Activity

Pola costa de Beluso (Bueu): de Lagos a cabo Udra por Beluso

Download

Trail photos

Photo ofPola costa de Beluso (Bueu): de Lagos a cabo Udra por Beluso Photo ofPola costa de Beluso (Bueu): de Lagos a cabo Udra por Beluso Photo ofPola costa de Beluso (Bueu): de Lagos a cabo Udra por Beluso

Author

Trail stats

Distance
8.1 mi
Elevation gain
1,368 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,368 ft
Max elevation
409 ft
TrailRank 
68 4
Min elevation
3 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 29 minutes
Coordinates
2026
Uploaded
May 16, 2017
Recorded
March 2017
  • Rating

  •   4 2 Reviews

near Bueu, Galicia (España)

Viewed 2838 times, downloaded 107 times

Trail photos

Photo ofPola costa de Beluso (Bueu): de Lagos a cabo Udra por Beluso Photo ofPola costa de Beluso (Bueu): de Lagos a cabo Udra por Beluso Photo ofPola costa de Beluso (Bueu): de Lagos a cabo Udra por Beluso

Itinerary description

Preparamos esta saída descoñecendo totalmente que existía un “sendeiro do litoral de Bueu” bastante ben sinalizado e a nosa ruta coincide con el nunha boa parte do percorrido. Para facer a ruta circular procuramos o xeito de cortar polo interior dende os arredores da praia de Lagos até o porto de Beluso. Nalgún mapa vimos a liña do tendido de alta tensión e mesmo restos do que foi un cortalumes, e apostamos por ese posíbel camiño para evitar asfalto continuado neste tramo interior.
Deixamos o coche na fermosa praia de Lagos e comezamos a camiñar na area da praia cara ao sur, polas rochas que dan a unha pequena cala moi próxima a Lagos e continuamos polas rochas até a punta Testada, onde temos que incorporarnos brevemente á estrada para cortar polo interior cara a Beluso (a uns 400 m da saída). Catrocentos metros pola estrada lévannos a unha curva á dereita cun desvío asfaltado á esquerda: entre a curva e o desvío temos a liña de alta tensión por onde ascendemos o monte. Chega un momento en que o que foi cortalumes é impracticábel, pero temos un camiño á nosa esquerda (e moi axiña á dereita) que nos leva novamente á liña eléctrica, que podemos seguir practicamente até saír á estrada no lugar da Roza, xa moi perto da igrexa de santa María de Beluso.
Deixamos a igrexa á nosa esquerda para continuar cara ao lugar do Cabalo e ao peirao de Beluso (por tras da igrexa hai un cemiterio que intentamos rodear, mais está totalmente pechado o posíbel paso, polo que é obrigado seguir polo asfalto).
Despois duns 4 km de ruta (dos cales algo máis de dous foron de asfalto) xa estamos na liña litoral, co porto de Beluso á nosa dereita e ante a praia de Roiba, que conserva a edificación do que foi fábrica de salgadura e paneis informativos sobre os procesos.
Temos marcas da senda do litoral de Bueu e seguímolas, afastándonos nun primeiro intre da costa, das puntas Arbosa e de Trimiño, para axiña tomar un camiño e, rodeando unha finca, asomármonos de novo ao mar nunha bonita cala. Comeza unha das partes máis impresionantes da nosa ruta. Podemos seguir o estreito camiño ou andar polas rochas (choveunos un chisco e sempre hai que ter ollo se non están totalmente secas). Avanzando, os ollos ábrense como pratos á vista da pequena praia de Sartaxéns, cunha tonalidade de verde nas augas totalmente excepcional. Paga a pena demorarse, tirar unhas cantas fotos quen guste diso, gozar da vista... e en menos de medio quilómetro xa estamos na punta Aguda que dá paso ao areal da Tuia (ou Tulla?). Atravesamos a praia, pasamos polas rochas de punta Cornide e asomámonos xa á praia da Mourisca, coa súa industria de salgadura no extremo oposto: está totalmente rehabilitada e, malia atopármola pechada, pódese apreciar o interior bastante ben dende a porta, nunha das fotos vese no chan a chanca (conxunto de pías ou depósitos de pedra) onde se mantiña o peixe até completar o proceso de curado.
Logo da Mourisca accedemos propiamente á península de Udra. Dirixímonos primeiramente á punta Cagadoiro, con boa panorámica cara a Ons e a ría de Pontevedra, e á pequena praia do Pedrón. O cerre dunha gran finca privada non nos permite continuar a carón do mar e non temos máis remedio que recuar un anaco do camiño e retomar a senda litoral sinalizada que xa nos conduce cara á Aula da Natureza, que conta cunha cantina que acostuma estar aberta.
A continuación o camiño, xa prohibido para vehículos, achégase á punta que conforma propiamente o cabo que dá nome a esta zona e logo podemos optar por seguir perto do mar ou ascender ao castro (vértice xeodésico a 86 m sobre o nivel do mar e cunha fermosa panorámica sobre boa parte da ría de Pontevedra, Ons e mesmo a Barbanza, cara ao norte; cara ao sur, a punta de Couso e a ría de Aldán).
Descendemos do castro e, atravesando unha zona de monte baixo e fermosos penedos, achegámonos até as rochas para gozar da rompente de punta Chenla (non está indicado o punto na ruta, pero é doado adiviñalo). Seguimos camiño para completar a península, que rematamos desviándonos só uns metros para apreciar dous chozos ou cortellas (construídos para abeiro de pastores e empregados dende o século XIX até mediados do XX) e pasando onda a praia do Ancoradoiro. Paneis informativos explican a orixe dos chozos e contan algunha curiosidade sobre os recursos empregados polos pastores, como a utilización de cornos como esqueiros para manter a isca acesa e lista para prender lume.
Seguimos as indicacións da senda litoral, malia ser posíbel ir máis próximos ao mar, para ficar abraiados coa viveza e o colorido do pequeno humidal de Escorregadoira, auténtico tesouro agachado neste recanto do Morrazo. Salgueiros, loureiros, diversidade de fentos e brións dan acubillo aos anfibios que se reproducen aquí e as augas do humidal dan de beber aos cabalos do monte e aos xabarís.
En medio quilómetro dende o humidal rematamos a ruta na praia de Lagos, no mesmo punto de partida.

Ligazóns: http://turismoengalicia.blogspot.com.es/2013/01/sendero-litoral-de-bueu.html/
e sobre a zona de cabo Udra: http://www.turmorrazo.com/esp/bueu.php?menu=8_5

Waypoints

PictographBeach Altitude 213 ft
Photo ofPraia de Lagos Photo ofPraia de Lagos Photo ofPraia de Lagos

Praia de Lagos

Praia de Lagos

PictographBeach Altitude 180 ft
Photo ofCala xunto á praia de Lagos Photo ofCala xunto á praia de Lagos Photo ofCala xunto á praia de Lagos

Cala xunto á praia de Lagos

Cala xunto á praia de Lagos

PictographReligious site Altitude 440 ft

Igrexa de Beluso

Igrexa de santa María de Beluso

PictographFountain Altitude 381 ft

Fonte

Fonte

PictographBeach Altitude 213 ft
Photo ofPraia de Roiba. Fábrica de salgadura Photo ofPraia de Roiba. Fábrica de salgadura Photo ofPraia de Roiba. Fábrica de salgadura

Praia de Roiba. Fábrica de salgadura

Praia de Roiba. Fábrica de salgadura

PictographBeach Altitude 220 ft
Photo ofCala despois de punta Trimiño Photo ofCala despois de punta Trimiño Photo ofCala despois de punta Trimiño

Cala despois de punta Trimiño

Cala despois de punta Trimiño

PictographBeach Altitude 226 ft
Photo ofPraia de Sartaxéns Photo ofPraia de Sartaxéns Photo ofPraia de Sartaxéns

Praia de Sartaxéns

Praia de Sartaxéns

PictographBeach Altitude 184 ft
Photo ofPraia da Tuia Photo ofPraia da Tuia Photo ofPraia da Tuia

Praia da Tuia

Praia da Tuia

PictographWaypoint Altitude 213 ft

Punta Cornide

Punta Cornide

PictographBeach Altitude 180 ft
Photo ofPraia da Mourisca Photo ofPraia da Mourisca Photo ofPraia da Mourisca

Praia da Mourisca

Praia da Mourisca

PictographWaypoint Altitude 236 ft
Photo ofFábrica de salgadura rehabilitada Photo ofFábrica de salgadura rehabilitada

Fábrica de salgadura rehabilitada

Fábrica de salgadura rehabilitada

PictographWaypoint Altitude 174 ft
Photo ofPunta Cagadoiro Photo ofPunta Cagadoiro Photo ofPunta Cagadoiro

Punta Cagadoiro

Punta Cagadoiro

PictographBeach Altitude 180 ft
Photo ofPraia do Pedrón

Praia do Pedrón

Praia do Pedrón

PictographProvisioning Altitude 299 ft

Aula da Natureza. Cantina

Aula da Natureza. Cantina

PictographPanorama Altitude 469 ft
Photo ofVértice xeodésico. O Castro Photo ofVértice xeodésico. O Castro Photo ofVértice xeodésico. O Castro

Vértice xeodésico. O Castro

Vértice xeodésico. O Castro

PictographWaypoint Altitude 276 ft
Photo ofChozos ou cortellas Photo ofChozos ou cortellas

Chozos ou cortellas

Chozos ou cortellas

PictographWaypoint Altitude 233 ft
Photo ofHumidal da Escorregadoira Photo ofHumidal da Escorregadoira

Humidal da Escorregadoira

Humidal da Escorregadoira

Comments  (4)

  • Photo of Fernando Moreiras
    Fernando Moreiras May 8, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Moi xeitosa e bastante ben indicada, aínda que co tempo algúns camiños desapareceron e hai que ir corrixindo. A paisaxe é espectacular.

  • Photo of madmalkav
    madmalkav May 8, 2021

    El cortafuegos que cometan al principio está comido por la maleza. Los primeros km son un poco pse pero luego es una pasada de bonita.

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho May 8, 2021

    Graciñas, Fernando, pola valoración e polos comentarios. Mentres dea para ir corrixindo, a ruta ben paga a pena

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho May 8, 2021

    Graciñas, madmalkav, pola valoración e por comentar a ruta. Os primeiros km son a escusa para facela circular, tes razón que non valen moito, pero logo é ven fermosa, si.

You can or this trail