Activity

Ponte da Comboa - Presa da Toma ou Encoro do Inferno . Río Verdugo. Soutomaior.

Download

Trail photos

Photo ofPonte da Comboa - Presa da Toma ou Encoro do Inferno . Río Verdugo. Soutomaior. Photo ofPonte da Comboa - Presa da Toma ou Encoro do Inferno . Río Verdugo. Soutomaior. Photo ofPonte da Comboa - Presa da Toma ou Encoro do Inferno . Río Verdugo. Soutomaior.

Author

Trail stats

Distance
5.66 mi
Elevation gain
764 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
764 ft
Max elevation
505 ft
TrailRank 
59 3.3
Min elevation
-34 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 42 minutes
Time
3 hours 56 minutes
Coordinates
1602
Uploaded
June 5, 2021
Recorded
June 2021
  • Rating

  •   3.3 1 review
Be the first to clap
2 comments
Share

near Soutomaior, Galicia (España)

Viewed 200 times, downloaded 9 times

Trail photos

Photo ofPonte da Comboa - Presa da Toma ou Encoro do Inferno . Río Verdugo. Soutomaior. Photo ofPonte da Comboa - Presa da Toma ou Encoro do Inferno . Río Verdugo. Soutomaior. Photo ofPonte da Comboa - Presa da Toma ou Encoro do Inferno . Río Verdugo. Soutomaior.

Itinerary description

Da Ponte medieval da Comboa á Presa da Toma. Río Verdugo. Soutomaior.
Levaranos 3 horas camiñando, malia o que indique wikiloc que neso do tempo camiñando non vai moi fino.
Este roteiro o comezamos na Ponte medieval da Comboa, concello de Soutomaior e levaranos ata a Presa da Toma ou Encoro do Inferno xa en terras de Ponte Caldelas.
Só por ver esta ponte paga a pena achegarse ó lugar, e o esforzo verase recompensado o chegar o noso destino.
Paralelo a el está a ponte de estructura metálica pola que hoxe pasan os coches, e uns cen metros máis abaixo, está unha pequena área recreativa, na marxe dereita do río Verdugo.
Hai zona de sombra donde aparcar a poucos metros de donde se inicia o camiño, xusto a carón da ponte medieval.
Este camiño vai case todo o tempo a poucos metros da beira do río Verdugo. O primeiro quilómetro faise un pouco difícil porque as árbores cubren o camiño e obrigarannos a facer exercicio físico extra : unhas veces para sortealos haberá que pasar por riba deles , outras meterse por baixo e en ocasións subir os muretes, pero que esto non vos desanime, este pequeno esforzo merece a pena. O camiño está así ata chegar a Ponte Pénsil de Soutomaior, a partir de aquí xa poderemos levar a espalda ergueita!
Non deixedes de subir a Ponte Colgante, sacaredes unha foto ben bonita do Río Oitavén cando conflúe co Verdugo.
O camiño segue pola beira do río Verdugo que forma pequenos areales nos que atoparemos lugares onde descansar e mollar os pes.
Cando levemos camiñando uns dous quilometros e medio, o camiño levaranos ó pequeno edificio da central eléctrica, ahí hai un can que aa garda e ladraba deseperadamente cumprindo o seu papel. Non quixemos axitar máis ó aniñaliño así que demos volta xa que o camiño pode facerse desde a parte superior, súbese pola carretera e ó chegar ós dous con sete quilómetros, hai que pasar por tras do vello depósito e seguir por ahí o camiño.
Agora camiñaremos durante algo máis de dous quilómetros por riba da canle de auga que está en desuso. Esta parte é moi sinxela de camiñar, magoa que o ser primavera a vegetación non nos vai deixar ver o río , pero o seu sonido vai estar presente todo o tempo, e pasaremos pola Fervenza do pequeno Rego do Inferno que ten unha caida de 20 metros. Este é un dos puntos senlleiros do camiño: párate a observar a cotorna, os montes que rodean o lugar o merecen.
Neste penultimo tramo imos atopar duas dificultades: a primeira pasar de largo o desvío, temos que salir da canle de auga e pasar entre unhs penedos, xusto a catro quilómetros e catrocentos metros, ahí teremos que, (esta é a segunda dificultade) , subir entre rochas , pasar por unha mina de auga, subir e baixar escaleiras metálicas entre dous impresionantes penedos, para baixar logo por un tortuoso e breve camiño para chegar novamente á canle de auga e camiñar sobre ela para, por fin, chegar o noso destino: o Encoro da Toma ou Encoro do Inferno. Ahi veremosca parede de auga que se forma. Sintoo polos salmóns e reos que queiran remontalo...
O esforzo que fixemos para chegar aquí merece a pena, ahí deixo as fotografías.
Neste punto atoparedes algún tronco onde descansar e poder comer algo, nós fixémolo sobre un de vacalouras.
Agora hai que desandar o camiño, que na volta é moito máis levadeiro. Por certo que nunca vira tantas libeliñas ou cabaliños do demo.
Penso que este camiño ten que ser especialmente fermoso ó facelo en outono.
Voltaremos!

Waypoints

PictographCar park Altitude 279 ft
Photo ofAparcamento

Aparcamento

Aquí poidemos aparcar baixo a sombra dun liquidambar.

PictographRiver Altitude 272 ft
Photo ofRío

Río

Rio Verdugo

PictographBridge Altitude 269 ft
Photo ofPonte

Ponte

Ponte medieval da Comboa

PictographBridge Altitude 14 ft
Photo ofPonte Photo ofPonte Photo ofPonte

Ponte

Ponte medieval da Comboa

PictographBridge Altitude 36 ft
Photo ofPonte

Ponte

Aquí se inicia o camiño.

PictographWaypoint Altitude 12 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

So vimos tres marcas como estas.

PictographRiver Altitude -25 ft
Photo ofRío Verdugo

Río Verdugo

Así de calmado está o Verdugo neste tramo : parece un espello.

PictographRiver Altitude 19 ft
Photo ofRío Verdugo

Río Verdugo

O fondo do río Verdugo, aquí cheo de croios.

PictographRuins Altitude 5 ft
Photo ofRuinas dun muiño Photo ofRuinas dun muiño

Ruinas dun muiño

Ruinas dun muiño

PictographWaypoint Altitude -17 ft
Photo ofSinal

Sinal

Sinal no medio do camiño.

PictographBridge Altitude 16 ft
Photo ofPonte colgante Photo ofPonte colgante Photo ofPonte colgante

Ponte colgante

Aquí únense as augas do rio Verdugo e o río Oitavén.

PictographRiver Altitude 0 ft
Photo ofRío

Río

Neste remanso atopamos bañistas.

PictographWaterfall Altitude 210 ft
Photo ofCentral eléctrica

Central eléctrica

Central eléctrica

PictographRuins Altitude 316 ft
Photo ofCanle de conducción de auga

Canle de conducción de auga

Canle de conducción de auga

PictographIntersection Altitude 345 ft
Photo ofCanle de conducción de auga

Canle de conducción de auga

Canle de conducción de auga

PictographWaterfall Altitude 435 ft
Photo ofFervenza do Rego do Inferno

Fervenza do Rego do Inferno

Fervenza do rego do Inferno

PictographWaterfall Altitude 299 ft
Photo ofRápidos

Rápidos

Rápidos do Río Verdugo

PictographWaterfall Altitude 322 ft
Photo ofEncoro da Toma ou Do Inferno. Photo ofEncoro da Toma ou Do Inferno. Photo ofEncoro da Toma ou Do Inferno.

Encoro da Toma ou Do Inferno.

Parede de auga do Encoro da Toma ou do Inferno.

PictographWaterfall Altitude 344 ft
Photo ofCascada Photo ofCascada Photo ofCascada

Cascada

PictographWaterfall Altitude 373 ft
Photo ofFervenza

Fervenza

Fervenza no río Verdugo

PictographTree Altitude 403 ft
Photo ofPaso entre penedos Photo ofPaso entre penedos

Paso entre penedos

Paso entre penedos. Este é o punto no que hai que deixar a canle e tomar a subida. Atentos que é doado pasala de largo.

PictographWaypoint Altitude 337 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

Comportas da vella central eléctrica

PictographFlora Altitude 314 ft
Photo ofFlora Photo ofFlora Photo ofFlora

Flora

Amorodos. Vara de San Xoan . Campánula. Bolboreta. Cabaliño do demo.

Comments  (2)

  • Photo of Por el camino
    Por el camino Dec 12, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    Ruta fácil de seguir aunque carece de señalización

  • Photo of *Aguamarina*
    *Aguamarina* Dec 12, 2021

    Grazas, Por elcamino, pola túa valoración, coincido con ela.
    Ten tramos un tanto confusos, pero paga a pena facela.

You can or this trail