Activity

Polos muíños de Couso (Gondomar). Matalagartos e rego da Rasa.

Download

Trail photos

Photo ofPolos muíños de Couso (Gondomar). Matalagartos e rego da Rasa. Photo ofPolos muíños de Couso (Gondomar). Matalagartos e rego da Rasa. Photo ofPolos muíños de Couso (Gondomar). Matalagartos e rego da Rasa.

Author

Trail stats

Distance
7.4 mi
Elevation gain
906 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
906 ft
Max elevation
977 ft
TrailRank 
71 3.3
Min elevation
83 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 51 minutes
Coordinates
1945
Uploaded
November 22, 2017
Recorded
March 2017
  • Rating

  •   3.3 2 Reviews

near Couso, Galicia (España)

Viewed 1824 times, downloaded 107 times

Trail photos

Photo ofPolos muíños de Couso (Gondomar). Matalagartos e rego da Rasa. Photo ofPolos muíños de Couso (Gondomar). Matalagartos e rego da Rasa. Photo ofPolos muíños de Couso (Gondomar). Matalagartos e rego da Rasa.

Itinerary description

Ruta pola parroquia de Couso (Gondomar). Dispomos de bo aparcadoiro á beira da igrexa de san Cristovo e da casa veciñal, onde comeza a ruta, bastante ben sinalizada aínda que nalgún momento haxa que prestar bastante atención para non pasar de longo as marcas brancas e amarelas. Fixemos a ruta ao comezo da primavera, con moita auga a correr polo monte e co fermosísimo verde das nacentes follas destes vizosos bosques caducifolios bañadas por un sol máis que amable. O colorido realmente espectacular e a ruta unha estupenda sorpresa, ben paga a pena achegarse a estes recantos.
Descendemos un quilómetro por unha estradiña asfaltada e desviámonos á dereita por unha pista de terra que seguimos até uns cen metros antes dunha ponte nunha curva da pista. Se chegades á ponte, como me ocorreu a min, tedes que recuar uns metros... baixando pola pista vese un muíño á esquerda e aí mesmo nace unha pequena senda (hai marcas nunha pedra no chan). Baixamos uns metros e, logo do muíño do Porto, xa comeza o espectáculo da auga e do verde que foi cubrindo, traballosamente e devagar, as pedras e os troncos coa carriza, o chan co fento... poucas veces gocei tanto observando e parando a tirar foto tras foto.
Pasamos onda a primeira das moitas pontellas que permiten cruzar estes amplos regos (o rego Matalaghartos ou dos Peitieiros é este á beira do que andamos) e avanzamos por unha ruta que nos vai levar a recantos fermosos e inesperados... Aos 4 km do inicio pasamos a ponte dos Amados e un muíño que require que nos fixemos ben, que andemos paseniño, sen perder de vista o río pois uns metros despois deste muíño podemos acceder, cun chisco de precaución, subindo un pequeno pelouro, á parte de atrás do muíño na que se forma un recuncho realmente espectacular. E só uns metros máis adiante a ruta torce cara á esquerda... pero paga a pena asomarse seguindo un anaco más o río, saído da ruta marcada, para descubrir outro fermoso recanto con penas totalmente “pintadas” de verde e restos de árbores caídas sobre a auga do río Matalaghartos antes de deixalo de vez.
Continúa a ruta atravesando a aldea chamada Rasas, un anaco de monte cun pequeno bosque, até chegarmos á ponte de Couso (km 7) a partir da cal imos camiñar á beira do río do mesmo nome, tamén chamado rego da Rasa. En menos dun quilómetro estamos no primeiro dunha serie de sete muíños e tres pontellas en pouco máis de quilómetro e medio (muíños do Candal, muíño do Ferreiro, o único destes dedicado á produción de electricidade, de Couso, do Cabo, do Casal e das Rañadas), todo un espectáculo de arquitectura tradicional funcional que a natureza foi encargándose de integrar no medio, paseniño e sen descanso. Un medio asolagado polo verde omnipresente. Algún destes muíños seica data de mediados do século XVIII.
A partir de aquí, menos de dous quilómetros até o punto de partida. Primeiramente completamos a ascensión para atravesar a aldea da Fraga e xa por asfalto seguimos camiño, gozando antes de completar o percorrido de fermosas vistas que alcanzan as illas Cíes.
Os nomes dos muíños están tomados da versión desta ruta subida ao Wikiloc polo Concello de Gondomar (a “oficial”, sen algún desvío breve que eu propoño para gozar dalgún recanto fóra do camiño sinalizado).

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 846 ft

Casa veciñal de Couso e igrexa de san Cristovo

Casa veciñal de Couso e igrexa de san Cristovo

PictographBridge Altitude 495 ft

Ponte

Ponte

PictographWaypoint Altitude 486 ft
Photo ofMuíño do Porto Photo ofMuíño do Porto Photo ofMuíño do Porto

Muíño do Porto

Muíño do Porto (río dos Pieitieiros ou río Matalagartos)

PictographWaypoint Altitude 440 ft

Muíño ruínas

Muíño ruínas

PictographBridge Altitude 394 ft
Photo ofPontella Photo ofPontella Photo ofPontella

Pontella

Pontella sobre o río Matalagartos ou Peitieiros

PictographWaypoint Altitude 344 ft
Photo ofLevada e salto Photo ofLevada e salto

Levada e salto

Levada e salto

PictographBridge Altitude 331 ft
Photo ofPonte do Candal Photo ofPonte do Candal

Ponte do Candal

Ponte do Candal

PictographBridge Altitude 299 ft

Ponte dos Amados

Ponte dos Amados

PictographWaypoint Altitude 279 ft
Photo ofMuíño ruínas 2. Precioso recanto Photo ofMuíño ruínas 2. Precioso recanto Photo ofMuíño ruínas 2. Precioso recanto

Muíño ruínas 2. Precioso recanto

Muíño ruínas 2. Precioso recanto

PictographBridge Altitude 285 ft
Photo ofPontella Photo ofPontella Photo ofPontella

Pontella

Pontella

PictographWaypoint Altitude 597 ft
Photo ofBosque

Bosque

Bosque

PictographBridge Altitude 669 ft
Photo ofPonte de Couso (río Couso ou da Rasa) Photo ofPonte de Couso (río Couso ou da Rasa) Photo ofPonte de Couso (río Couso ou da Rasa)

Ponte de Couso (río Couso ou da Rasa)

Ponte de Couso (río Couso ou da Rasa)

PictographWaypoint Altitude 712 ft

Levada

Levada

PictographWaypoint Altitude 745 ft
Photo ofMuíño Candal de Abaixo Photo ofMuíño Candal de Abaixo Photo ofMuíño Candal de Abaixo

Muíño Candal de Abaixo

Muíño Candal de Abaixo

PictographWaypoint Altitude 699 ft
Photo ofMuíño Candal de Arriba Photo ofMuíño Candal de Arriba Photo ofMuíño Candal de Arriba

Muíño Candal de Arriba

Muíño Candal de Arriba

PictographWaypoint Altitude 702 ft
Photo ofLevada Photo ofLevada

Levada

Levada

PictographBridge Altitude 794 ft
Photo ofPontella Photo ofPontella Photo ofPontella

Pontella

Pontella

PictographBridge Altitude 817 ft
Photo ofPontella

Pontella

Pontella

PictographWaypoint Altitude 817 ft
Photo ofMuíño do Ferreiro Photo ofMuíño do Ferreiro

Muíño do Ferreiro

Muíño do Ferreiro

PictographWaypoint Altitude 804 ft
Photo ofMuíño de Couso Photo ofMuíño de Couso Photo ofMuíño de Couso

Muíño de Couso

Muíño de Couso

PictographWaypoint Altitude 853 ft
Photo ofMuíño do Cabo Photo ofMuíño do Cabo

Muíño do Cabo

Muíño do Cabo

PictographWaypoint Altitude 876 ft
Photo ofMuíño do Casal Photo ofMuíño do Casal Photo ofMuíño do Casal

Muíño do Casal

Muíño do Casal

PictographWaypoint Altitude 883 ft

Levada

Levada

PictographWaypoint Altitude 873 ft

Muíño da Rañada

Muíño da Rañada

Comments  (6)

  • Photo of nantucket1978
    nantucket1978 Jan 21, 2019

    I have followed this trail  View more

    Una preciosa ruta sin apenas dificultades, ideal para pasar un buen rato disfrutando de la fraga y los muiños del río Couso. La ruta, pese a estar señalizada con las tradicionales marcas blancas y amarillas, se encuentra en un estado de abandono un poco preocupante, por ahora se puede trasnsitar pese a que una de las pasarelas de madera está completamente destrozada y tuve que cruzar el río a pie (el agua apenas llega a las rodillas, así que tampoco supone mayor problema).

    Aconsejo a todos los que vayan a realizar este sendero que vayan muy atentos a las marcas, éstas se encuentran, en muchas ocasiones, ocultas por la maleza y es facil despistarse y pasar de largo!

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Jan 21, 2019

    Moitas grazas, nantucket1978, pola valoración e polos comentarios, importantes para que vaia sobre aviso quen queira seguir esta ruta.
    Saúdos!

  • Photo of smartvi
    smartvi Mar 10, 2019

    I have followed this trail  verified  View more

    Ruta para no hacer en invierno

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Mar 10, 2019

    Grazas polo comentario, smartvi. Podrías aclararnos os motivos? Pode ser perigoso algún tramo?
    Saúdos

  • Photo of smartvi
    smartvi Mar 13, 2019

    Comienzo diciendote que la ruta es muy bonita. Pero es peligrosa porque hay tramos complicados como: mucha agua, barro, charcos;y son muy resvaladizos

  • Photo of Xoanzinho
    Xoanzinho Mar 13, 2019

    De acordo, smartvi. Son indicacións para ter moi en conta, así quen vaia facela saberá que cómpre andar con tino nesta época do ano. Moitas grazas!

You can or this trail