Activity

PETRÓGLIFOS DE TEO

Download

Trail photos

Photo ofPETRÓGLIFOS DE TEO Photo ofPETRÓGLIFOS DE TEO Photo ofPETRÓGLIFOS DE TEO

Author

Trail stats

Distance
7.05 mi
Elevation gain
541 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
541 ft
Max elevation
1,171 ft
TrailRank 
45
Min elevation
656 ft
Trail type
One Way
Coordinates
871
Uploaded
October 24, 2011
Recorded
October 2011
Be the first to clap
1 comment
Share

near Calo, Galicia (España)

Viewed 10151 times, downloaded 214 times

Trail photos

Photo ofPETRÓGLIFOS DE TEO Photo ofPETRÓGLIFOS DE TEO Photo ofPETRÓGLIFOS DE TEO

Itinerary description

O obxectivo da ruta é dar a coñecer á cidadanía os conxuntos de gravados rupestres ó aire libre máis importantes do Concello de Teo, que ata o de agora só eran coñecidos por un reducido grupo de estudosos e afeccionados á arqueoloxía. O gran número, variedade e beleza dos petróglifos de Teo merecen unha ruta que permita á cidadanía teense e galega coñecer o seu pasado e sentirse orgullosa del.
Os motivos representados poden dividirse en dous grandes grupos: un grupo xeométrico, o máis numeroso, no que destacan pola súa abundancia as cazoletas e coviñas, círculos, combinacións circulares e recticulados; e un grupo naturalista integrado por animais no que o cervo é o máis representado, seguido moi de lonxe doutros motivos como cabalos, armas e antropormofos.
O petróglifo de Outeiro de Corno, ó oeste da aldea de Regoufe en Luou, é probablemente, o conxunto máis relevante. O principal interese do conxunto radica na presenza dunha figura cuadrangular central e na súa asociación coa representación dunha arma en actitude pasiva. Trátase dun tipo iconográfico que remite de xeito incuestionable a un grupo de representacións presentes na zona cantábrica como as de Peña Tú (Llanes), que é a que habitualmente dá nome a este tipo iconográfico, Tabuyo del Monte (actualmente no Museo da Deputación de León), Sejos ou Hoyo de la Gándara (ambos en Cantabria). En todos aparecen estas figuras rectangulares divididas en franxas horizontais asociadas a representacións de armas. As últimas investigacións sinalan que estamos diante dun tipo de escudo descoñecido no rexistro arqueolóxico por estar fabricado con elementos perecedoiros. Este conxunto está considerado como unha das chamadas "rochas panoplias" máis importantes do Grupo Galaico da Arte Rupestre.
Salientar tamén a asociación localizada nos Montes de Luou entre os túmulos megalíticos e os petróglifos onde, ata o momento, se coñecen un total de nove estacións con petróglifos dispostos no contorno inmediato e bordeando a necrópole megalítica do Monte Piquiño (33 túmulos). Entre estes conxuntos cabe destacar o Petróglifo de Pena Bicuda de Loureiro, que conta co maior número de motivos representados (zoomorfos, combinacións circulares, coviñas...). Nestes montes atópase tamén a paraxe chamada "A Lagoa", onde se dí que estivo unha das lendarias "Eiras dos Mouros". Aínda que non quedan restos materiais visibles parece que existiu un círculo de pedrafitas onde hoxe en día só hai un pequeno desnivel do terreo que no inverno fica asolagado. Non obstante a "Eira dos Mouros de Loureiro" aparece mencionada en varios artigos de prensa dende os anos trinta e existen documentos que testemuñan a presencia de restos arqueolóxicos nesta paraxe. Por outra banda, os veciños de Luou e Lampai preservaron as vellas lendas relacionadas con este posible “cromlech”, todo un referente do chamado patrimonio inmaterial teense.
Outros gravados rupestres máis coñecidos entre a veciñanza son as estacións de río Angueira ou de Monte Cornide, con combinacións circulares e un conxunto excepcional de escenas de monta, e o Petróglifo de Mouromorto, tamén na parroquia de Calo, onde comeza a nosa ruta.
É imprescindible levar pantalóns longos e boas botas. Os camiños están limpos pero os accesos a algún dos conxuntos atópanse cheos de matogueiras e toxos.
A ruta inclúe a situación doutros gravados situados fóra do percorrido pero que se atopan no Concello de Teo.
Sinalar, por último, que a paraxe do Monte Piquiño así como o Monte da Grela en Lampai (miradoiro natural único na Comarca con vistas sobre a ría de Arousa), fican arestora ameazadas polo proxecto de construción dun novo parque eólico. Feito que, de realizarse, poría en perigo o espazo arqueolóxico e paisaxístico máis importante do Concello de Teo.
Ver: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/06/07/galicia/1339100315_543610.html

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,198 ft

EIRA DOS MOUROS

Posible Círculo Lítico_Eira dos Mouros

PictographWaypoint Altitude 1,171 ft

Mámoa Monte Piquiño

09-SEP-09 18:03:33

PictographWaypoint Altitude 1,171 ft

Mámoa no Piquiño

09-SEP-09 18:05:55

PictographWaypoint Altitude 768 ft

Mámoa de Trasellas

09-SEP-09 16:57:06

PictographWaypoint Altitude 1,237 ft

Mámoa Piquiño

19-AGO-09 19:09:48

PictographWaypoint Altitude 0 ft

MOUROMORTO

Inicio Ruta

PictographWaypoint Altitude 1,168 ft

PETRÓGLIFO DA PENA BICUDA DE LOUREIRO

Petróglifo da Pena Bicuda de Loureiro

PictographWaypoint Altitude 1,115 ft

PETRÓGLIFO DA PENA BICUDA DE REGOUFE

Petróglifo de pena bicuda de Regoufe

PictographWaypoint Altitude 977 ft

PETRÓGLIFO DO CHAN DO POUSO

10-SEP-09 19:21:14

PictographWaypoint Altitude 745 ft

PETRÓGLIFO CORNIDE 1

Estación 1. Petróglifos de Río Angueira ou Cornide

PictographWaypoint Altitude 981 ft

PETRÓGLIFO CORNIDE 2

Estación dúas. Río Angueira 2

PictographWaypoint Altitude 1,216 ft

PETRÓGLIFO DO FONDAO

10-SEP-09 18:03:32

PictographWaypoint Altitude 1,089 ft

PETRÓGLIFO DA PÓBOA (CACHEIRAS)

20-AGO-09 18:42:23

PictographWaypoint Altitude 802 ft

PETRÓGLIFO DE MOUROMORTO 1

Petróglifo do Cruceiro Vello 1

PictographWaypoint Altitude 955 ft

PETRÓGLIFO OLLARTE - MONTE PIQUIÑO

10-SEP-09 19:34:00

PictographWaypoint Altitude 981 ft

PETRÓGLIFO DE OUTEIRO DO CHAN DO POUSO

Petróglifo de Outeiro do Chan de Pouso_Loureiro

PictographWaypoint Altitude 823 ft

CRUCIFORME NO OUTEIRO DO CORNO

Cruciforme na encrucillada de camiños

PictographWaypoint Altitude 757 ft

PETRÓGLIFO DE OUTEIRO DO CORNO 1

Petróglifo de tipoloxía Peña Tú

PictographWaypoint Altitude 0 ft

SANTISO

Merendeiro do Santiso_Fin Ruta

Comments  (1)

You can or this trail