Activity

Pola Laxe: fervenza de Casariños, río Valdohome (regreso por levada) e miradoiro da Laxe

Download

Trail photos

Photo ofPola Laxe: fervenza de Casariños, río Valdohome (regreso por levada) e miradoiro da Laxe Photo ofPola Laxe: fervenza de Casariños, río Valdohome (regreso por levada) e miradoiro da Laxe Photo ofPola Laxe: fervenza de Casariños, río Valdohome (regreso por levada) e miradoiro da Laxe

Author

Trail stats

Distance
5.1 mi
Elevation gain
1,089 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,089 ft
Max elevation
2,612 ft
TrailRank 
51
Min elevation
1,861 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 12 minutes
Coordinates
1573
Uploaded
February 7, 2022
Recorded
February 2021
Share

near Laje, Galicia (España)

Viewed 175 times, downloaded 7 times

Trail photos

Photo ofPola Laxe: fervenza de Casariños, río Valdohome (regreso por levada) e miradoiro da Laxe Photo ofPola Laxe: fervenza de Casariños, río Valdohome (regreso por levada) e miradoiro da Laxe Photo ofPola Laxe: fervenza de Casariños, río Valdohome (regreso por levada) e miradoiro da Laxe

Itinerary description

Ruta pola parroquia da Laxe, no concello de Fornelos de Montes.

Deixamos o coche na área de descanso do Chan do Campo de Arriba coa idea de facermos a ruta dos chozos da Laxe (unha ruta ben fermosa que fixemos tempo despois: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-dos-chozos-da-laxe-fervenza-de-casarinos-coto-dos-ladrons-rio-valdohome-94298231), pero o resultado foi unha ruta improvisada a partir do descenso ao río Valdohome tratando de aproximarnos á fervenza do Coto Grande. Tanto nos gustou a zona do río onda o muíño de Abaixo que nos esquecemos da ruta que tiñamos en mente para ese día e cruzamos o río na procura dun lugar polo que descender até a fervenza do coto Grande. A cuestión é que nos resultou imposíbel polas silveiras que pechan o descenso a ambas as beiras do río, pero sen pensalo continuamos o camiño pola pista... afastándonos da ruta dos chozos e manténdonos a media ladeira case paralelos ao río.

Pero comezo polo principio. Da Chan do Campo de Arriba fomos cara á fervenza de Casariños ou de Fonte Uceira, nesta ocasión ben cheíña da auga que lle fornecen as barranqueiras de Casariños e de Fonte Uceira. En 500 metros xa soa e goza dunha boa panorámica sobre a fervenza (sobre todo no inverno, cando as follas das árbores non tapan a vista), cun banquiño deses que está de moda chantar en espazos naturais. Antes de descender á base da fervenza, seguimos unha sendiña estreita a media ladeira que nos leva á zona situada por riba dela, onde se pode cruzar o río. Outra fervenza cunha boa pociña ábrenos ben os ollos antes de desandar ese pequeno treito e baixar á base da fervenza de Casariños. Viñemos tras un mes de chuvia intensa e o espectáculo é unha marabilla. Regresamos até o banquiño do miradoiro anterior para ir directos á fervenza do Coto Grande.

Xa o día prometía unha ruta pouco ortodoxa cando nos saímos da ruta “oficial” para atravesar a aldea da Airoa por unha congostra empedrada. Saímos á estrada e cruzámola para ir descendendo até a ponte da Estalga, sobre a barranqueira que descende dende Casariños, e continuamos até o desvío cara ao muíño de Abaixo e o río Valdohome, xusto na zona dende a que mellor se aprecia a fervenza do Coto Grande. Como dixen, imposíbel baixar até a fervenza polas silvas, así que seguimos até o muíño, onde semella rematar o camiño. Sorprendeunos gratamente este recuncho do río, con pequenos saltos tras o muíño e onde non resulta moi complicado pasar á outra beira polas pedras e co apoio dalgunha árbore (xustamente antes do muíño). Deleitámonos sentados nestas pedras un tempiño, tanto que esquecemos a ruta prevista e procuramos a pista que segue ao outro lado do río. Tampouco foi posíbel descender até a fervenza dende ese lado, así que seguimos, despistados e ben a gusto, pola pista que nos afastaba da ruta dos chozos e que seguía aproximadamente o curso do río a media ladeira.

Cruzamos un rego que descendía tamén cara ao Valdohome e aí decatámonos de que esa non era a a ruta prevista. Pero sentan ben estes despistes de cando en vez. Tratamos de subir o monte entre toxos, algunha rocha e pequenos claros, pero desistimos axiña porque non levabamos comida e a cousa podía ir para longo... así que seguimos pola mesma pista, vendo que case á mesma altura e do outro lado do río se apreciaba un camiño polo que calculamos que poderiamos volver se máis adiante podiamos cruzar o río. Total, que seguimos tirando millas até que vimos que pista comezaba a ascender e separarse do río, así que buscamos solucións: xustamente pasando un muíño (marcado cun waypoint na ruta) vimos que podiamos cortar polo monte até unha pista paralela inferior, e unha vez nesta recuamos uns metros até atopar un pequeno muro que baixaba en dirección ao río con moitas árbores aos lados nas que irnos apoiando para salvar sen problemas o desnivel. Un chisco de aventura, pouco arriscada aínda que pouco recomendábel para que guste das andainas sen complicacións.

Total, que fomos saír a unha zona moi chula do río, con remansos e pozas estupendas e até con algunha mesa en plan merendeiro. O que faltaba era pasar á outra beira e logo procurar o camiño que tiñamos visto dende a pista e para iso nada mellor que unha estupenda ponte salvadora na estrada xeral case xusto por riba do lugar ao que fomos saír dende a noso descenso improvisado.

Así que seguimos un camiño (este si, camiño de verdade) até a estrada, atravesamos a ponte e a seguir procuramos un acceso para regresar pola outra beira. A verdade é que resultou sinxelo e ao pouco (ao pasar o muriño da foto do waypoint) xa estabamos no camiño que resultou ser unha levada que, desculpade a redundancia, nos foi levando de volta pola beira contraria á do camiño de ida, primeiro a media ladeira e logo descendendo até o nivel do río. En menos de 1 km dende a ponte saímos a un claro dende o que soamente tivemos que ascender un chisco á nosa dereita e saltar un pequeno muro (baixiño, nada extraordinario) e xa estabamos no mesmo camiño da ida regresando á Airoa.

A partir de aí, desviámonos da estrada para volver polo miradoiro da Laxe e de volta á Chan do Campo de Arriba, satisfeitos polo ben que resultara a aventura improvisada e acordando volver noutra ocasión a facer a ruta “auténtica”. Quedou un paseíño ben recomendábel e por iso volo deixo por aquí, por se a alguén lle pica a curiosidade...

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 2,791 ft
Photo ofChan do Campo de Arriba

Chan do Campo de Arriba

Área de descanso

PictographPanorama Altitude 2,530 ft
Photo ofMiradoiro fervenza Casariños

Miradoiro fervenza Casariños

PictographWaterfall Altitude 2,480 ft
Photo ofPor riba da fervenza de Casariños Photo ofPor riba da fervenza de Casariños Photo ofPor riba da fervenza de Casariños

Por riba da fervenza de Casariños

PictographWaterfall Altitude 2,438 ft
Photo ofFervenza de Casariños Photo ofFervenza de Casariños Photo ofFervenza de Casariños

Fervenza de Casariños

PictographWaypoint Altitude 2,302 ft
Photo ofAldea da Airoa Photo ofAldea da Airoa

Aldea da Airoa

PictographWaypoint Altitude 2,198 ft

Airoa

PictographBridge Altitude 1,996 ft
Photo ofPonte da Estalga (Barranqueira de Fonte Uceira) Photo ofPonte da Estalga (Barranqueira de Fonte Uceira)

Ponte da Estalga (Barranqueira de Fonte Uceira)

PictographPanorama Altitude 2,144 ft
Photo ofVista fervenza do Coto Grande (e desvío cara ao río Valdohome) Photo ofVista fervenza do Coto Grande (e desvío cara ao río Valdohome) Photo ofVista fervenza do Coto Grande (e desvío cara ao río Valdohome)

Vista fervenza do Coto Grande (e desvío cara ao río Valdohome)

PictographRiver Altitude 2,139 ft
Photo ofMuíño de Abaixo (río Valdohome) Photo ofMuíño de Abaixo (río Valdohome)

Muíño de Abaixo (río Valdohome)

PictographRiver Altitude 2,349 ft
Photo ofRego

Rego

PictographRuins Altitude 2,287 ft
Photo ofMuíño. Deixamos a pista e descendemos á paralela

Muíño. Deixamos a pista e descendemos á paralela

PictographWaypoint Altitude 2,243 ft
Photo ofCambio de camiño. Descenso cara ao río

Cambio de camiño. Descenso cara ao río

PictographWaypoint Altitude 2,243 ft
Photo ofBaixando cara ao río Photo ofBaixando cara ao río

Baixando cara ao río

PictographRiver Altitude 1,941 ft
Photo ofRío Valdohome Photo ofRío Valdohome Photo ofRío Valdohome

Río Valdohome

PictographBridge Altitude 1,927 ft
Photo ofPonte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 1,926 ft
Photo ofMuro

Muro

PictographPanorama Altitude 1,991 ft
Photo ofMiradoiro A Laxe Photo ofMiradoiro A Laxe

Miradoiro A Laxe

Comments

    You can or this trail