Activity

Ponte Aranga-Castro Rodicio - Rego da Palanca-Cambás - As Barbudas-Ponte Aranga

Download

Trail photos

Photo ofPonte Aranga-Castro Rodicio - Rego da Palanca-Cambás - As Barbudas-Ponte Aranga Photo ofPonte Aranga-Castro Rodicio - Rego da Palanca-Cambás - As Barbudas-Ponte Aranga Photo ofPonte Aranga-Castro Rodicio - Rego da Palanca-Cambás - As Barbudas-Ponte Aranga

Author

Trail stats

Distance
14.06 mi
Elevation gain
1,555 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,535 ft
Max elevation
1,877 ft
TrailRank 
41
Min elevation
882 ft
Trail type
Loop
Time
7 hours 32 minutes
Coordinates
8100
Uploaded
March 3, 2013
Recorded
February 2013
Be the first to clap
Share

near Aranga, Galicia (España)

Viewed 28486 times, downloaded 56 times

Trail photos

Photo ofPonte Aranga-Castro Rodicio - Rego da Palanca-Cambás - As Barbudas-Ponte Aranga Photo ofPonte Aranga-Castro Rodicio - Rego da Palanca-Cambás - As Barbudas-Ponte Aranga Photo ofPonte Aranga-Castro Rodicio - Rego da Palanca-Cambás - As Barbudas-Ponte Aranga

Itinerary description

Comeza a ruta en Ponte Aranga, no Concello de Aranga. É o remate da CP 0301. Podemos deixar o coche antes de cruzar a ponte cara á Casa Consistorial. Coincide o percorrido, en boa parte, co SM 4 (Sendeiros do Mandeo). Seguimos a pista que hai fronte ó Concello ata atopar o indicador do SM 4 e continuamos á beira do Mandeo pola pista que collimos á dereita. Máis adiante pasaremos por un merendeiro á beira do río e chegaremos a un desvío á esquerda sinalizado, onde xa comezaremos a seguir o curso do río Cambás que morre no Mandeo. Está bastante ben sinalizado coa pequena excepción dun anaco preto dun muíño, pero tampouco hai risco de perderse. Pasaremos unha central hidroeléctrica en uso e máis adiante outra abandonada. Por aquí o río xa corre máis en torrente e aparecen as fervenzas ata chegar ás máis grandes: O Pozo de Castro Rodicio e a do Rego da Palanca. Cando cheguemos ao punto dos 5,700Km, onde o rego da Palanca morre no Cambás, se collemos á esquerda iremos ao Pozo de Castro Rodicio e se cruzamos o río seguiremos á fervenza da Palanca. Neste caso fumos cara ao Rego da Palanca. Ascendemos logo ata o lugar de O Castro onde abandoamos o SM 4. Camiñamos pasando dous cruces e, no segundo xiramos á esquerda cara a Portugueiro pero deixándoo á dereita, e seguindo ata Cambás (San Pedro). Podemos xantar no Gallado, onde hai dous bares, e ofrecen o prato do día. Retornamos pola mesma pista continuando agora, sen pasar por O Castro, ata un desvío á dereita -inmediatamente antes do camiño a Pasarín- que nos levará atas os lugares de As Barbudas de Arriba e As Barbudas de Abaixo e, de aí, por unha pista sen asfaltar sairemos a un camiño asfaltado. Collemos á dereita e máis abaixo cruzamos a ponte por onde atravesamos a pista na ida. Podemos retornar polo carreiro da beira do río ou seguir pola estrada ata pasar por preto do Barreiro e Congostro. Pasado este último lugar, a menos de 500 m., xiramos á esquerda ata chegar de novo a Ponte Aranga. Convén levar chaleco reflectante nos tramos de pista asfaltada, máis aínda se, ó remate, e non sendo no verán, nos metemos na noite. No inverno o percorrido pode resultar difícil polas enchentes do río e o perigo de esvarar nas pedras.

Como novidade ao anterior, a mediados de agosto do 2015, o caudal do Cambás, Rego da Palanca e Mandeo reduciuse bastante debido á seca. Por iso, dende o lugar onde se cruza o Cambás para ir a Rego da Palanca, pódese ir practicamente todo o percorrido polo río ata o pozo de Castro Rodicio. Está sinalado polas pedras con pintura vermella.
Ao lado da fervenza da Palanca houbo un corremento de terras que dificulta o acceso ata o pozo da fervenza pois se levou o sendeiro a derruba de terra e pedras. Non obstante o camiño que sobe non está afectado. Tamén case ao prinicipio do percorrido polo Cambás había unha ponte de madeira, duns catro metros de longo, que salvaba un regueiro (un pouco antes do muíño), que o inverno pasado, coa enchente das augas, foi desprazado augas abaixo. Polo tanto, para o outono, cando cheguen as chuvias será máis dificultoso o paso. Desapareceron outras axudas ao paso nas beiras do río en varios puntos da ruta. Como nota positiva, sinalar que se rozou a primeira parte do camiño que vai, xa pasado o Rego dá Palanca, ata o lugar de Castro.
Na primeira semán de decembro do 2016 aínda é posibel chegar á fervenza de Castro Rodicio pola canle do río, pero con moito coidado pois no inverno as pedras están con limo e é moi facil esvarar.

Mapa Topográfico: Follas 46 II e 46 IV.


Comienza la ruta en Ponte Aranga, en el Ayuntamiento de Aranga. Es el remate de la CP 0301. Podemos dejar el coche antes de cruzar el puente hacia la Casa Consistorial. Coincide el recorrido, en buena parte, con el SM 4 (Senderos del Mandeo). Seguimos la pista que hay frente al Ayuntamiento hasta encontrar el indicador del SM 4 y continuamos a la orilla del Mandeo por la pista que cogimos a la derecha. Más adelante pasaremos por un merendero a la orilla del río y llegaremos a un desvío a la izquierda señalizado, donde ya comenzaremos a seguir el curso del río Cambás que es afluente del Mandeo. Está bastante bien señalizado con la pequeña excepción de un tramo cerca de un molino, pero tampoco hay riesgo de perderse. Pasaremos una central hidroeléctrica en uso y más adelante otra abandonada. Por aquí el río ya corre más en torrente y aparecen las cascadas hasta llegar a las más grandes: El Pozo de Castro Rodicio y la del Rego da Palanca. Cuando lleguemos al punto de los 5,700Km, donde el Rego da Palanca desemboca en el Cambás, si cogemos a la izquierda iremos al pozo de Castro Rodicio y si cruzamos el río iremos al Rego da Palanca. En este caso continuamos en dirección a la cascada del Rego da Palanca. Ascendemos luego hasta el lugar de O Castro donde abandonamos el SM 4. Caminamos pasando dos cruces y en el segundo giramos a la izqueierda hacia Portugueiro pero dejando ese lugar a la derecha y siguiendo hasta Cambás (San Pedro). Podemos almorzar en el Gallado, donde hay dos bares, y ofrecen el plato del día. Retornamos por la misma pista continuando ahora, sin pasar por O Castro, hasta un desvío a la derecha -inmediatamente antes del camino a Pasarín- que nos llevará atas los lugares de As Barbudas de Arriba y As Barbudas de Abaixo y, de ahí, por una pista sin asfaltar saldremos a un camino asfaltado. Cogemos a la derecha y más abajo cruzamos el puente por donde atravesamos la pista en la ida. Podemos retornar por la senda de la orilla del río o seguir por la carretera hasta pasar por cerca de O Barreiro y Congostro. Pasado este último lugar, a menos de 500 m., giramos a la izquierda hasta llegar de nuevo a Ponte Aranga. Conviene llevar chaleco reflectante en los tramos de pista asfaltada, más aun si, al remate, y no siendo en el verano, nos metemos en la noche. En invierno el recorrido puede resultar difícil por las crecidas del río y el peligro de resbalar en las piedras.

Como novedad a lo anterior, a mediados de agosto del 2015, el caudal del Cambás, Rego da Palanca y Mandeo se redujo bastante debido a la sequía. Por eso, desde el lugar donde se cruza el Cambás para ir a Rego da Palanca, se puede ir practicamente todo el recorrido por el río hasta el pozo de Castro Rodicio. Está señalado por las piedras con pintura roja.
Al lado de la cascada de A Palanca hubo un corrimiento de tierras que dificulta el acceso hasta el pozo de la cascada pues se llevó el sendero el derrumbe de tierra y piedras. No obstante el camino que sube no está afectado. También casi al prinicipio del recorrido por el Cambás había un puente de madera, de unos cuatro metros de largo, que salvaba un arroyo /un poco antes del molino) y que el invierno pasado, con la crecida de las aguas, fue desplazado aguas abajo. Por lo tanto, para el otoño, cuando lleguen las lluvias será más dificultoso el paso. Desaparecieron otras ayudas al paso en las orillas del río en varios puntos de la ruta. Como nota positiva, señalar que se desbrozó la primera parte del camino que va, ya pasado el Rego da Palanca, hasta el lugar de Castro.
En la primera semana de diciembre de 2016 todavía es posible llegar a la cascada de Castro Rodicio por el cauce del río. Es necesario prestar mucha atención pues las piedras están con verdín y muy húmedas y es fácil resbalar y sufrir una caída.
Mapa Topográfico: Hojas 46 II y 46 IV.

Comments

    You can or this trail