas as cabalarías (burras) nas que o Benito da Somoza levaba as roscas á feira de Parada de Sil.

Photo ofCabeza, a (da Pereira)

Cabeza, a (da Pereira)

Está riba da porta da entrada da Pereira de Riba. Catalogada como resto posibelmente de orixe castrexa. Hai que pensar que esta parte da casa foi reconstruída en 1926. Todo fai pensar que se retirou do lugar que daquela ocupaba.

PictographFlora Altitude 1,656 ft

Cortiña da Pía, a

As cortiñas eran, e son, zonas de terra fonda situadas entre os lugares e a parte máis baixa de terras, dedicadas mormente a pradería. Neste caso, o nome terá que ver con pertencer en tempos ao que foi o casal da Pía.

PictographFountain Altitude 868 ft
Photo ofEmpardeada, a (con fontela) Photo ofEmpardeada, a (con fontela)

Empardeada, a (con fontela)

Zona esta da Empardeada (Emparedada) famosa polos singulares viñas nas que as paredes dos muros son robustas e altas. A fontela á beira do camiño non seca e resulta fundamental para refrescarse, agora nas andainas, máis antes na inchaia dos cestos de uvas.

PictographFountain Altitude 1,496 ft
Photo ofFontela da Barriga, a (ou da Prata)

Fontela da Barriga, a (ou da Prata)

Na marxe dereita do regato da Somoza, entre o camiño e o rego, dunhas laxas aflora un fontela que mantén a o mesmo caudal verán e inverno, supostamente con propiedades curadoras ante a dor de barriga. Cando nos doía a barriga, tiñamos que vir beber a ela. Que os veciños de Figueiroá a coñezan como da Prata fainos pensar nunha importancia que entre os vivos non damos a entender.

PictographIntersection Altitude 1,619 ft

Lama da Regueira, a (comezo)

Xusto á beira das estrada de Sober a Doade, km 5 á dereita, a Lama da Regueira é un comunal dedicado ao pastoreo, mais tamén un dos lugares de improvisado campo de futbol a mediados do s. XX. Comeza aquí a ruta por haber espazo para deixar o vehículos. A primeira parte do trazado corre polo chao, mentres o centro e maior distancia distancia discorre pola ribeira, vindo tan só á parte alta desta na fontela da Bemposta e o colado da Lama. Finalmente o final do percorrido regresa polo Campo da Laxa e o Lobio.

PictographIntersection Altitude 1,617 ft

Lama da Regueira, a (fin)

Circular a ruta, mesmo que nos puntos chamados Cruzamento de superpoña durante unha ducia de metros.

PictographFauna Altitude 1,585 ft

Lama do Lobio, a (veciñal)

Moitos terreos de propiedade colectiva da veciñanza ao longo da freguesía. Nela, sempre abundante en xuncos, fórmase e pasa o regueiro que finalmente será o regato da Somoza.

PictographFlora Altitude 1,630 ft

Lama Pequena, a

Deixamos a estrada xeral para subirmos a Seoane (agora Barantes de Riba) polo camiño ordinario. Xusto no comezo, á esquerda, a Lama Pequena na actualidade propiedade de particulares apunta a que anteriormente foi veciñal, como aínda explica a memoria dos máis vellos.

PictographMonument Altitude 0 ft

Pereira, a

O Casal da Pereira foi entregado (doado) polo cura Auterigo, por volta dos ss. IX-X ao mosteiro de Santa Cristina, xunto con outros casais contiguos á igrexa e as freguesías de Bolmente e Xabrega, con viñas e todo. Case nada.

PictographTunnel Altitude 1,600 ft
Photo ofRiba, a

Riba, a

O lugar máis próximo á Ribeira (de aí o nome), aínda sen dar a volta cara á orientación sur do canón. O tipo de punto cádranos porque por debaixo da casa do Rivas pasa o camiño que, convertido en carreiro, leva cara á Somoza e a propia ribeira por este lado do regato.

PictographMonument Altitude 1,531 ft
Photo ofAlvariza do Xordo Photo ofAlvariza do Xordo Photo ofAlvariza do Xordo

Alvariza do Xordo

Bastante ben conservada, combina o uso principal de alvariza con mesmo a posibilidade de plantar cepas. Non nos mundos de hoxe, mais consérvanse fochas que seguro en tempos foron fontelas para as abellas teren auga próxima. A porta cerrábase estilo portaleira, con pedras.

PictographMonument Altitude 1,616 ft
Photo ofAlvarizas vellas

Alvarizas vellas

Son dúas. máis pequenas que a do Xordo. Son máis antigas e case completamente derruídas, non obstante, comprobamos como nelas non estaba previsto pór vides.

Photo ofCastro de Vilanova Photo ofCastro de Vilanova

Castro de Vilanova

Ben singular este castro. Conserva perfectamente marcado o foxo e os muros derrubados. Dentro del unha alvariza e na súa aba nordeste máis outras seguramente construídas coa antiga pedra da aldea prerromana.

PictographMountain pass Altitude 1,842 ft
Photo ofColado da Lama con Portela ao fondo

Colado da Lama con Portela ao fondo

Os colados son formas exclusivas desta parte do canón para acceder desde o chao á ribeira. Non son bocarribeiras, son colos estreitos e pequenos nos que quedaban as arcas das uvas para facer a inchaia, con cabalarías ou ao carrelo, desde o profundo das viñas. Nesta ocasión, do outro lado do río Sil, Portela, lugar con arquitectura ben singular e tradicional, no concello de Parada de Sil.

PictographIntersection Altitude 1,468 ft
Photo ofCruzamento-1

Cruzamento-1

Neste punto tócanse ou crúzanse por uns metros a ida e a volta á ribeira. É o fondo da Costa á beira mesma do regato da Somoza.

PictographIntersection Altitude 1,465 ft
Photo ofCruzamento-2

Cruzamento-2

PictographFountain Altitude 1,760 ft
Photo ofFontela da Bemposta

Fontela da Bemposta

Fontela esta que recibe o nome da adecuada localización para saciar a sede. Despois da subida da ribeira por unha das pendentes máis pronunciadas, a auga para refrescarse e continuar cara á casa.

Photo ofIgrexa de Barantes San Xoán

Igrexa de Barantes San Xoán

É o patrón da freguesía San Xoán, de aí Seoane (ou Seuane). O de Barantes de Riba ha de ser algo recente e posterior aínda a Barantes de Baixo. No CME ningún dos dous nomes aparece.

PictographPanorama Altitude 1,177 ft
Photo ofInchaiadoiro dos Groís, balcón natural sobre Lobeiras

Inchaiadoiro dos Groís, balcón natural sobre Lobeiras

Os Groís é un largo tirando a meseta sobre unha vertical desde a que se ve Lobeiras. Até aí chegaban os carros, mais non é (nin era) un colado. Polas paredes que sosteñen este balcón natural gabean destemidos homes e mulleres.

PictographPanorama Altitude 1,283 ft
Photo ofLeiredo ao fondo

Leiredo ao fondo

Desde a Viña Vella, vese Leiredo no fondo do val do regato da Somoza. Vexetan por aí videiras de Albarello e Branco Lexítimo; proximamente esperemos ver tamén cepas de Cumbrao.

PictographIntersection Altitude 1,574 ft
Photo ofCampo da Laxa, o

Campo da Laxa, o

Cruzamento amplo cuxo nome se explica pola abundancia do granito, lixo polo que de nos acababamos co cu dos pantalóns.

PictographFountain Altitude 1,595 ft
Photo ofO Lobio

O Lobio

Neste lugar, cara á pista, unha pía que recollía a auga que antes pasaba pola cociña da casa. A mina que aínda segue ofrecendo o mineral líquido está a poucos cen metros riba das casas.

PictographSummit Altitude 985 ft
Photo ofO Marcozó (ou Marcozón)

O Marcozó (ou Marcozón)

Sen dúbida o marco entre as parroquias de Barantes e Bolmente. Por se non estivese claro, a outra referencia da estrema entre freguesías está xusto no fundo da vertical que cae sobre o río, o pozo do Piago. No CME figura como "pozo de peaje"; case nada. A Pilar de Barantes referíase a el como "Piagho".

PictographFountain Altitude 1,583 ft
Photo ofSantalgaz (fontela) Photo ofSantalgaz (fontela) Photo ofSantalgaz (fontela)

Santalgaz (fontela)

Xusto na Lama (tamén a Lama de Santalgaz). Este ano 24, de tanta auga na primavera ,está espléndida, salvaxe; mesmo entre o manancial e o camiño pasa por unha pequena fervenza ou abanqueiro.

Comments

    You can or this trail