Activity

Polo Morrazo: Coiro (Cangas) - Outeiro da Carballosa - Ermelo (Bueu) - Carballal de Coiro

Download

Trail photos

Photo ofPolo Morrazo: Coiro (Cangas) - Outeiro da Carballosa - Ermelo (Bueu) - Carballal de Coiro Photo ofPolo Morrazo: Coiro (Cangas) - Outeiro da Carballosa - Ermelo (Bueu) - Carballal de Coiro Photo ofPolo Morrazo: Coiro (Cangas) - Outeiro da Carballosa - Ermelo (Bueu) - Carballal de Coiro

Author

Trail stats

Distance
10.55 mi
Elevation gain
2,425 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
2,425 ft
Max elevation
1,596 ft
TrailRank 
51
Min elevation
352 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 31 minutes
Coordinates
2422
Uploaded
May 23, 2017
Recorded
February 2017
Share

near Coiro, Galicia (España)

Viewed 1321 times, downloaded 37 times

Trail photos

Photo ofPolo Morrazo: Coiro (Cangas) - Outeiro da Carballosa - Ermelo (Bueu) - Carballal de Coiro Photo ofPolo Morrazo: Coiro (Cangas) - Outeiro da Carballosa - Ermelo (Bueu) - Carballal de Coiro Photo ofPolo Morrazo: Coiro (Cangas) - Outeiro da Carballosa - Ermelo (Bueu) - Carballal de Coiro

Itinerary description

Camiñada de domingo sen máis referencia ao pórnos en marcha que a igrexa de Coiro, o monte da Esculca (cruz de Ermelo) e o carballal de Coiro (para algúns fraga de Coiro). A única pretensión era pasar por eses lugares á volta, así que, partindo da igrexa de Coiro, fomos procurando pistas para ascender ao punto próximo máis elevado: o outeiro da Carballosa. Pisamos durante a ruta catro concellos do Morrazo: inicio en Cangas, a seguir Moaña, tocamos Marín na Carballosa (onde se unen tres concellos) e antes de retornar ao de Cangas atravesamos parte do de Bueu.
Deixamos o coche ao pé da igrexa e ao pouco temos un lavadoiro cunha fonte. O camiño de ascensión é agradábel e levadeiro até chegarmos ao miradoiro do Pouso das Cruces, preparado como parque forestal con fonte e mesas de merendeiro e cunha fermosa panorámica sobre a ría de Vigo e a súa apertura cara ao Atlántico (se ben o día anubrado non permitiu tirar fotos vistosas).
A partir de aquí abundan as pistas amplas, demasiado amplas e polo tanto monótonas. Cabe a posibilidade de desviarse cara á cruz da Paralaia nalgún dos desvíos á nosa esquerda, mais queriamos chegar a Carballosa e retornar na mesma mañá, polo que seguimos polas pistas (3 km entre o mencionado miradoiro e a protectora de animais do Morrazo, o último deles con algo máis de desnivel) nun dos tramos menos vistosos da ruta.
A partir da protectora e tras un anaquiño de asfalto, afrontamos a ascensión cara á Carballosa aproveitando algún cortalumes, rodeamos o alto de Agudelo con boas vistas sobre a ría de Vigo e coroamos por fin o cumio: a mesta vexetación apenas permite albiscar anacos das dúas rías, pero asomándonos ben (e co horizonte máis despexado do que nos cadrou) enxérganse a illa de Ons e a península de Udra, ademais doutros puntos da ría de Pontevedra. Cara á ría de Vigo, a vista era máis completa desviándonos un chisco á dereita durante a ascensión.
No Outeiro da Carballosa (495m) conflúen as parroquias de Ardán (Marín), Moaña (Moaña) e Cela (Bueu).
Iniciamos o retorno tratando de non volver polo mesmo camiño até a protectora, aproveitando cortalumes, unha pequena carballeira e un bo camiño por baixo da liña de alta tensión. Un chisco de asfalto e estamos de novo no cruzamento próximo á protectora. Dous quilómetros de asfalto lévannos até Ermelo (pouco antes de chegar, vemos á nosa esquerda o camiño que chega dende a Paralaia).
Unha vez en Ermelo dispomos dunha fonte e atopamos a igrexa de Santiago, na que se conservan restos pétreos do que noutrora fora mosteiro (século X, reconstruído no XII, a igrexa actual é de finais do XVIII) e unha interesante inscrición que ten dado pé á teoría de que neste lugar pasou os seus últimos días o arcebispo Xelmírez e mesmo de que puidese ter sido soterrado aquí. En relación con isto: https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-morrazo/bueu/iglesiaermelo/.
Estamos moi próximos ao monte da Esculca, ao que nos achegamos para contemplar a boa panorámica que se aprecia dende a cruz de Ermelo. Cóntannos na web de Turismo Rías Baixas que esta curios cruz de Santiago de máis de sete metros de altura fora concibida inicialmente para albergar un faro e poden apreciarse as canles nos seus brazos. Foi construída en 1950 polo canteiro Cesáreo Sanmartín e colocada en 1954, montada por partes incrustadas nun ferro sobre un pedestal natural formado por unha gran rocha.
O nome do monte da Esculca mantén vixente o seu significado primitivo: constitúe unha atalaia dende a que controlar as entradas das rías de Vigo e de Pontevedra, mesmo a da ría de Arousa (aínda que ben cumpriría talar unhas ducias de eucaliptos para gozar da panorámica en toda a súa extensión).
A partir da cruz o camiño de retorno xa é sempre descendente. Ao pouco atopamos os tramos máis fermosos de toda a ruta (quitando a paisaxe), cun camiño primeiramente encerrado entre muros de terra e árbores de tres ou catro metros de alto até chegarmos ao rego Bouzós e ao carballal ou fraga de Coiro, un recuncho realmente fermoso con penedos e unha pequena fervenza.
Logo da fervenza temos que cruzar unha pista de terra (cruzala procurando a senda, non avanzar pola pista nin á esquerda nin á dereita) seguindo o rego durante un anaco até ir retornando cara ao punto de partida na igrexa de Coiro.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 541 ft
Photo ofIgrexa de Coiro - D.Salvador Photo ofIgrexa de Coiro - D.Salvador Photo ofIgrexa de Coiro - D.Salvador

Igrexa de Coiro - D.Salvador

Igrexa de Coiro - D.Salvador

PictographFountain Altitude 558 ft

Lavadoiro

Lavadoiro

PictographPicnic Altitude 781 ft

Mesas merendeiro. Carballos e piñeiros

Mesas merendeiro. Carballos e piñeiros

PictographPanorama Altitude 958 ft
Photo ofMiradoiro Pouso das Cruces

Miradoiro Pouso das Cruces

Miradoiro Pouso das Cruces

PictographFountain Altitude 974 ft

Merendeiro con mesas e fonte

Merendeiro con mesas e fonte

PictographWaypoint Altitude 1,237 ft

Protectora animais Morrazo

Protectora animais Morrazo

PictographSummit Altitude 1,795 ft
Photo ofOuteiro da Carballosa. 496 m Photo ofOuteiro da Carballosa. 496 m Photo ofOuteiro da Carballosa. 496 m

Outeiro da Carballosa. 496 m

Outeiro da Carballosa. 496 m

PictographFountain Altitude 1,362 ft

Fonte. Ermelo

Fonte. Ermelo

PictographPanorama Altitude 1,483 ft
Photo ofMonte da Esculca. Cruz de Santiago. Ermelo Photo ofMonte da Esculca. Cruz de Santiago. Ermelo Photo ofMonte da Esculca. Cruz de Santiago. Ermelo

Monte da Esculca. Cruz de Santiago. Ermelo

Monte da Esculca. Cruz de Santiago. Ermelo

PictographRiver Altitude 1,152 ft
Photo ofRego Bouzós. Carballal de Coiro Photo ofRego Bouzós. Carballal de Coiro Photo ofRego Bouzós. Carballal de Coiro

Rego Bouzós. Carballal de Coiro

Rego Bouzós. Carballal de Coiro

Comments

    You can or this trail