Activity

Poio (Muíños de Samieira-Bosque de Colón-Fervenzas do Pereiro)

Download

Trail photos

Photo ofPoio (Muíños de Samieira-Bosque de Colón-Fervenzas do Pereiro) Photo ofPoio (Muíños de Samieira-Bosque de Colón-Fervenzas do Pereiro) Photo ofPoio (Muíños de Samieira-Bosque de Colón-Fervenzas do Pereiro)

Author

Trail stats

Distance
13.78 mi
Elevation gain
2,513 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,513 ft
Max elevation
1,527 ft
TrailRank 
60
Min elevation
22 ft
Trail type
Loop
Time
8 hours 38 minutes
Coordinates
3390
Uploaded
December 31, 2018
Recorded
December 2018
Share

near Samieira, Galicia (España)

Viewed 1903 times, downloaded 60 times

Trail photos

Photo ofPoio (Muíños de Samieira-Bosque de Colón-Fervenzas do Pereiro) Photo ofPoio (Muíños de Samieira-Bosque de Colón-Fervenzas do Pereiro) Photo ofPoio (Muíños de Samieira-Bosque de Colón-Fervenzas do Pereiro)

Itinerary description

Bonita ruta polo Concello de Poio. Percorremos unha primeira,polos Muíños de Samieira que nos levará ata o Bosque de Colón, o maior de Europa de sequoias. Facémolo durante case nove quilómetros subindo. Agora toca baixada ata o lugar de A Seca, onde no Asador A Freixa procedemos a xantar.
Antes pasamos por outra das rutas existentes nesta zona, a das Fervenzas do Pereiro.

Pola tarde facemos o resto da ruta que nos queda ata o inicio en Teinogueira, a beira do campo de fútbol do Samieira, pasando polo Parque da Memoria, un anaco do Camiño Espiritual de Santiago, rozando o interior de Combarro. Desviámonos do camiño para entrar en pleno monte por pistas forestais ata o final da ruta.

Temos asfalto dende que abandonamos o Pereiro ata que saímos de Combarro, sobre cinco quilómetros. Tanto a ruta dos Muíños de Samieira como a das Fervenzas do Pereiro, están e perfectas condicións para podelas transitar sen ningún problema. Polas pistas forestais e camiños tamén se pasa perfectamente, incluso nestes días de chuvia.

O tempo en movemento foi de 5 horas 54 minutos. A media foi de 3,8 quilómetros hora.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofVistas dende o Parque da Memoria Photo ofVistas dende o Parque da Memoria Photo ofVistas dende o Parque da Memoria

Vistas dende o Parque da Memoria

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofAs fervenzas O Pereiro Photo ofAs fervenzas O Pereiro Photo ofAs fervenzas O Pereiro

As fervenzas O Pereiro

Esta ruta ofrece a posibilidade de coñecer a beleza natural dun deses recunchos ocultos que pouca xente coñece. Moitas veces temos ao noso lado lugares marabillosos que nin sequera sabemos que existen. Esta ruta lineal pretende mostrarnos un bonito carreiro a beiras do Rego do Pereiro, no que o son das súas augas convértense nun elemento constante ao longo de toda a ruta. Pasaremos por varias pontes de madeira, polo " Muiño da Boneira", por varios regachos e pequenas " fervenzas" ata chegar a "A fervenza do Pereiro". A pesar de que o camiño de ida é costa arriba, é de fácil acceso mesmo para nenos. Noticia no Faro de Vigo de data 25-05-2018: A Ruta dás Fervenzas no Pereiro presenta, desde hai uns días, unha nova imaxe. O Concello de Poio levou a cabo unha reforma integral para poñer a punto esta bonita ruta. O goberno local destinou 14.500 euros de fondos propios para a rehabilitación de boa parte das pontes e as proteccións desta pequena ruta de sendeirismo de apenas un par de quilómetros que une os muíños da zona coa fervenza. "As pontes que se usaban para salvar o pequeno río de Pereiro estaban podrecidos e as proteccións que se usaban para salvar os desniveis, tamén. A "Ruta dás Fervenzas do Pereiro" é un dos espazos que o Concello busca promocionar co seu plan de excursións de sendeirismo.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMuíños de Samieira Photo ofMuíños de Samieira Photo ofMuíños de Samieira

Muíños de Samieira

Muíños de Samieira (Galicia Máxica) A Ruta dos muíños de Samieira é un percorrido pola historia do río Freiría que nos mostra un conxunto etnográfico formado por 23 muíños. O nome de río Freiría, tamén chamado Arroio dos Muíños, ten como orixe toponímico a palabra "frades", xa que o río era coñecido como "río dos frades", debido a que no lugar do seu nacemento, un nobre convertido a frade construíu un pequeno convento do que non quedan restos. A senda comeza na Praza de Alfredo Romay, en Samieira, e desde alí en dirección sur atopamos o primeiro muíño da ruta ( Muíño de Cubo de Abaixo) e continuando a senda chegamos a Fontemulleres, onde se atopa o lugar de interés " Oco das campás. Volvendo a Praza de Samieira e continuando cara ao norte descubrimos os demais muíños. O primeiro quilómetro do percorrido discorre por Samieira, e partir de aquí atopamos máis de vinte muíños en diferentes estados de conservación. Tras deixar atrás a área de Xirome, entramos nunha franxa de bosque de ribeira que ascende ata o foxo dás vacas que aínda se mantén en bo estado de conservación.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCruceiro e hórreos en Combarro Photo ofCruceiro e hórreos en Combarro Photo ofCruceiro e hórreos en Combarro

Cruceiro e hórreos en Combarro

Desde algún rincón

PictographWaypoint Altitude 198 ft

Cuceiro e Fonte

PictographWaypoint Altitude 179 ft

INICIO Campo futbol Samieira

N42.42356° W8.73396°

PictographWaypoint Altitude 185 ft

Muiños-da Loriña-do Barreiro

PictographWaypoint Altitude 234 ft

Muiños-de Balboa-de Espiga-de Esperón-Muiñeiro

PictographWaypoint Altitude 166 ft

Muiños-de Cancela-de Portas-do Cego

PictographWaypoint Altitude 395 ft

Muiños-de Carballos-de Santiaguiño-de Arriba

PictographWaypoint Altitude 322 ft

Muiños-de Catalina-Novo-da Ponte

PictographWaypoint Altitude 305 ft

Muiños-de Suarez-de Cabezudo-de Teselán-de Correa

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMuíños de cubo e canle no rego do Pereiro Photo ofMuíños de cubo e canle no rego do Pereiro Photo ofMuíños de cubo e canle no rego do Pereiro

Muíños de cubo e canle no rego do Pereiro

Os muíños son construcións de pedras pequenas cubertas de tella, xeralmente cadradas, que se dividen en dúas plantas; tremiñano (parte superior) e o inferno (parte inferior). Localízanse nas beiras dos ríos para aproveitar o seu caudal e trasladar a auga ao muíño. Hai dous sistemas de aproveitamento que afectan á súa arquitectura: muíños de canle ou de cubo. Os de canle, a auga accede á adega por unha canle de pedra máis estreito e profundo canto máis se achega ás penas do rodicio precipitándose con forza. Este sistema afai instalarse en ríos de caudal aceptable ou nos tramos medios e baixos dos regachos. (Os de cubo precisan dun almacenamento previo da auga e dunha saída abocada dun chorro que faga que supla a carencia do caudal regular). En canto aos tipos de fariña, unha vez cargada a moa e hechado a andar, o gordo da fariña regulábase na cruceta e na caída da acequia: levantando a moa a fariña saía máis viva e baixándoa máis miúda. Tiñamos varios tipos de calidades: o óleo, fariña que cae preto do pé, moi fina e que servía de papas para os nenos; daquela a fariña propiamente dita; ou farelo, máis lonxe do pé, fariña brava con casca do gran de maiz; ou picón, grans machucados

PictographWaypoint Altitude 376 ft

Muíños de Xirome de Campelo dos Cabanales

PictographWaypoint Altitude 18 ft
Photo ofParque da Memoria Photo ofParque da Memoria Photo ofParque da Memoria

Parque da Memoria

Un bonito parque situado no lugar da Seca, concello de Poio. Paseando por este parque podemos ver unha preciosa panorámica da ría de Pontevedra contemplando, entre outros, o bonito pobo mariñeiro de Combarro, Marín á fronte ou a Illa de Tambo no medio da ría. Desde a súa situación excepcional permite igualmente contemplar toda a enseada que se estende desde os pobos de Combarro a Campelo, un gran areal que alberga unha rica zona de marisqueo. Debido á súa configuración de leito mariño case plano, ofrece unha visión totalmente diferente se se contempla coa marea chea ou con baixa mar. Conta con aparcadoiro gratuíto, zonas axardinadas con palmeiras, unha gran extensión de céspede, fontes de auga e zona de xogos infantís entre outros servizos. A poucos metros tamén hai pistas deportivas de uso público e unha cafetería próxima. O máis destacado deste parque, a parte da súa privilexiada situación sobre o mar, é un conxunto de esculturas nas que podemos observar talladas en pedra retratos de galegos ilustres, simboloxía celta, representación de animais e demais obras. Formando un círculo todas elas rodean unha escultura en forma de chama, representando un faro, con base de Sargadelos.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPasarela e muiños ao fondo

Pasarela e muiños ao fondo

PictographWaypoint Altitude 323 ft
Photo ofRego Do Pereiro

Rego Do Pereiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofVista fotrográfica

Vista fotrográfica

PictographWaypoint Altitude 1,488 ft

Zona descanso

Comments  (2)

  • Photo of santamariap
    santamariap Mar 2, 2020

    Bonita ruta, perfectamente transitable, y gran trabajo con el track. Tiene un poco de todo: senderos junto a pequeños regatos, pistas, bosque, la zona de la fervenza... Gracias!

  • Photo of Dasparrandas (José Luis Porto)
    Dasparrandas (José Luis Porto) Mar 2, 2020

    Alégrome moito que che gustase este roteiro, a nós pasounos o mesmo. Esperamos poder seguir realizando camiñadas para que todos podámolas gozar.
    Un saúdo

You can or this trail